A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2012

Novas: 2012

  1. Non ás fumigacións

    A Plataforma contra as Fumigacións entregou máis de 86.000 sinaturas á conselleira de Medio Rural pedíndolle que non autorice as fumigacións con Flufenoxuron

    21 de Maio do 2012 · 

    A Plataforma contra as Fumigacións-Por unha Galiza sen pesticidas, achegouse hoxe, 21de maio, até o rexistro central da Xunta de Galicia para facer entrega de 86.421 sinaturas en contra dos tratamentos aéreos con Flufenoxuron para combater a praga do gorgullo do eucalipto. Estes apoios contra as fumigacións colleitáronse grazas a unha campaña desenvolvida en Internet, durante as últimas semanas, no portal charge.org baixo a denominación “Salvemos as abellas de Galicia”.

  2. Non hai imaxe

    As organizacións agrarias reclaman do presidente da Xunta que lidere unha solución para o sector lácteo

    21 de Maio do 2012 · 

    As organizacións Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego trasladáronlle por carta ao presidente da Xunta de Galicia, a necesidade de que lidere a procura de solucións diante do Goberno central, para sacar o sector lácteo galego do risco certo de estrangulamento financeiro, por mor dunha escalada dos custes de produción combinada cunha baixada dos prezos que os gandeiros galegos perciben por parte das industriais.

  3. Fouce

    O Fouce 292 xa saiu do prelo

    16 de Maio do 2012 · 

    Fouce 292 vén de saír de rotativa con novas sobre as agresións que prepara a Consellaría de Medio Rural contra o noso monte -fumigacións, cultivos enerxéticos, desastrosa política antiincendios-, a chegada ao Parlamento do conflito polos impagos de Lácteos Tambre ou un suplemento sobre as eleccións a consellos reguladores. 

  4. Gandeiros e gandeiras

    A conselleira de Medio Rural ponse do lado das industrias e abandona á súa sorte ás explotacións afectadas polos impagos de Lácteos Tambre

    9 de Maio do 2012 · 

    A conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, compareceu, o 9 de maio, diante do Parlamento de Galicia para explicar que medidas pensa tomar para solucionar o problema de impagos de empresas como Lácteos Tambre, que deben varias entregas de leite ás explotacións que lle fornecen de materia prima dende hai máis dun ano. A intervención de Rosa Quintana producíase a instancias dunha pregunta formulada pola deputada do BNG, Tareixa Paz.

  5. Mercado de Teo

    Charlas e debates precederán a inauguración do mercado semanal de alimentos labregos dos Tilos, en Teo

    3 de Maio do 2012 · 

    Durante o mes de maio, o Concello de Teo e o Sindicato Labrego Galego organizarán varias charlas debate para promover os mercados locais de produtos labregos baseados na venda directa, sen intermediarios, de produtos de calidade. Así, o 10 de maio acollerase unha destas charlas no local da Sociedade Recreativa de Calo; o 15 de maio, no local da Asociación Veciñal de Recesende; o 24 e maio, na Casa Común dos Tilos; o 31 de maio, na Mediateca do Grilo, en Cacheiras; e o 4 de xuño, na sede do Centro Social Arredista (Rúa das Rodas 25), en Compostela. Todos estes actos terán como hora de comezo as 20:30, agás o de Compostela, que será ás 21:00 horas. O obxecto destas charlas será aboar o terreo antes de inaugurar o mercado semanal de alimentos labregos dos Tilos, que está previsto abrirse o vindeiro 9 de xuño.

  6. Acios

    O SLG seguirá defendendo prezos dignos e uva de calidade en Rías Baixas fronte á posición da industria e da AGV

    3 de Maio do 2012 · 

    A Mesa do Viño da D.O. Rías Baixas, que se celebrou o 3 de maio en Pontevedra, rematou sen acordo de contrato e coas negociacións rotas debido á postura pechada que mantiveron o sector industrial e a Asociación Galega de Viticultura (AGV), entidade vinculada á Federación Rural Galega (Fruga).

  7. Non ás fumigacións

    Foliada informativa en Melide contra as fumigacións aéreas con Flufenoxuron

    29 de Abril do 2012 · 

    O pasado 29 de abril, a Delegación do Goberno prohibiu unha manifestación en Melide na que se ían denunciar as fumigacións con flufenoxuron, un pesticida que será ilegal a partir de agosto pola súa alta toxicidade e perigosidade. Así e todo, persoas pertencentes ou simpatizantes das organizacións membros da Plataforma contra as Fumigacións achegáronse á vila melidense para informar, dun xeito festivo e personalizado, a cantas xentes quixeron saber máis desta ameaza que se lles vén enriba, e que non foron poucas, xa que ese día —29 de abril de 2012— se celebraba a Foliada e o mercado feira. De seguido, un vídeo que dá conta dalgunhas das voces que se puideron escoitar 

  8. Troncos de eucalipto

    O SLG esixe a retirada do borrador dos cultivos enerxéticos forestais e que o debate sobre os usos do monte se leve ao Consello Forestal de Galicia

    27 de Abril do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar unha batería de alegacións para impedir que saia cara a adiante o borrador que regula os cultivos enerxéticos forestais e que foi presentado, o pasado 3 de abril, na Mesa da Madeira. As razóns para opornos a este borrador son moitas:

  9. Fumigacións non

    A Plataforma contra as Fumigacións denuncia ante a Fiscalía os tratamentos aéreos con Flufenoxuron

    24 de Abril do 2012 · 

    Representantes das organizacións que integran a Plataforma contra as Fumigacións, entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego, acudiron hoxe, 24 de abril, aos xulgados de Compostela para denunciar ante a fiscalía de medio ambiente as fumigacións aéreas na Galiza cun pesticida altamente tóxico (Flufenoxuron), que se pretende utilizar contra a praga do gorgullo do eucalipto e que será prohibido en toda a Unión Europea a partir do 1 de agosto de 2012.

  10. Lupe Prado

    O SLG pedirá a Feijóo que defenda ao sector leiteiro galego na elaboración da Lei da Cadea Alimentaria e do paquete lácteo europeo

    20 de Abril do 2012 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, acompañada da responsable da Dirección do Leite do SLG, Lupe Prado, participaron na Mesa do Leite que se celebrou, o 20 de abril, en Compostela. Ambas valoraron positivamente o acordo unánime dos axentes representados neste foro –organizacións agrarias, industrias e Xunta- de que só a vía política pode solucionar problemas como que non se dea fixado un prezo mínimo para o leite, ou que os gandeiros e as gandeiras non saiban a canto lles van pagar o produto do seu traballo, con independencia de que asinen ou non contratos. Neste senso, a Mesa do Leite acordou solicitar unha xuntanza do sector, ao máis alto nivel político na Galiza, co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

  1. Anterior
  2. 4
  3. 5
  4. 6
  5. 7
  6. 8
  7. 9
  8. 10
  9. Seguinte