A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2013

Novas: 2013

  1. O Sindicato Labrego denuncia impagos de leite por parte de Logística Alimentaria a través da empresa TeGestacín SL

    Tegestacin 14 de Xuño do 2019 · 

    A empresa Logística Alimentaria, rexentada pola familia Sangiao cun amplo historial de impagos con Lácteos Tambre, volve reincidir na súa morosidade ás granxas ás que lles recolle o leite. En días pasados, Logística Alimentaria emitiu un comunicado autoexculpándose destas acusacións afirmando que “dende 2018 non compra leite no campo, centrando a súa actividade na transformación industrial”.

  2. O SLG pedirá no Consello Agrario Galego a prórroga das axudas agroambientais para que non se perdan na Galiza

    PDR 10 de Xuño do 2019 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, solicitará, no Consello Agrario Galego do 21 de xuño, que a Consellaría de Medio Rural cree unha partida orzamentaria para prorrogar as axudas agroambientais das que se están a beneficiar ao redor de 4.000 granxas na Galiza, principalmente en Lugo e na montaña de Ourense.

  3. Sonia Vidal Lamas centrará o seu traballo no Comité Coordinador da ECVC en áreas como Mulleres ou Mocidade

    Comité Coordinador ECVC 6 de Xuño do 2019 · 

    A gandeira de Xunqueira de Ambía e membro da Executiva do Sindicato Labrego Galego, Sonia Vidal Lamas, participou nunha xuntanza de traballo da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC-European Coordination Vía Campesina), que se celebrou en Bucarest (Romanía) do 3 ao 5 de xuño.

  4. Esther Teijeiro, adegueira en Ribeira Sacra: "Cando unha cre en algo e loita por iso, tanto ten o que digan os demais”

    Esther Teijeiro 30 de Maio do 2019 · 

    Esther Teijeiro naceu e criouse entre as cepas da súa familia en Nogueira de Miño, e entre elas viviu toda unha vida xa en Pincelos (A Sariña, Chantada). Aos seus 82 anos, atesoura moita experiencia mimando acios e elaborando viños na Ribeira Sacra. De feito, a súa foi a primeira adega en inscribirse na denominación de orixe e seu foi o primeiro viño con certificación ecolóxica da Galiza. Así e todo, advertiunos: “Eu non teño nada que contar”. Pero, a base de tirarlle da lingua, ao final algo contou...

  5. O 31 de maio remata o prazo para realizar os traballos nas faixas de protección contra os lumes

    Casa con eucaliptos 29 de Maio do 2019 · 

    Coa industrialización da agricultura e a gandería, a introdución dos plantíos forestais e o urbanismo descontrolado, desapareceu a estrutura do rural adaptada a cada zona e necesidade. Nos últimos tempos, o monte foise ás casas, as casas botáronse ao monte, as plantacións colonizaron terras de labor e temos actividades industriais nas aldeas. Perdeuse a estrutura de mosaico típica de Galiza e carecemos de ordenación do territorio dende hai décadas. Por iso, é necesario lexislar os usos e actividades que se poden desenvolver nos distintos tipos de terreos. O problema é que a normativa sempre vai ser xenérica e daranse moitos casos nos que non se adapte ás circunstancias específicas de cada lugar.

  6. O SLG lanza a campaña “Incorpórate con nós!” para ofrecer apoio integral ás persoas que se inician na profesión agraria

    Incorpórate con nós 28 de Maio do 2019 · 

    Se estás pensando incorporarte á profesión labrega e queres facelo a través dun modelo produtivo sostible, de escala familiar e respectuoso co medio ambiente, fala con nós. No Sindicato Labrego Galego temos un equipo multidisciplinar de persoas expertas que te asesorarán en todas e cada unha das etapas necesarias para facer realidade o proxecto agrario e gandeiro co que soñas.

  7. O SLG colabora con Solidariedade Interxeracional na atención social a maiores, dependentes e familias do rural

    Vella con neno 26 de Maio do 2019 · 

    Co apoio da Xunta e da Consellaría de Política Social a través do 0'7% do IRPF, Solidariedade Interxeracional iniciou unha serie de servizos personalizados de atención domiciliaria e de proximidade para mellorar a calidade de vida das persoas maiores que viven no medio rural a través de programas de envellecemento activo, saudable e aprendizaxe ao longo da vida.

  8. Radiografía do sector hortícola galego: Calidade, seguridade alimentaria e apandar prezos baixos

    Xornada horta SLG 24 de Maio do 2019 · 

    O 29 de marzo, o Sindicato Labrego Galego organizou unha xornada no Pazo de Tovar (Lourenzá) baixo o título “Retos e oportunidades para a produción de horta na Mariña”, á que asistiron unha trintena de afiliados e afiliadas e na que contamos con representantes de distribuidoras, da Xunta, consultorías técnicas e, como non podía ser doutro xeito, de labregos e labregas.

  9. Conchi Docampo: "Precisamos un plan integral para que a mocidade poida e queira vivir no rural"

    Conchi Docampo 21 de Maio do 2019 · 

    Conchi Docampo foi das primeiras labregas que, tras denunciar a fiscalidade abusiva sobre as axudas de incorporación, recibiu unha sentenza favorable do Tribunal Superior Administrativo de Galicia. Este foi só un dos atrancos que tivo que superar para poder vivir da terra en Vedra, onde se afincou coa súa parella no ano 2005 para dar vida ao proxecto Burbullas de Sol, centrado na produción de hortalizas e froitas ecolóxicas e do que viven traballando dúas hectáreas de terras e mil metros de invernadoiro.

  10. Medio Rural rompe o seu compromiso de crear unha mesa de traballo para os lumes no Consello Forestal de Galicia

    Tala carballos 21 de Maio do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego, Amigos da Terra e a Asociación Frouma veñen de rexistrar un escrito no que lle piden á Consellaría de Medio Rural a reformulación do funcionamento do Consello Forestal de Galicia (CFdeG), no que se refire á participación activa dos axentes sociais e sectoriais na elaboración de políticas forestais e de defensa do monte.

  11. Observatorio Eólico de Galicia, unha ferramenta para mudar os resultados da eólica no medio rural

    Xavier Simón 20 de Maio do 2019 · 

    por Xavier Simón Fernández, coordinador do Observatorio Eólico de Galicia

    O Observatorio Eólico de Galicia (OEGA), coordinado pola Universidade de Vigo (UV), nace pola vontade decidida da Fundación Juana de Vega (FJV) e a Fundación Isla Couto (FIS) de contribuír á conservación e desenvolvemento do medio rural, á preservación da súa contorna natural e humana e á mellora da súa base económica e das actividades con ela relacionadas. Ambas entidades privadas colaboran con diferentes institucións do País para promover os traballos, iniciativas e experiencias de acción comunitaria, económica e social, requiridos na actual situación de cambio en que vivimos para a pervivencia da nosa identidade colectiva galega nun contexto de maior xustiza social, tamén enerxética.

  12. Aperfasa, Fruga, Ovica e SLG inician unha campaña para demandar solucións aos danos da fauna salvaxe

    Manifestación Fauna Salvaxe 8 de Maio do 2019 · 

    A Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa), Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), Federación Rural Galega (Fruga) e Sindicato Labrego Galego (SLG) reuniron en Compostela, o 8 de maio, varios centos de gandeiros e gandeiras de toda Galiza para reclamar solucións urxentes aos danos provocados pola fauna salvaxe. E fixérono cunha marcha que comezou sobre as 12:00 na Consellaría de Medio Rural, en San Caetano, e transcorreu até a Consellaría de Medio Ambiente, en San Lázaro, para bater potas e tixolas diante da administración competente para ver se así escoita dunha vez por todas unhas demandas que levan anos desoíndo.

  1. Consello Reitor Terras do Miño

    O Sindicato Labrego Galego pide ás reservas da biosfera lucenses que impliquen á Unesco na loita contra as minas

    21 de Decembro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar senllos escritos diante dos órganos reitores das reservas da biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses en relación a proxectos mineiros que afectarían a estes espazos protexidos. Con ambos documentos, búscase a implicación, como parte interesada, do Consello Científico do Comité Español do Programa MaB (Programa sobre o Home e a Biosfera da Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura -Unesco-, no que se inclúen as reservas da biosfera).

  2. Presentación en Compostela

    A Mesa Galega da Educación no Rural presenta unha serie de demandas contra 70 anos de marxinación escolar

    12 de Decembro do 2013 · 

    O pasado 27 de novembro, a Mesa Galega de Educación no Rural (MGER) presentaba, en Compostela, un documento en defensa dun ensino público de calidade e universal no noso campo. A MGER está integrada polos movementos de renovación pedagóxica galegos -Asociación Socio Pedagóxica e Nova Escola Galega-, sindicatos do ensino -CIG, CCOO, CSIF, STEG, UGT- e a Asociación socio-educativa Antonio Gandoy (antigo Preescolar na casa). Para elaborar o documento final presentado, contaron coa participación, a maiores, de asociacións de pais e nais do rural, profesorado e especialistas de diversos campos. O 10 de decembro, a presentación tiña lugar en Lugo.

  3. SOS Sanidade Pública

    Manifestacións en defensa da sanidade pública galega

    9 de Decembro do 2013 · 

    A Plataforma SOS Sanidade Pública chama a toda a poboación galega a apoiar a folga dos traballadores sanitarios contra os recortes, os copagos e a privatización da sanidade pública galega.

  4. ContraMINAcción

    As principais formacións políticas galegas xa teñen a táboa reivindicativa de ContraMINAcción para evitar o saqueo do noso territorio a man das empresas mineiras

    2 de Decembro do 2013 · 

    A plataforma contraMINAcción continuou onte, 29 de novembro, a súa rolda de contactos cos partidos políticos de maior representación na Galiza co obxectivo de trasladarlles unha táboa reivindicativa (achégase xunto a este comunicado) con 13 medidas para poñer a salvo o noso territorio da depredación destrutora e lucrativa da minaría salvaxe. Tras facelo a semana pasada co PsdG e CxG, desta vez as xuntanzas foron co Partido Popular (PP), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Alternativa Galega de Esquerdas (AGE). Nesta ocasión, representaron a ContraMINAcción Isabel Vilalba Seivane e Margarida Prieto Ledo (Sindicato Labrego Galego), Paco García Trigo (Plataforma en defensa de Corcoesto), Marcos Celeiro (O Iribio), María Díaz (Plataforma Veciñal Corno do Monte) e Xoán Doldán (Véspera de Nada).

  5. Maceira

    Curso sobre poda de árbores froiteiras na Estrada

    27 de Novembro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego organiza esta semana un curso sobre poda de árbores froiteiras na Estrada que comezará este xoves, 28 de novembro. A pesares da inminencia do inicio, aínda hai prazas vacantes, polo que as persoas interesadas en facelo están a tempo de inscribirse chamando ao 986 573 232.

  6. Viticultura natural

    VII Xornadas sobre Viticultura Natural e Biodinámica en Castrelo de Miño

    27 de Novembro do 2013 · 

    Organizadas polo concello de Castrelo de Miño e o Sindicato Labrego Galego, celebraranse mañá, 28 de novembro, a sétima edición das Xornadas de Viticultura Natural e Biodináimica que, desta vez, correrá a cargo de André Rodrígues Henriques da Silva, enxeñeiro agrónomo e asesor de viticultura ecolóxica e biodinámica.

  7. Stop violencia

    A Secretaría das Mulleres do SLG chama a atención sobre as especificidades da violencia contra as mulleres do rural

    25 de Novembro do 2013 · 

    Un ano máis vemos como a suma continúa. Dende que comezaron as estatísticas sobre violencia de xénero no ano 2003, e até 2012, foron asasinadas 652 mulleres a man das súas parellas ou ex-parellas sentimentais. Neste 25 de novembro de 2013, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, observamos con gran preocupación o incremento de comportamentos violentos en franxas de idade cada vez máis baixas.

  8. Logo ContraMINAcción

    ContraMINAcción: Avaliación das xuntanzas mantidas con CxG e PSdG-PSOE

    25 de Novembro do 2013 · 

    Na tarde do pasado venres, 22 de novembro, integrantes da rede cidadá ContraMINAcción levaron adiante a primeira rolda de contactos coas forzas políticas galegas no marco dunha estratexia de diálogo que pretende aclarar cal é o posicionamento de cada un destes partidos respecto do plan de explotación mineira da práctica totalidade do territorio galego elucubrado por distintas empresas transnacionais de coñecida traxectoria destrutiva noutros países.

  9. Escudo de Pol

    Graves erros no PXOM de Pol comprometen o futuro da actividade agrogandeira no municipio

    22 de Novembro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego, a través da súa coordinadora na comarca de Meira, Begoña Sobrado Morán, rexistrou no Concello de Pol un documento con varias alegacións orientadas a mellorar a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) en defensa das actividades agrogandeiras e para preservar e garantir o seu desenvolvemento no futuro.

  10. Charla en Presqueiras

    SLG e Verbo Xido informan sobre os proxectos mineiros que ameazan Deza, Tabeirós-Terra de Montes e O Carballiño

    16 de Novembro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego e a Asociación Verbo Xido deron, o pasado 16 de novembro, unha charla informativa sobre os proxectos mineiros que ameazan parroquias do concello de Forcarei e Beariz como Presqueiras, Xirarga e Rubillón. O acto serviu tamén para conversar sobre outros proxectos, a maiores, que afectan a municipios das comarcas de Deza, Tabeirós-Terra de Montes e O Carballiño como Lalín, Silleda, Cerdedo, Avión ou A Lama. A charla, titulada “A mina de Presqueiras, Xirarga e Rubillón: Prexuízo ou beneficio?”, tivo lugar na casa do pobo de Guisande, en San Miguel de Presqueiras,

  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. Seguinte