A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2013

Novas: 2013

  1. Folga no ensino

    O SLG apoia a folga do 9 de maio contra os recortes no ensino público e a Lei Wert

    8 de Maio do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoiará a folga do ensino de mañá, 9 de maio, por compartir coas entidades convocadoras o rexeitamento á Lei Wert e aos recortes que está a sufrir a escola pública que, coma sempre, se están a amosar especialmente cruentos cos centros escolares das zonas rurais de Galiza.

  2. Fouce

    A Lei da Cadea Alimentaria, a loita contra a morosidade ou os encontros de mulleres e mocidade da ECVC no Fouce 296

    29 de Abril do 2013 · 

    A tramitación da Lei da Cadea Alimentaria e a loita para que recolla a prohibición de vender por baixo dos custes de produción, os contratos no sector lácteo, a ofensiva xeneralizada da industria mineira en toda Galiza, os encontros europeos de mulleres e da mocidade da Vía Campesina en Teo e Budapest, ou a actualidade sobre conflitos relacionados coa morosidade de certas industrias como Lácteos Tambre ou varias adegas de Rías Baixas, ocupan boa parte das páxinas do número 296 de Fouce. Xa podes descargalo en pdf premendo na icona da parte inferior desta páxina.

  3. Isabel Vilalba

    O SLG coorganiza as xornadas “Consumo sostible e xénero: novas preguntas, novos retos”

    26 de Abril do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego foi invitado pola asociación Xarxa de Consum Solidari a participar nas XI Xornadas de Comercio Xusto e Consumo Responsable "Soberanía Alimentaria, feminismo e consumo crítico”, que se desenvolverán esta fin de semana en Barcelona. En concreto, a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba, formará parte dunha mesa redonda sobre “Consumo crítico e responsable, visións dende o feminismo” que terá lugar o sábado 27 de abril, ás 12:00 horas. Xunto a Isabel, estarán Conchi Piñeiro (Altekio Cooperativa e investigadora da Universidade Autónoma de Madrid) e Isabel Álvarez (Rede de grupos de consumo Nekasarea-EHNE).

  4. Non á mina en Xinzo

    O SLG apoia a manifestación en Xinzo contra a mina de feldespato e secundou a concentración da veciñanza de Corcoesto diante do Parlamento

    25 de Abril do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación do 27 de abril en Xinzo convocada pola Plataforma Veciñal Corno do Monte -composta por veciñas e veciños de Seoane de Oleiros, Fiestras, Laroá, San Pedro de Laroá, Rebordechá, Paredes, Moreiras e Faramontaos- en contra do proxecto mineiro Faramontaos 5089.1, de Minecer SL, para a extracción de feldespato.

  5. Minas non

    Nace ContraMINAcción, a Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza, co SLG entre as organizacións integrantes

    22 de Abril do 2013 · 

    Un grupo de persoas e organizacións sensibles cos problemas e ameazas que están a supoñer o aumento das concesións mineiras -máis do 50% da superficie do país-, con proxectos irracionais en localizacións con altos valores ambientais -LIC Anllóns, Fragas do Eume, Serra do Galiñeiro, etc.- decidimos crear ContraMINAcción, Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza.

  6. Via Campesina

    Día da Loita Labrega: o SLG reafírmase na súa defensa da terra como recurso inviolable para alimentar a humanidade

    17 de Abril do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego, como membro da Vía Campesina, está a participar activamente na celebración do 17 de abril, Día Internacional da Loita Labrega, que conmemora a masacre de 19 labregos do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra do Brasil en 1996.

  7. O ouro non se bebe

    O Sindicato Labrego apoiou a manifestación do domingo en Carballo contra a minaría contaminante en Corcoesto

    11 de Abril do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoiou a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños para o pasado 14 de abril, en Carballo. A razón principal do apoio a esta manifestación foi o rexeitamento absoluto do SLG ao proxecto mineiro da empresa canadense Edgewater Corporation para extraer ouro en Corcoesto polo irreversible impacto que tería o seu desenvolvemento nas actividades agrogandeiras e na vida do medio rural da bisbarra.

  8. Canteira

    Unha empresa mineira de Noruega ameaza 8.000 hectáreas de terras nas comarcas de Compostela e Ordes

    10 de Abril do 2013 · 

    A empresa mineira Erimsa1, de Noruega, vén de solicitar cinco permisos de investigación para as concesións mineiras Calvente 7.136, Andrea 7.137, Lamoso 7.135, Xanceda 76.138 e Marís, que afectan ás comarcas de Compostela e Ordes e abranguen unhas 8.000 hectáreas. En concreto, a concesión Calvente ten 32 cuadrículas2 nos concellos de Oroso, O Pino e Santiago; Andrea ten 87 nos termos municipais de Oroso, Ordes, Frades e Mesía; Lamoso, 9 en Ordes e Oroso; e Marís, 102 en Mesía e Frades do mesmo xeito que Xanceda, que ten 28 nestes dous últimos concellos. Todas as concesións son para extraer cuarzo e minerais afíns para a industria da cerámica e do vidro.

  9. Débeda Lácteos Tambre

    Tres novas sentenzas condenatorias obrigan a Lácteos Tambre a pagar as débedas que mantén coas explotacións

    6 de Abril do 2013 · 

    Durante a presente semana, recaeron no xulgado de Ordes tres novas sentenzas condenatorias contra a empresa Lácteos Tambre, afincada en Sigüeiro (Oroso), polos impagos de leite a gandeiros e gandeiras da comarca de Ordes1.

  10. Mina non

    O Sindicato Labrego Galego apoia a tractorada do domingo contra a minaría contaminante en Corcoesto

    5 de Abril do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoiará a tractorada convocada pola Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños para o vindeiro domingo, 7 de abril. A razón principal do apoio a esta manifestación é o rexeitamento absoluto do SLG ao proxecto mineiro da empresa canadense Edgewater Corporation para extraer ouro en Corcoesto polo irreversible impacto que tería o seu desenvolvemento nas actividades agrogandeiras da bisbarra.

  1. Anterior
  2. 7
  3. 8
  4. 9
  5. 10
  6. 11
  7. 12
  8. 13
  9. Seguinte