A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2013

Novas: 2013

  1. Asemblea Xertigan

    As 200 explotacións afectadas polo concurso de acredores de Xertigán terán até 17 de outubro para reclamar

    12 de Outubro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o 10 de outubro en Vilalba, unha asemblea informativa para asesorar aos gandeiros e gandeiras afectados/as polo concurso de acredores de Xertigán. A esta xuntanza asistiron unhas 60 persoas, polo que aínda hai moitas explotacións que non son conscientes da importancia de informarse e reclamar a tempo, habida conta de que son unhas 200 as afectadas, fundamentalmente dos municipios de Vilalba, Xermade e Guitiriz e, en menor medida, doutros concellos da Terra Chá.

  2. PACD

    O Sindicato Labrego apoiou a manifestación da Coruña encadrada na Semana de Acción Global contra a Débeda

    11 de Outubro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego participou na manifestación do 12 de outubro, na Coruña, convocada pola Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda, da que forma parte. Esta mobilización encadrouse na Semana de Acción Global contra a Débeda e as Institucións Financeiras Internacionais, que se celebrou en cidades de todo o Estado, incluíndo na Galiza a Ourense, A Coruña e Ribadeo, do 8 ao 15 de outubro. 

  3. Xertigan

    O Sindicato Labrego Galego asesorará ás explotacións gandeiras afectadas polo concurso de acredores de Xertigan

    9 de Outubro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de convocar unha asemblea aberta na que participarán os gandeiros e as gandeiras afectados/as polo concurso de acredores da cooperativa Xertigan, que acumula unha débeda total, na que tamén se inclúen os impagos ás explotacións, de 2.964.885 euros. Nesta xuntanza participarán a secretaria xeral do Sindicato Labrego, Isabel Vilalba; a coordinadora comarcal do SLG na Terra Chá, Margarida Prieto Ledo; amais dunha equipa xurídica formada por Ramón Barreiro e Isabel Crende. O encontro terá lugar na sede do SLG en Vilalba (rúa Cidade de Viveiro 1, entrechán) o xoves, 10 de outubro, ás 21:30 horas.

  4. Modelo 347

    As explotacións gandeiras da Galiza a piques de perder o anticipo das axudas da PAC por fallos da Axencia Tributaria

    7 de Outubro do 2013 · 

    Debido a un fallo nas aplicacións informáticas da Axencia Tributaria, segundo puidemos constatar dende o SLG, un número elevado de explotacións de leite galegas que tributan por módulos aparecen como que non están ao corrente das súas obrigas fiscais por non ter presentado o modelo 347. O erro consiste en que ese modelo só é obrigatorio para as explotacións que tributan en réxime de estimación directa e non para as que o fan en módulos.

  5. Manifestación Monte Pindo

    O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación convocada pola Asociación Monte Pindo Parque Natural

    4 de Outubro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoiará a manifestación que a Asociación Monte Pindo Parque Natural organiza este domingo, 6 de outubro, en Compostela, para denunciar a desastrosa política forestal e de prevención de incendios da Xunta e o seu desleixo á hora de protexer os nosos espazos naturais máis emblemáticos, como foi o caso do Monte Pindo, arrasado nun devastador lume iniciado o 11 de setembro.

  6. Marcha contra a LOMCE

    O SLG apoia a marcha a Compostela contra a LOMCE da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

    26 de Septembro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoiará a marcha a Santiago de Compostela que organiza este sábado, 28 de setembro, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. O SLG apoia esta manifestación por compartir coas entidades convocadoras o rexeitamento á reforma da LOMCE que quere levar adiante o ministro Wert e para protestar tamén polos recortes que está a sufrir a escola pública.

  7. Mani pro aborto

    O SLG apoia a manifestación convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto este sábado en Compostela

    26 de Septembro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego, como organización que forma parte da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, estará o sábado 28 de setembro en Compostela para apoiar a manifestación en defensa dun aborto legal, seguro e gratuíto.

  8. Muller labrega

    Riscos específicos para as mulleres en idade fértil ou períodos de embarazo, posparto e lactación

    26 de Septembro do 2013 · 

    Como é sabido, no sector agrario os traballos nas explotacións teñen unhas características propias moi diferenciadas das do resto dos sectores, sendo as máis importantes: a gran dependencia da estacionalidade, o que provoca que o ritmo de traballo sexa esixente; dominio de labores que requiren esforzo físico e repetitivas e sometidas ás inclemencias do tempo; e, no caso da agricultura convencional, a exposición a determinados produtos químicos, como fertilizantes, fitosanitarios e outros que poida chegar a ser de uso frecuente.

  9. Segadora

    Riscos xerais e comúns da maquinaria agrícola

    26 de Septembro do 2013 · 

    Na actividade agraria utilízanse unha multitude de máquinas da mais diversa tipoloxía. Sen embargo, os maiores riscos son comúns a todas as marcas e modelos, existindo ademais factores de risco similares. Por iso, todo traballador/a agrícola debe aprender a identificar os puntos perigosos e saber actuar correctamente para evitar os accidentes, que con frecuencia ocorren como consecuencia dun mal uso da maquinaria.

  10. Isabel Vilalba

    O SLG defende en Bruxelas un control da produción alternativo ante a desaparición do sistema de cotas

    26 de Septembro do 2013 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, estivo esta semana en Bruxelas para participar en diversos eventos centrados na análise do sector lácteo europeo e as súas perspectivas de futuro a partir do ano 2015, cando se suprima actual sistema de cotas.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte