A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2013

Novas: 2013

  1. Ofrenda floral

    Moncho Valcarce: un exemplo de compromiso e loita vivo e actual vinte anos despois do seu pasamento

    31 de Agosto do 2013 · 

    O 31 de agosto, as Encrobas volveron ser o eido no que centos de persoas se congregaron para expresar con orgullo o seu amor á terra. Hai 35 anos, expresárono a través da loita contra a usurpación desa terra pola eléctrica Fenosa. Hoxe, fixérono para homenaxear a un dos artífices daquela resistencia de bágoas e puños erguidos, Moncho Valcarce, no vinte aniversario do seu pasamento. Poesía, música, sentidas palabras pero, sobre todo, a emoción e calor dos amigos e das amigas en cuxos corazóns e memoria aínda latexa Moncho fixéronnos sentir que o seu legado segue vivo e actual.

  2. Sinaturas

    Por unha nova política forestal que evite os incendios

    30 de Agosto do 2013 · 

    O 30 de agosto, representantes das organizacións que integran a Asemblea Galega contra o Lume, entre os que se atopaba a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, presentaron no rexistro xeral da Xunta unha táboa reivindicativa para rematar, dunha vez por todas, coa lacra do lume que está a arrasar, un verán máis, o noso país. Medio millón de hectáreas queimadas dende 1988 deberían ser motivo máis que suficiente para que a nosa clase política recoñeza que as medidas de loita contra o lume desenvolvidas até hoxe foron un absoluto fracaso.

  3. Hamburguesa sintética

    Hamburguesa sintética: seguen tentando impoñer un modelo alimentario para encher as arcas das corporacións

    6 de Agosto do 2013 · 

    Tras unha ardua investigación con non se sabe canto persoal científico e non se sabe cantos centos de miles de euros, creouse a primeira hamburguesa sintética con carne de vaca construída a partir de células nai. Mais, quen necesita carne de vaca que non sexa de vaca?

  4. Moncho Valcarce

    Homenaxe a Moncho Valcarce nas Encrobas no vixésimo cabodano do seu pasamento

    2 de Agosto do 2013 · 

    A romaría labrega que o Sindicato Labrego Galego organiza todos os anos nas Encrobas coincidirá neste 2013 coa celebración do vixésimo cabodano do pasamento de Moncho Valcarce, un dos fundadores da nosa organización e fito no agrarismo e nos movementos sociais do noso país. Será o 31 de agosto, e organiza a Irmandade Moncho Valcarce.

  5. Fouce

    A loita contra a minaria salvaxe e destrutiva promovida pola Xunta na Galiza ocupa a portada do Fouce 297

    2 de Agosto do 2013 · 

    O Fouce 297 vén de saír do prelo con 6 das súas 32 páxinas dedicadas a facer crónica do que deu de si a loita contra a minaría salvaxe promovida pola Xunta na Galiza durante os últimos meses. Ademais, cuestións como os últimos movementos na reforma da futura Política Agraria Común, a traizón do PP ao sector lácteo galego coa Lei da Cadea Alimentaria, a VI Conferencia Internacional da Vía Campesina ou entrevistas a María Ferreiro e Dora Cabaleiro, teñen tamén un lugar destacado no voceiro do Sindicato Labrego Galego.

  6. Sede Terras do Miño

    A Deputación de Lugo pedirá informes para evitar que o Plan de Actividades Extractivas da Xunta afecte ás reservas da biosfera de Ancares e Terras do Miño

    2 de Agosto do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego acadou o compromiso da Deputación de Lugo para que tamén se implique na defensa da Reserva da Biosfera Terras do Miño1 e se opoña á explotación mineira que a canadense Goldquest Ibérica S.L. quere levar a cabo en 12.000 hectáreas de terras repartidas nos termos municipais da Fonsagrada, Baleira, Baralla e Becerreá, e á que lle foi concedido o permiso de exploración Lago II 6056. Este apoio da Deputación veu despois de que o SLG presentase un escrito diante do Órgano de Xestión de Terras do Miño, o 31 de xullo, na súa xuntanza anual en Lugo.

  7. Organo de participación

    O Sindicato Labrego Galego implica á Deputación de Lugo na oposición á minaría salvaxe nos Ancares

    31 de Xullo do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego pediu formalmente, o 29 de xullo, a implicación da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses na oposición á explotación mineira que pretende levar a cabo a empresa canadense Goldquest Ibérica S.L. en 12.000 hectáreas de terras repartidas nos termos municipais da Fonsagrada, Baleira, Baralla e Becerreá. Esta petición oficial foi realizada polo SLG en calidade de membro do Órgano de Participación da Reserva da Biosfera dos Áncares Lucenses, que se reuniu onte en San Román de Cervantes, do mesmo xeito que o fixo unhas horas antes o Órgano Rector da Reserva, encabezado polo presidente da Deputación, Xosé Ramón Gómez Besteiro.

  8. Ponte da Regada

    O Sindicato Labrego apoia a manifestación en Santiso e Arzúa para esixir a reparación da ponte da Regada

    19 de Xullo do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego das comarcas de Arzúa e Melide quere expresar o seu total apoio ás reivindicacións dos veciños e veciñas das parroquias afectadas polo corte da ponte da Regada e á convocatoria dunha manifestación, o vindeiro 20 de xullo, realizada pola Asociación O Noso Lar, de Visantoña.

  9. Leite Senado

    O PP de Galicia traizoa ao sector lácteo cunha Lei da Cadea Alimentaria que permite seguir vendendo a perdas

    12 de Xullo do 2013 · 

    De nada serviron as promesas do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cando no contexto da folga de entregas de leite de novembro de 2012 asegurou que ía traballar para que a futura Lei da Cadea Alimentaria non permitise a venda de leite a perdas ou por baixo dos custes de produción. Tampouco serviron de nada xuntanzas mantidas con deputados do PP de Galicia no Congreso, como Xaquín García Díez, ou co senador Xosé Manuel Barreiro. A Lei da Cadea Alimentaria aprobada polo Senado, o 11 de xullo, cos votos favorables dos senadores e senadoras do PP de Galicia, “constata os temores que tiñamos no sector produtor, ao que se deixa sen ferramentas eficaces para protexerse dos abusos das industrias e da distribución”, en palabras da secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane.

  10. ContraMINAcción

    ContraMINAccion esixe a nulidade da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto mineiro de Corcoesto

    11 de Xullo do 2013 · 

    Tras coñecerse a nova de que a Consellaría de Industria daba marcha atrás ao proxecto mineiro en Corcoesto por non cumprir "cos requisitos técnicos e financeiros necesarios", a Rede ContraMINAcción, da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, solicitaba "a retirada do proxecto mineiro de Corcoesto, así como a nulidade da declaración de impacto ambiental (DIA) ditada no seu día pola Xunta".

  1. Anterior
  2. 4
  3. 5
  4. 6
  5. 7
  6. 8
  7. 9
  8. 10
  9. Seguinte