A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2013

Novas: 2013

  1. Acción COAG Senado

    Unha comitiva do SLG no Senado para que a Lei da Cadea Alimentaria prohiba vender por baixo de custes

    10 de Xullo do 2013 · 

    Unha delegación do Sindicato Labrego Galego viaxou até Madrid, o 9 de xullo, para participar nun acto reivindicativo convocado pola Coordenadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) diante do Senado para demandar que a futura Lei da Cadea Alimentaria inclúa no seu articulado a prohibición de vender por baixo dos custes de produción, antes da súa votación por senadores e senadoras o 11 de xullo. A comitiva do SLG estivo formada pola súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane (primeira pola dereita na imaxe que se remite), e outros membros da Executiva como Xosé Luís López Galán, Carme Garrote ou Adolfo Cabarcos (na mesma fotografía, seguen nesa orde a Vilalba cara á esquerda).

  2. Isabel Vilalba

    Isabel Vilalba denuncia no Parlamento Europeo o acaparamento de terras na Galiza a mans da minaría

    27 de Xuño do 2013 · 

    A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, participou, o 25 de xuño, na conferencia “O problema da terra en Europa: do acaparamento de terras á reforma agraria”, organizada pola Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) e a Esquerda Unitaria Europea (GUE) no Parlamento Europeo, en Bruxelas. Tamén participaron no evento eurodeputados como Willy Meyer, Patrick Le Hyaric ou Joao Ferreira; representantes da Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) ou Tassos Haniotis, da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea.

  3. Cobrador do frac

    O Ministerio de Agricultura convértese en moroso ao non aboar axudas concedidas a explotacións dende 2009

    18 de Xuño do 2013 · 

    No ano 2008, o Ministerio de Agricultura, en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), artellou unha liña de axudas para apoiar o financiamento das explotacións gandeiras galegas1. Estas axudas consistían, basicamente, nunha liña de créditos a cinco anos, dun mínimo de 3.000 euros e un máximo de 60.000, cun xuro fixo do 5'30%; dese xuro, o Ministerio de Agricultura comprometíase a subvencionar un máximo do 2% e o Igape outro tanto, de tal xeito que as explotacións beneficiarias acabarían pagando un 1'30% de xuros. Como o empréstito tiña un ano de carencia, as axudas ingresaríanse en catro prazos anuais (dende o 1 de xullo de 2009 ao 1 de xullo de 2013), de maneira que os últimos ingresos por este concepto deberían rematar de aboarse no presente mes.

  4. Mpofu e Saragih

    A Vía Campesina conclúe a súa VI Conferencia Internacional incorporando 33 novas organizacións agrarias

    17 de Xuño do 2013 · 

    Entre o 9 e o 13 de xuño, a Vía Campesina celebrou a súa VI Conferencia Internacional en Iacarta (Indonesia). Neste encontro global, ao que precederon asembleas da mocidade e das mulleres, tomáronse decisións clave con respecto a estratexias futuras e formalizouse a incorporación de novos membros. Como principal novidade, o traslado a Zimbabue (África) da sede da Secretaría Operativa Internacional, que estivo en Asia durante os últimos oito anos. Tamén un motivo de celebración: a maioría de idade da Vía Campesina, que cumpriu, neste 2013, os seus primeiros vinte anos de vida dende a súa fundación en Mons (Bélxica) en 1993.

  5. 20 anos de Vía Campesina

    A voz labrega de Europa únese a voces de todo o mundo en Iacarta pola soberanía alimentaria

    13 de Xuño do 2013 · 

     Máis de 500 labregos e labregas procedentes de 70 países de todos os continentes están a participar, do día 6 ao 13 de xuño, na VI Conferencia da Vía Campesina en Iacarta, Indonesia, coincidindo co seu 20 aniversario.

  6. Sebastián Pinetta

    A experiencia arxentina advirte do desastre social, económico, sanitario e ambiental que implica a megaminaría

    12 de Xuño do 2013 · 

    A Rede ContraMINAcción mantivo, o 11 de xuño, un encontro de traballo con Sebastián Pinetta, presidente da asociación civil arxentina Bienaventurados los Pobres (BePe) e coordinador do proxecto “Fortalecemento das capacidades de comunidades do noroeste arxentino afectadas pola minaría a ceo aberto para a defensa dos seus territorios e medios de vida”.

  7. Xabier Gómez Santiso

    O SLG agarda que o PP cumpra os seus compromisos co sector lácteo galego e inclúa na Lei da Cadea Alimentaria a prohibición de vender por baixo dos custes de produción

    8 de Xuño do 2013 · 

    O pasado 7 de xuño, celebrábase unha xuntanza en Lugo entre as tres organizacións agrarias galegas e o senador do PP, Xosé Manuel Barreiro. Sobre a mesa, a futura Lei da Cadea Alimentaria, que se atopa agora en trámite parlamentario. Despois deste encontro, o Sindicato Labrego Galego, que estivo representado por Xabier Gómez Santiso, agarda que os populares se manteñan firmes no seu compromiso de buscar fórmulas que permitan incluír nesta lei a prohibición de vender leite e outros produtos agrarios por baixo dos custes de produción.

  8. Leandro

    8 de xuño: Festa do primeiro aniversario do Mercado do Alimento Labrego nos Tilos

    6 de Xuño do 2013 · 

    O Mercado do Alimento Labrego dos Tilos cumpriu o seu primeiro aniversario. Para celebralo, fíxose unha festa o pasado sábado, 8 de xuño. Amais dos produtos locais, houbo alimentos doutras comarcas invitadas, artesanía, música tradicional e petiscos na taberna. De seguido, lembramos a invitación que fixeron os labregos e labregas que dan vida a este mercardo para convidar a compartir a celebración: 

  9. Albariño

    O SLG pide a convocatoria urxente da mesa do viño en Rías Baixas diante da situación crítica do sector viticultor

    4 de Xuño do 2013 · 

    O Sindicato Labrego vén rexistrar unha petición diante da Consellaría de Medio Rural para que convoque, con carácter de urxencia, a mesa do viño na denominación de orixe Rías Baixas. Os motivos principais desta petición teñen que ver con que, estando a poucos meses da vendima deste ano, segue habendo entre as máis de 6.000 familias que viven da viticultura nesta D.O. unha forte sensación de incerteza diante dos impagos de varias adegas con respecto á uva mercada en 2011 ou por descoñecer os prezos de cotización da uva para este ano.

  10. O SLG na manifestación

    Galiza dá un non masivo á minaría salvaxe

    2 de Xuño do 2013 · 

    Máis de 10.000 persoas vidas de todos os currunchos da xeografía galega e da veciña Asturias deixaron pequena a praza da Quintana na manifestación contra a minaría salvaxe que encheu as rúas de Compostela o 2 de xuño. Agardamos que esta reacción multitudinaria contra as políticas da Xunta no que respecta a novas concesións mineiras e, nomeadamente, ao Plano Galego de Actividades Extractivas, fagan entrar en razón aos nosos gobernantes e paren a tempo o que, a toda luces, supón a entrega a unhas poucas empresas mineiras do noso territorio e dos principais sectores económicos que sosteñen ao noso medio rural. Galiza vén de dicir non ás minas; agora só falla que os e as gobernantes que din representala obedezan o mandato do pobo que lles deu a confianza nas urnas.

  1. Anterior
  2. 5
  3. 6
  4. 7
  5. 8
  6. 9
  7. 10
  8. 11
  9. Seguinte