A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2014

Novas: 2014

  1. A mina de Touro-O Pino-Compostela recibirá con explosivos e maquinaria pesada os 3 millóns de persoas que entran cada ano por Lavacolla e o Camiño Francés

    Mina lavacolla 8 de Xuño do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego fai un chamamento á sociedade galega para que se mobilice contra o proxecto mineiro de Atalaya Mining en Touro polas graves consecuencias que tería para unha bisbarra con grande riqueza agrogandeira, para os recursos marisqueiros e pesqueiros da Ría de Arousa, e para a capital de Galiza e un das súas principais fontes de riqueza cultural e económica: o turismo e o Camiño de Santiago.

  2. Xa podedes descargar a versión dixital do Fouce 319

    Fouce 319 30 de Maio do 2018 · 

    Hai un mes que publicamos a edición impresa do Fouce 319. Dende aquela, fomos publicando algúns contidos inéditos como a entrevista á viticultora Laura Lorenzo, a crónica da viaxe da mocidade labrega a Euskadi, o informe da Dirección de Horta sobre o ano 2017 ou a axenda de traballo da Dirección da Carne. Ademais, ocupan a portada as actividades e mobilizacións desenvolvidas pola Secretaría das Mulleres nun mes de marzo que será difícil esquecer. Agora, xa podes descargar o Fouce 319 íntegro en versión dixital en bit.ly/Fouce319

  3. O SLG presenta medio cento de alegacións contra o cambio do PXOM de Curtis apoiadas por familias labregas afectadas

    María Ferreiro en Curtis 29 de Maio do 2018 · 

    A coordinadora do Sindicato Labrego Galego en Curtis, María Ferreiro, vén de rexistrar medio cento de sinaturas (en total 42), que representan outras tantas familias labregas, apoiando as alegacións contra os cambios no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que pretende levar adiante o goberno curtense, e que deixarían desprotexido o solo agrario e forestal.

  4. O SLG alega contra o parque eólico de Ordes por usurpar máis de 6.000 hectáreas ás granxas da bisbarra

    Vacas en parque eólico 28 de Maio do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar, diante do Ministerio de Agricultura, un extenso documento de alegacións contra o parque eólico de Pobra, que afecta 6.670 hectáreas dos termos municipais de Mesía, fundamentalmente e, en menor medida, de Oza-Cesuras e Abegondo.

  5. A praga da couza guatemalteca váiselle das mans a Medio Rural, chega a Muxía e ameaza a produción de Bergantiños

    Mapa couza Galiza 23 de Maio do 2018 · 

    O 26 de marzo, o DOG publicaba unha resolución pola que se declaraba o Concello de Muxía como zona infestada pola couza guatemalteca, praga que afecta aos cultivos de pataca. Iso implica que en Muxía se implantarán as medidas que se aplicaron en 31 concellos da Mariña e Ferrolterra, entre as que se inclúen a prohibición de botar pataca e de comercializala. A maiores de Muxía, os concellos limítrofes terán que adoptar restricións e obrigas no cultivo da pataca como concellos tampón, ademais de informar á Xunta á hora de plantar.

  6. Laura Lorenzo (Daterra Viticultores): "O Val do Bibei é unha das zonas con maior potencial vinícola de Galiza"

    Laura Lorenzo 21 de Maio do 2018 · 

    Aínda que naceu en Allariz, Laura Lorenzo veu a Manzaneda e ao Val do Bibei en 2004 e xa non volveu marchar. Dende que comezou a formarse como técnica en vitivinicultura hai case vinte anos, até agora, Laura atesourou experiencia, coñecementos e paisaxes que se plasman á perfección na rica diversidade de viños que elabora: sete etiquetas, vintecinco viñedos, incontables castes, varias zonas xeográficas e unha soa palabra para definilo todo: Daterra.

  7. Un cento de familias gandeiras de Agolada asinan para pedir un prazo extraordinario nas bonificacións do IBI

    bando agolada 21 de Maio do 2018 · 

    Preto de un cento de familias gandeiras de Agolada, asesoradas polo Sindicato Labrego Galego, veñen de rexistrar hoxe, 18 de maio, un escrito no concello coas súas sinaturas no que se pide a apertura dun prazo extraordinario para poder solicitar as bonificacións no IBI correspondentes ao exercio do 2018 para as construcións das explotacións agrarias e gandeiras.

  8. Crónica da viaxe da mocidade do Sindicato Labrego Galego a Euskadi para visitar proxectos agroecolóxicos

    Mocidade SLG Euskadi 18 de Maio do 2018 · 

    Do 5 ao 8 de marzo, un grupo de 16 mozos e mozas do Sindicato Labrego Galego percorreron Euskal Herria para coñecer de preto varios proxectos agroecolóxicos. A iniciativa estivo organizada conxuntamente con EHNE Bizkaia, VSF Justicia Social, e contou co financiamento da Consellaría de Medio Rural e do FEADER no marco PDR 2014-2020. Foron días moi intensos a nivel de experiencias e aprendizaxe dos que compartimos con vós neste Fouce unhas pequenas notas sobre os proxectos agroecolóxicos visitados.

  9. contraMINAcción leva a súa campaña contra a mina de Touro e O Pino a cidades como Vigo, Ourense e Bos Aires

    contraminaccion touro 18 de Maio do 2018 · 

    A plataforma contraMINAcción, Rede contra a Minaría Destrutiva de Galiza que agrupa 24 colectivos e plataformas, entre os que se inclúe o SLG, está a desenvolver un intenso traballo dende hai anos para informar á cidadanía do enorme impacto social e medioambiental que ten a minaría destrutiva en diversas localidades galegas. Nese traballo hai que enmarcar a actual campaña contra o proxecto San Rafael de extracción de cobre que pretende levar a cabo Atalaya Mining (Riotinto) nos municipios coruñeses de Touro e O Pino.

  10. Campaña informativa e de alegacións contra a modificación do PXOM de Curtis que desprotexe o solo agrario e forestal

    Concello de Curtis 16 de Maio do 2018 · 

    O Concello de Curtis ten en fase de exposición pública, até o 28 de maio, a modificación puntual nº 7 do seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para facer as alegacións ou achegas que se consideren oportunas. O Sindicato Labrego Galego posiciónase contra esta modificación porque pretende suprimir todo o solo rústico de protección agropecuaria e case todo o solo rústico de protección forestal, que pasarían a ser solo rústico de protección ordinaria.

  11. O SLG pide cambiar a ordenanza para bonificar o IBI en Agolada e a publicación dunha nova adaptada á realidade

    Concello de Agolada 15 de Maio do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa indignación pola maneira de proceder do Concello de Agolada na concesión de bonificacións do 95% no IBI para aqueles inmobles rústicos “indispensables para o desenvolvemento das explotacións agrícolas, gandeiras, ou forestais”.

  12. A Dirección de Vacún de Carne do SLG prepara unha campaña para traballar na dignificación do sector

    Vacún de carne SLG 14 de Maio do 2018 · 

    O pasado 19 de abril, o grupo de traballo da Dirección da Carne mantiña unha xuntanza en Compostela na que un dos principais temas trabados foi o deseño dunha campaña para poñer este sector no centro da axenda do Sindicato Labrego Galego.

  1. PDR 2014-2020

    O SLG urxe á conselleira de Medio Rural a convocar unha xuntanza para pór en marcha o PDR 2014-2020 neste 2015

    24 de Decembro do 2014 · 

    Diante do rexeitamento do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020 por parte da Comisión Europea, o Sindicato Labrego Galego vén de solicitar formalmente unha xuntanza coa conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, para tratarmos de poñer canto antes en marcha esta importante vía de financiamento para moitos dos nosos sectores agrogandeiros e forestais.

  2. Bruxelas

    A loita contra o acaparamento de terras na Galiza chega a Bruxelas e ao Parlamento Europeo

    12 de Decembro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego participou, o 10 e o 11 de decembro, nun foro sobre o acaparamento de terras na Galiza celebrado na sede do Parlamento Europeo, en Bruxelas, e auspiciado pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), Lidia Senra. Neste punto de encontro, xuntámonos diversas organizacións e colectivos para dialogar e debater ao redor das loitas en defensa do noso territorio que se están a desenvolver en todo o país. De seguido, compartimos con vós, a xeito de resume, a crónica da segunda xornada. O texto e as fotografías son da xornalista Vera Cruz Montoto:

  3. Elia

    A vocal do SLG no Craega, Elia Rodríguez, intervén como experta na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo invitada por AGE

    4 de Decembro do 2014 · 

    Co obxectivo de discutir varios aspectos do proxecto de novo regulamento relativo á produción ecolóxica e etiquetaxe de produtos ecolóxicos da Comisión Europea, a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo realizou, o 3 de decembro, unha audiencia pública baixo o título "O regulamento relativo á produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos". Alí estivo Elia Rodríguez Vázquez, labrega da Mariña que é vocal no Consello de Agricultura Ecolóxica de Galiza (Craega). Elia foi invitada pola agora eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra; quen, na súa responsabilidade como Coordinadora do GUE/NGL para a Comisión de Agricultura, apostou por ela como experta con máis de vinte anos de experiencia na produción ecolóxica de Galiza.

  4. Cendán e Vilalba no 29N

    29N/Marchas da Dignidade: Polo teito, o traballo e o dereito a producir o pan das galegas e dos galegos

    30 de Novembro do 2014 · 

    As Marchas da Dignidade volvemos mobilizar unha parte importante da sociedade galega, a daquelas cidadás e aqueles cidadáns que nos estamos a rebelar contra a versión máis inhumana e salvaxe do neoliberalismo coa que nos tentan xunguir dende diversas administracións e gobernos. Todo en nome dunha terxiversada e asasina austeridade coa que non estamos dispostos e dispostas a comungar.

  5. Ocupa o Obradoiro

    29N: O SLG convoca aos labregos e labregas de Galiza para ocupar o Obradoiro en demanda de traballo, teito e o dereito a producirmos o pan dos galegos e das galegas

    27 de Novembro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoiará a ocupación da praza do Obradoiro este sábado, 29 de novembro, por parte das Marchas da Dignidade, movemento cívico do que formamos parte; e convoca aos labregos e ás labregas de Galiza a apoiar esta mobilización contra as políticas neoliberais e de recortes dos gobernos que nos afectan a todos e a todas.

  6. Globos

    25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia ás Mulleres. Comunicado de SLG e Vía Campesina

    25 de Novembro do 2014 · 

    Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia ás Mulleres, o Sindicato Labrego Galego e a Vía Campesina denunciamos a violencia estrutural que as mulleres afrontan de xeito cotián e que vén sendo sistematicamente silenciada, naturalizada e invisibilizada pola sociedade capitalista e patriarcal.

  7. Cabeceira Fouce 304

    Alianzas por un mundo rural vivo na portada do Fouce 304

    21 de Novembro do 2014 · 

    O Fouce 304 correspondente aos meses de setembro e outubro está a piques de chegar ás casas. Desta vez, destacamos en portada tres eventos que tiveron como escenario de celebración a nosa Galiza e serviron para reforzar as nosas alianzas: o Seminario de Agroecoloxía feito con compañeiros e compañeiras de toda Europa para analizar novos xeitos de achegar os alimentos á cidadanía, o IX Foro por un Mundo Rural Vivo e o II Encontro sobre os Impactos da Minaría na Galiza. 

  8. Isabel Vilalba

    Isabel Vilalba denuncia que a Comisión Europea e os gobernos comunitarios seguen sen crear mecanismos para garantir prezos dignos no leite

    20 de Novembro do 2014 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou, o 19 de novembro, no Grupo de Diálogo Civil para o Sector Lácteo (Civil Dialogue Group on Milk), que se celebrou en Bruxelas convocado pola Comisión Europea. Isabel Vilalba formou parte deste grupo consultivo como unha das representantes da Coordinadora Europea da Vía Campesina.

  9. Manifestación ORGACCMM

    O SLG apoia a manifestación contra a tentativa da Xunta de privatizar a xestión dos nosos montes

    20 de Novembro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar o seu total apoio á manifestación convocada pola Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), o vindeiro 22 de novembro, contra a tentativa de privatizar o noso monte comunal por parte da Xunta. Dende ORGACCMM, denuncian que, en virtude da Lei de Montes de Galicia, se no mes de agosto do ano 2016, as comunidades de montes que teñen os seus montes veciñais consorciados ou conveniados, non pagan o saldo debedor que teñen, estarán obrigadas a asinar un contrato de xestión que, ao contrario do que acontecía até agora, poderá ser cunha empresa forestal privada.

  10. Isabel Vilalba

    contraMINAcción reafírmase na súa loita contra a minaría salvaxe e solidarízase con Marcos Celeiro

    11 de Novembro do 2014 · 

    Se algo quedou claro no II Encontro sobre os Impactos da Minaría en Galiza é que todo o noso territorio está ameazado pola proliferación de proxectos mineiros en fase de permiso solicitado, concedido, de exploración, etcétera, que se suman ás explotacións de mineral xa en activo.

  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. Seguinte