A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2014

Novas: 2014

  1. Cancro

    6. Enfermidades profesionais no sector agropecuario: Cancro

    26 de Septembro do 2014 · 

    A epidemioloxía do cancro nos traballadores agrarios é un argumento moi complexo. Os resultados de varios estudos epidemiolóxicos son inconsistentes, e non se ten aínda unha imaxe clara da epidemioloxía do cancro en relación coa exposición agrario.

  2. Motoserra

    7. Enfermidades profesionais no sector agropecuario: Ruído e vibracións

    25 de Septembro do 2014 · 

    Na agricultura, o ruído adoita ser o resultado de vibracións de alta frecuencia producidas por máquinas. Durante o seu funcionamento, os motores poden producir moito máis dos 85 dB(A) establecidos como límite para previr a xordeira. E en tractores e máquinas con ou sen cabina adoitan producirse fenómenos de resonancia adicionais.

  3. Mercado de alimentos

    O SLG celebra un seminario europeo para fomentar os circuítos curtos de comercialización dos produtos labregos

    25 de Septembro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrará, do 26 ao 29 de setembro, un seminario europeo para analizar de que xeito se poden facer máis accesibles os alimentos que producen os labregos e labregas á cidadanía.

  4. INSS

    8. Notificación e rexistro das enfermidades laborais

    24 de Septembro do 2014 · 

    A cualificación das enfermidades como profesionais corresponde ás entidades xestoras e colaboradoras do sistema da Seguridade Social (Mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, INSS e ISM), que elaborarán e tramitarán o parte de enfermidade profesional correspondente.

  5. Doutora

    9. Que fago en caso de enfermidade común ou accidente non laboral?

    23 de Septembro do 2014 · 

    O primeiro que debes saber en caso de padecer unha enfermidade común ou ter sufrido un accidente que non teña que ver co teu traballo na explotación, é que tes 15 días naturais (contan todos, incluídos sábado e domingo) contados dende que o persoal médico do SERGAS che dá a baixa, para comunicarlle á Mutua ou ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) quen queda a cargo da granxa ou se te ves na obriga de pechala.

  6. Interior autobús

    O SLG denuncia diante da Educación os prexuízos por mor do atraso nas autorizacións do transporte escolar en Lugo

    22 de Septembro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego rexistrou, o 19 de setembro, un escrito diante da delegación territorial en Lugo da Consellaría de Educación no que denunciaba a demora na concesión de autorizacións de transporte escolar para o alumnado de BAC que viaxa cos rapaces e rapazas da ESO, e os graves prexuízos que isto está a causar a moitas familias.

  7. Mesa do Viño en Rías Baixas 2012

    O Sindicato Labrego denuncia o abandono de funcións da Consellaría de Medio Rural na vendima 2014

    22 de Septembro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego ofreceu, o 19 de setembro, xunto a UUAA, unha rolda de prensa en Pontevedra para denunciar o desleixo de funcións da Consellaría de Medio Rural diante da vendima de 2014 en Rías Baixas, unha actitude de abandono que tamén percibimos nas outras denominacións de orixe vinícolas.

  8. Muletas e tractor

    10. Que fago en caso de accidente de traballo?

    22 de Septembro do 2014 · 

    Entendemos por accidente laboral aquel dano ou lesión consecuencia do desempeño do noso traballo. No caso da actividade agropecuaria, un accidente laboral podería ser, por exemplo, unha caída cando estamos xuntando o gando no prado.

  9. Protestas contra o acordo UE Canadá

    O SLG impugna o acordo comercial entre a UE e Canadá por deixar á cidadanía indefensa ante o poder empresarial

    12 de Septembro do 2014 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, rexistrou un escrito dirixido a varias institucións solicitando impugnar a inclusión da cláusula sobre a Solución de Controversias entre Inversor e Estado (ISDS) no Acordo Económico e Comercial Amplo (CETA) que a Unión Europea vai asinar con Canadá o 25 de setembro. A intención deste escrito é influír na posición española no Comité de Política Comercial do Consello da UE que, o 12 de setembro en Bruxelas, debate este tema para chegar a un acordo sobre o texto final do CETA, que se vén negociando dende 2009.

  10. Estación da Pontraga

    O SLG de Ordes celebra este venres a décima edición da Romaría por un mundo rural vivo

    10 de Septembro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego da comarca de Ordes celebrará este venres, 12 de setembro, a súa décima edición da Romaría por un mundo rural vivo. Nesta ocasión, o lugar de celebración será a antiga estación ferroviaria da Pontraga, en Tordoia (está na estrada que une Ordes con Trazo, a CP-5903. Para chegarmos á estación, temos que saír da capital comarcal por esta vía, e virar á esquerda a 4,5 quilómetros, tras pasar o Bar Che, collendo a estrada DP-5901).

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte