A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2014

Novas: 2014

  1. Isabel Vilalba

    O SLG participa con organizacións sociais de toda Europa nas estratexias contra o tratado de libre comercio cos EEUU

    17 de Xullo do 2014 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, vén de participar no II Encontro da Sociedade Civil Europea contra o TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership ou Acordo Transatlántico de Comercio e Investimentos), que se desenvolveu en Bruxelas os días 14 e 15 de xullo. Xunto ao Sindicato Labrego Galego, déronse cita todo tipo de organizacións sociais (ecoloxistas, agrarias, sindicais, etcétera) para debater e acordar estratexias comúns contra un TTIP que se está a negociar de costas á cidadanía e que está a ser deseñado, fundamentalmente, por empresas privadas e transnacionais.

  2. Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo

    O Sindicato Labrego Galego apoia as demandas da Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo

    15 de Xullo do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia as demandas da Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo e as de tódolos movementos reivindicativos que están a xurdir na provincia de Ourense e no resto da Galiza para defender os xulgados que prevé suprimir a Lei Orgánica do Poder Xudicial.

  3. Fouce 302

    O Fouce 302 xa anda polas corredoiras: a voz da Galiza labrega a un golpe de rato

    7 de Xullo do 2014 · 

    Co verán, chega unha nova entrega do Fouce, o 302. Desta vez, destaca na portada que a Vía Campesina acadase do Consello de Dereitos Humanos da ONU a continuidade no proceso de elaboración dunha Declaración Universal dos Dereitos Labregos. Ademais, afondamos noutras cuestións como a preocupante actualidade do sector lácteo, os cambios normativos que se aveciñan no sector vitivinícola ou a reforma xudicial e supresión dos rexistros civís.

  4. Margarida Prieto

    O Sindicato Labrego Galego leva á fiscalía a posible prospección ilegal da mineira Erimsa en Oroso

    4 de Xullo do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de denunciar, o 3 de xullo, á empresa mineira Erimsa diante da Fiscalía de Medio Ambiente. Ademais, a coordinadora da loita contra a minaría salvaxe no SLG, Margarida Prieto Ledo, mantivo unha xuntanza co fiscal delegado de Medio Ambiente en Galicia, Álvaro García Ortiz, para falar dos feitos denunciados. Estes remóntanse ao pasado 15 de maio de 2013, cando Sindicato Labrego Galego interpuxo ante o Concello de Oroso, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e a Consellaría de Industria, senllas denuncias por unha posible prospección ilegal de terras da que se fixo publicamente responsable a empresa mineira Erimsa en varios medios de comunicación.

  5. Isabel Vilalba Seivane

    As organizacións agrarias galegas pedimos a convocatoria urxente da mesa do leite para evitar unha crise no sector

    4 de Xullo do 2014 · 

    As tres organizacións agrarias galegas -Sindicato Labrego, UUAA e XXAA- pedimos, o 4 de xullo, a convocatoria urxente da mesa do leite diante dunha preocupante situación no sector na que os prezos volven baixar sen que haxa unha razón de mercado que xustifique esa caída, e diante do incumprimento dos compromisos adoptados para co sector, a finais de 2012, por parte da Consellaría de Medio Rural e do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

  6. Corta de acios

    Os riscos específicos do período de vendima na actividade vitícola

    28 de Xuño do 2014 · 

    Os viñedos das nosas denominacións de orixe están madurecendo e, en breve, iniciaremos unha nova vendima. Van ser días de intenso traballo, no que decotío traballan persoas a xornal que non están familiarizadas con esta actividade. Tanto para elas como para as que teñen máis experiencia, cómpre ler as recomendacións para evitar accidentes neste labor.

  7. Manifestación

    O Sindicato Labrego solidarízase coa Confédération Paysanne na súa loita contra a granxa das 1.000 vacas

    26 de Xuño do 2014 · 

    A Confédération Paysanne, organización labrega francesa que, coma o SLG, pertence á Coordinadora Europea da Vía Campesina, vén de iniciar unha campaña para evitar a posta en marcha dunha marcroexplotación láctea no departamento de Somme (rexión de Picardía) cuxo modelo suporía a fin da gandería familiar na zona afectada e, de estenderse, en toda Europa. A Conf leva un ano de mobilizacións e, o vindeiro 1 de xullo, prepara unha grande manifestación fronte ao Palacio de Xustiza de Amiens para forzar a paralización deste aberrante proxecto.

  8. Diante da ONU

    Campaña da Vía Campesina durante o Consello de Dereitos Humanos da ONU pola Declaración dos Dereitos Labregos

    19 de Xuño do 2014 · 

    Do 11 ao 13 de xuño, unha delegación da Vía Campesina estivo presente na 26 sesión do Consello de Dereitos Humanos en Xenebra para continuar co traballo de lobby de cara á redacción dunha Declaración Internacional dos Dereitos Labregos.

  9. Volante de inercia

    Os riscos da inercia cando se utiliza maquinaria agrícola

    18 de Xuño do 2014 · 

    Cando falamos de inercia en maquinaria agrícola, referímonos a todo aquel elemento que, trala súa desconexión, segue en movemento durante un determinado período de tempo, cos riscos que isto ten á hora de causar accidentes se non adoptamos as medidas de precaución preceptivas.

  10. Remolque tractor

    Prevención de riscos na condución de tractores

    11 de Xuño do 2014 · 

    Os accidentes de tractor é unha das principais causas de accidente e mesmo de falecemento no desenvolvemento de actividades agrogandeiras e forestais. Iso, unido á obsolescencia dun terzo do noso parque móbil agrícola, fai necesario cumprir escrupulosamente coas recomendacións en prevención de riscos laborais neste eido.

  1. Anterior
  2. 3
  3. 4
  4. 5
  5. 6
  6. 7
  7. 8
  8. 9
  9. Seguinte