A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2014

Novas: 2014

  1. BAndeira Corcoesto

    A Consellaría de Industria denega oficialmente o proxecto mineiro de Corcoesto

    17 de Marzo do 2014 · 

    A Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia vén de facer pública a resolución de denegación da aprobación do proxecto de explotación para as concesións “Emilita”, “Ciudad de Landró” e “Ciudad del Masma”, coñecidas como Grupo Mineiro de Corcoesto.

  2. 300

    O Fouce chega ao número 300 tras 40 anos de andaina

    17 de Marzo do 2014 · 

    O periódico do Sindicato Labrego Galego, o Fouce, chega ao número 300 tras 40 anos de andaina. Con motivo deste aniversario, no SLG decidimos renovar o deseño gráfico da publicación, con mudanzas tan significativas como trocar a cabeceira que, durante os últimos 25 anos, identificou ao principal medio de comunicación para miles de labregos e labregas da Galiza. Diso falamos neste número tan especial, sen esquecer os contidos que, habitualmente, enchen as páxinas do Fouce. Desta vez, tocamos cuestións como a reforma da Política Agraria Común, a desidia da Consellaría de Medio Rural diante dos estragos da vaga de temporais, unha interesantísima experiencia de recuperación de froiteiras autóctonas na Mariña ou a posición da Secretaría das Mulleres diante da contrarrefroma da Lei do Aborto. Agardamos que vos sexa frutífera a lectura. Para acceder a el premendo aquí, ou decargalo na icona ao final desta páxina.

  3. CNMC

    As prácticas mafiosas das industrias lácteas só se poderán erradicar coa reforma da Lei da Cadea Alimentaria

    13 de Marzo do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar as súas reservas diante da decisión da Comisión Nacional de Mercados e da Competencia (CNMC) de ampliar o expediente sancionador a varias industrias leiteiras galegas por intercambiar información e chegar a acordos para repartirse o mercado e fixar os prezos do leite (accede ao comunicado da CNMC aquí).

  4. Sementes

    O Sindicato Labrego Galego celebra o novo pau do Parlamento Europeo á Lei de Sementes da Comisión

    13 de Marzo do 2014 · 

    O Parlamento Europeo rexeitou onte, 11 de marzo, a polémica proposta de regulamento para a produción e comercialización dos materiais de reprodución vexetal da Comisión Europea (máis coñecida como Lei de Sementes) por un resultado contundente de 650 votos en contra, 15 a favor e 13 abstencións. Esta votación produciuse xusto un mes despois de que a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural (Comagri) do Parlamento Europeo rexeitase a mesma proposta, o 11 de febreiro e, un pouco antes, fixese o mesmo a Comisión de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria.

  5. Euro

    A ineptitude da Consellaría de Medio Rural provoca o atraso no cobro das axudas da PAC a varias explotacións

    12 de Marzo do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia que varias explotacións perceptoras das axudas da Política Agraria Común (PAC) na Galiza seguen sen cobrar de maneira totalmente arbitraria e sen xustificación algunha por parte da Consellaría de Medio Rural, que non pon nin un céntimo destas subvencións (os cartos veñen de Bruxelas) e só se ten que limitar a xestionar o seu reparto.

  6. Cementos Cosmos en Vilavella

    ContraMINAcción denuncia a Cementos Cosmos por explotar ilegalmente unha canteira en Triacastela

    11 de Marzo do 2014 · 

    A rede de colectivos contra a minaría destrutiva ContraMINAcción vén de denunciar á empresa Cementos Cosmos diante da Garda Civil por ter reiniciado actividades na mina a ceo aberto de Vilavella (Triacastela) no pasado sábado, 8 de marzo, saltando a orde de paralización de actividades por carecer de licenza urbanística que existe desde setembro do ano pasado.

  7. Cabeceira da manifestación

    Miles de persoas esíxenlle ao PP en Compostela que non suprima o dereito das mulleres a abortar

    10 de Marzo do 2014 · 

    Un día despois do Día Internacional das Mulleres, o 9 de marzo, a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto celebrou unha multitudinaria manifestación que encheu a compostelá Praza da Quintana. Dende a Secretaría das Mulleres do SLG, e como parte integrante da plataforma, compartimos con vós a lectura do manifesto co que rematou esta manifestación e que gravou o xornalista de Praza Pública, Marcos Pérez Pena. Se queres ver algunhas instantáneas da manifestación, podes facelo nesta galería.

  8. Enxerto

    O SLG pon en marcha varias actividades formativas gratuítas dirixidas a persoas do norte de Pontevedra

    10 de Marzo do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego está a organizar a súa programación formativa de primavera para profesionais da agricultura do norte de Pontevedra. Os cursos terán lugar na Estrada e combinarán as aulas teóricas con saídas de campo prácticas. Trátase de actividades completamente gratuítas e están abertas a tódalas persoas interesadas en facelas, sexan ou non profesionais da agricultura.

  9. Contra a lei gallardon

    As labregas rebelámonos contra os recortes de orzamentos e dereitos que nos abocan a ser as parias desta sociedade

    7 de Marzo do 2014 · 

    Dende a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, e con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, queremos unirnos neste 2014 a tódalas organizacións e colectivos que están a sumar os seus esforzos para facerlle fronte ás constantes agresións que, dende os poderes públicos, se están a perpetrar sobre os nosos dereitos como mulleres.

  10. ECVC

    A Coordinadora Europea da Vía Campesina reafírmase cun heptálogo na súa defensa da agricultura familiar labrega

    6 de Marzo do 2014 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e a técnica sindical, Conchi Mogo, veñen de participar na Asemblea Anual da Coordinadora Europa da Vía Campesina (ECVC), que se celebrou na vila norueguesa de Evenstad entre o 3 e o 4 de marzo. Esta xuntanza de labregos e labregas de toda Europa saldouse coa Declaración de Evenstad, coa que a ECVC afronta retos deste 2014 como a declaración do Ano Internacional da Agricultura Familiar, a reforma da Política Agraria Común ou a ameaza dos tratados de libre comercio asinados ou en vías de concretarse entre a Unión Europea e terceiros países. De seguido, compartimos con todos e todas vós este documento.

  1. Anterior
  2. 5
  3. 6
  4. 7
  5. 8
  6. 9
  7. 10
  8. 11
  9. Seguinte