A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2015

Novas: 2015

  1. Isabel Vilalba

    As tres OPAs galegas denuncian a industria láctea e piden a nulidade do 100% dos contratos asinados no sector

    16 de Abril do 2015 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou, o 15 de abril, na rolda de prensa conxunta que a nosa organización, xunto a UUAA e XXAA, ofreceu para denunciar a situación que está a padecer un sector lácteo no que “a industria ten case dereito de pernada”.

  2. Concentración sector lácteo

    O Sindicato Labrego Galego pon en marcha a campaña “Mans arriba: este contrato lácteo é un atraco”

    10 de Abril do 2015 · 

    A Executiva do Sindicato Labrego Galego decidiu, o 9 de abril, iniciar unha campaña de denuncia da indefensión que están a sufrir as granxas de leite diante das prácticas extorsivas da industria. Hai días, o SLG xa denunciou que as empresas do sector pretenden obrigar ás explotacións que lles fornecen de leite a asinar contratos por un ano a prezos miserables -sempre por debaixo dos 29 céntimos, chegando algúns a 24 céntimos por litro- baixo a ameaza de deixar de recollerlles a produción.

  3. Almacén pataca

    O Índice de Prezos entre Orixe e Destino denuncia marxes superiores ao 1.000% en alimentos como a pataca

    9 de Abril do 2015 · 

    O Ministerio de Agricultura vén de presentar o Observatorio da Cadea Alimentaria, seica para velar nas transaccións comerciais dende que un produto sae da granxa en orixe até que chega a mans do consumidor ou consumidora final. Dende o Sindicato Labrego Galego, compartimos con vós o último Índice de Prezos de Orixe e Destino (IPOD), correspondente ao mes de marzo, elaborado pola COAG e dúas organizacións de consumo (UCE e CEACCU), e que conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego.

  4. Becerro morto

    O Sindicato Labrego Galego denuncia novos ataques de lobos sobre explotacións gandeiras en Maceda

    8 de Abril do 2015 · 

    A semana pasada, o lobo volveu facerlle unha nova desfeita a Ángel Rivas na súa cabana gandeira de vacas de raza Vienesa en Escuadro (Maceda). Desta vez, a vítima foi un becerro de 30 quilos acabado de nacer. Este é o segundo ataque que sofre no que vai de ano; se mira para máis atrás, Ángel perde a conta das reses que ten perdido por causa dos lobos.

  5. Mans arriba contrato

    O SLG denuncia que a industria emprega o paquete lácteo e os contratos obrigatorios para extorsionar o sector produtor

    31 de Marzo do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia que a imposición de contratos obrigatorios a un ano por parte do Ministerio, sen establecer mecanismos que garantan uns prezos que cubran os custos de produción e eviten a posición de dominio das industrias na fixación unilateral de condicións; estase a converter nunha nova arma contra as gandeiras e os gandeiros.

  6. La Arzuana

    O SLG mantivo un encontro con afectados polos impagos de La Arzuana para asesoralos no concurso de acredores

    30 de Marzo do 2015 · 

    As persoas ou entidades con débedas pendentes por parte da cooperativa La Arzuana tiveron de prazo até o 26 de marzo para reclamar os cobros. Isto é así porque o edito do concurso de acredores publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE), o pasado 26 de febreiro, daba de prazo un mes para facelo. Previamente, solicitarase o concurso de acredores, o 28 de outubro; e o xulgado mercantil nº 2 da Coruña nomeara ao economista, José Manuel Mosquera Santé, como administrador concursal.

  7. Nyeleni

    O Foro de Mali conclúe cunha declaración na que se fixa unha interpretación común do concepto de agroecoloxía

    25 de Marzo do 2015 · 

    A Vía Campesina vén de publicar a crónica do Foro Internacional sobre Agroecoloxía, que se celebrou en Sélingué (Mali), do 23 ao 27 de febreiro, e un DOCUMENTO FINAL no que se marcan distancias entre a verdadeira agroecoloxía e o que as industrias alimentarias nos pretenden vender como tal: “A agroecoloxía é política, esíxenos desafiar e transformar as estruturas de poder na sociedade. Debemos poñer en mans dos pobos que alimentan o mundo o control das sementes, a biodiversidade, a terra e os territorios, a auga, os saberes, a cultura e os bens comúns”.

  8. Labregas semente de futuro

    As labregas do SLG celebran 25 anos de loita e iniciativas pola igualdade no rural a través da Secretaría das Mulleres

    16 de Marzo do 2015 · 

    Do 14 ao 15 de marzo, coa Illa de San Simón como escenario, máis dun cento de labregas de toda Galiza participaron no Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do SLG, que desta vez celebraba a súa undécima edición. Esta ocasión foi especial, pois neste 2015 cumpríronse 25 anos dende que se crease, no seo do Sindicato Labrego Galego, este órgano de participación das afiliadas que ten sido pioneiro na toma de iniciativas e na loita polos dereitos das labregas e das mulleres que viven no rural.

  9. Encontro de Mulleres do SLG

    A Illa de San Simón acolle esta fin de semana o XI Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do SLG

    13 de Marzo do 2015 · 

    A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego elixiu a Illa de San Simón (Redondela) para celebrar o seu undécimo Encontro Anual, do 14 ao 15 de marzo. Alí, daranse cita durante toda a fin de semana un cento de labregas vidas de tódalas comarcas da Galiza para dialogar, compartir, debater, denunciar e aprender en común.

  10. Rolda de prensa

    O SLG considera inútil a multa ás lácteas sen medidas políticas contra a extorsión da industria e das distribuidoras

    6 de Marzo do 2015 · 

    O Sindicato Labrego ofreceu, o 5 de marzo, unha rolda de prensa para valorar a multa de 88 millóns de euros imposta pola Comisión Nacional do Mercado e da Competencia a varias industrias lácteas. Esta multa confirma o que organizacións como o SLG levamos denunciando durante os últimos 15 anos: que no sector lácteo non existe libre mercado e que as relacións comerciais son unha pura imposición das distribuidoras e das industrias ás granxas a través de varias prácticas ilegais entre as que se atopan a venda a perdas das primeiras ou os pactos de prezos das segundas.

  1. Anterior
  2. 6
  3. 7
  4. 8
  5. 9
  6. 10
  7. 11
  8. 12
  9. Seguinte