A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2015

Novas: 2015

  1. Quintana

    Miles de gandeiros e gandeiras toman Compostela para esixir da Xunta solucións inmediatas á crise do sector lácteo

    18 de Xullo do 2015 · 

    Compostela viviu este 17 de xullo unha manifestación histórica na que o meirande dos produtores e produtoras de leite da Galiza se botaron á rúa para esixir solucións inmediatas a unha crise que ameaza con levarse por diante o principal sector gandeiro galego, que dá emprego directa e indirectamente a unhas 100.000 persoas no país.

  2. Non hai imaxe

    17 DE XULLO: POLA DEFENSA DA ECONOMÍA DO RURAL, LOITAMOS POLO SECTOR LÁCTEO!

    16 de Xullo do 2015 · 

    A capital de Galiza acollerá mañá, venres 17 de xullo, unha mobilización histórica na defensa do mundo rural galego e do seu principal activo económico: o sector lácteo. Polos datos dos que dispoñemos as organizacións que convocamos esta mobilización, serán máis de 150 autobuses os que se desprazarán a Compostela grazas á colaboración e solidariedade, en moitos casos, dos gobernos e as corporacións municipais.

  3. Fouce 308

    A crise do sector lácteo, a fondo no Fouce 308

    14 de Xullo do 2015 · 

    A apertada axenda das últimas semanas fixo que esquecésemos nun caixón o último Fouce, o número 308, que se imprimiu o 6 de xullo. Así, cun pouquiño de atraso, compartimos con vós o noso voceiro que desta vez, como non pode ser menos, leva varias páxinas dedicadas ao sector lácteo. Ademais, atoparedes reportaxes en profundidade de Gandería Louzao e Granxas de Lousada, unha análise do desmantelamento da Consellaría de Medio Rural por parte do actual Goberno da Xunta, un texto de presentación da nova responsábel do sector de Horta -Belén Fervenza-, ou como está a impactar o colapso do Banco de Terras na xente moza que quere incorporarse á actividade agraria. Estes temas e moitos máis no Fouce 308. Para descargalo, preme AQUÍ

  4. Isabel Vilalba

    A industria láctea planta a Consellaría de Medio Rural, que segue sen achegar solucións urxentes á crise do sector

    10 de Xullo do 2015 · 

    Tras meses de grave crise no sector lácteo, por fin a Consellaría de Medio Rural convocou a tódolos axentes do sector -organizacións agrarias, cooperativas, distribución e industria- nunha mesma xuntanza que se celebrou o 10 de xullo en Compostela. Nun desplante sen precedentes, os representantes da industria decidiron non acudir á reunión -a pesares de estar convocados e ter confirmado a súa asistencia-, estando só a título persoal Jesús Lence -Río e Leyma-; por parte das distribuidoras, viñeron Gadisa, Carrefour, Eroski e DIA.

  5. Parcelaria de Fanoi

    O SLG denuncia o regulamento da parcelaria de Fanoi por ilegal e non tolerará que o 50% da terra sexa de uso forestal

    9 de Xullo do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego da Terra Chá vén de presentar alegacións á ordenanza municipal reguladora dos aproveitamentos agrícolas e forestais da zona de concentración parcelaria de Fanoi, en Abadín. A maiores dos defectos na exposición pública da ordenanza, sobre os que chamou a atención o SLG días atrás, o máis grave deste regulamento é que lle correspondía elaboralo á Consellaría de Medio Rural e non ao Concello de Abadín, xa que o proceso de concentración parcelaria en Fanoi aínda non rematou, polo que calquera norma que se aprobe ao respecto ten que xurdir da Consellaría.

  6. Isabel Vilalba

    Nace a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo e queda convocada unha manifestación para o 17 de xullo

    7 de Xullo do 2015 · 

    Na tarde do 6 de xullo constituíase en Compostela a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego. Ao acto asistiron unhas duascentas persoas, entre as que se atopaban alcaldes e alcaldesas das principais comarcas leiteiras do país e de tódalas cores políticas, os secretarios xerais dos principais sindicatos obreiros, as cooperativas leiteiras e representantes de axentes implicados co sector como almacéns de penso, talleres de maquinaria agrícola, etc.

  7. Isabel Vilalba

    O Valedor do Pobo admite a trámite unha queixa do SLG denunciando os abusos da industria láctea

    4 de Xullo do 2015 · 

    O Valedor do Pobo vén de admitir a trámite unha queixa rexistrada polo Sindicato Labrego Galego na que se denuncia a indefensión absoluta das 10.000 granxas leiteiras que aínda sobreviven na Galiza diante das prácticas abusivas da industria. Froito da admisión desta queixa foi a xuntanza de traballo que onte, 3 de xullo, mantiveron a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba, e un dos avogados da organización agraria, Xosé Pérez Rei; cunha equipa do Valedor encabezada polo secretario xeral da institución, Fernando de Andrés Alonso.

  8. Isabel Vilalba

    Isabel Vilalba denunciará hoxe en Bruxelas a crise do sector lácteo galego no Observatorio do Mercado do Leite

    30 de Xuño do 2015 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participará durante toda a mañá de hoxe, 30 de xuño, nunha nova xuntanza do Observatorio Europeo do Mercado do Leite (European Milk Market Observatory), órgano asesor da Comisión Europea que se reúne periodicamente en Bruxelas e no que a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego representa á Coordinadora Europea da Vía Campesina.

  9. Concentración en Teixeiro

    O SLG apoia a manifestacón gandeira de Teixeiro e solidarízase coas granxas damnificadas por Leite Río

    29 de Xuño do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar o seu total apoio aos gandeiros e gandeiras que se manifestaron, o domingo 28 de xuño, en Teixeiro (Curtis) en solidariedade coas granxas ás que Río deixou de recollerlles o leite esta semana.

  10. Rolda de prensa

    O SLG convocará mobilizacións diante do flagrante abandono de funcións da Xunta na crise do sector lácteo

    28 de Xuño do 2015 · 

    O 26 de xuño, Leite Río anunciaba sen previo aviso a 22 granxas que lles deixaba de recoller o leite por non cumprir o nivel de graxa esixido. Ao día seguinte, mentres a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, ofrecía unha rolda de prensa para valorar este problema, notificábanlle que a empresa Leitigal acababa de anunciarlle a varias das súas granxas que deixará de recollerlles o leite o 1 de xullo.

  1. Anterior
  2. 4
  3. 5
  4. 6
  5. 7
  6. 8
  7. 9
  8. 10
  9. Seguinte