A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2015

Novas: 2015

  1. Vacas pacendo no monte

    As comunidades de montes da Terra Chá recuperan 650 hectáreas de uso silvopastoril para as axudas da PAC

    19 de Xuño do 2015 · 

    Esta semana vén de rematar o prazo para solicitar as axudas da Política Agraria Común (PAC) e, felizmente, varias comunidades de montes da Terra Chá puideron declarar moitas terras nas que crían gando para que computen á hora de cuantificar as primas. Sen embargo, hai un par de semanas, estas praderías estaban excluídas das axudas.

  2. Mani en Amiens

    A ECVC solidarízase cos activistas que serán xulgados mañá en Amiens por loitar contra a granxa das 1.000 vacas

    16 de Xuño do 2015 · 

    A Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) apoiará a manifestación de labregos e labregas que terá lugar mañá, 17 de xuño, en Amiens (Francia) coincidindo co xuízo aos activistas que participaron nas mobilizacións contra a coñecida granxa das mil vacas, conflito que se está a converter nun símbolo da loita global contra a a industrialización da agricultura.

  3. Expo dei Popoli

    Soberanía Alimentaria e Agroecoloxía: a receita da Expo dos Pobos para sandar un sistema alimentario enfermo

    10 de Xuño do 2015 · 

    Do 3 ao 5 de xuño, celebrouse en Milán Expo dei Popoli, a Expo dos Pobos, unha alternativa da sociedade civil a unha Exposición Universal dominada polas multinacionais do sistema alimentario, “un evento”, dixo Joshua de Salvo, portavoz do comité organizador, “que quería cubrir as importantes lagoas da Exposición Universal e, sobre todo, dar voz aos colectivos excluídos desta: os labregos e as labregas, e @s profesionais da pesca. Xuntos e xuntas, producen o 70% dos alimentos consumidos globalmente".

  4. Xabier Gómez Santiso

    Medio Rural comprométese coas organizacións agrarias a coutar as prácticas mafiosas dos primeiros compradores e abordar a deslocalización da produción leiteira da Galiza

    5 de Xuño do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego foi unha das tres organizacións agrarias que acudiron, o 4 de xuño, á xuntanza polo sector lácteo coa conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, e a directora xeral de Producións Agropecuarias, Patricia Ulloa. Pola nosa banda, representaron ao SLG o coordinador dos sectores gandeiros, Xabier Gómez Santiso, e Mariano Pazos, gandeiro que rexenta unha granxa en Val do Dubra e membro da Executiva do SLG.

  5. ECVC na ONU

    Isabel Vilalba nunha nova xuntanza do grupo de traballo da ECVC sobre a Carta de Dereitos Labregos da ONU

    3 de Xuño do 2015 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, vén de partir cara a Xenebra (Suíza) para participar nun novo encontro do grupo de traballo sobre a Declaración dos Dereitos Labregos da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC). Esta xuntanza faise coa vista posta na 30ª sesión do Consello de Dereitos Humanos da ONU, que se celebrará en setembro de 2015 e onde se votará unha nova resolución para decidir se dan continuidade ou non ao grupo intergobernamental encargado de redactar o texto da Declaración dos Dereitos Labregos.

  6. Henrique Outes e Belén Fervenza

    O Congreso de Horta, Froita e Flor do Sindicato Labrego elixiu Belén Fervenza como nova responsábel do sector

    1 de Xuño do 2015 · 

    Belén Fervenza Couñago, labrega na parroquia de Reboreda, en Redondela (Pontevedra), foi elixida, o 31 de maio, nova responsábel de Horta, Froita e Flor do Sindicato Labrego Galego. A súa elección aconteceu na parroquia de Tabeirós (A Estrada), lugar elixido polo SLG para celebrar o seu Congreso de Horta, Froita e Flor, evento que se organiza cada catro anos para formar a nova dirección sectorial na organización e definir a axenda de traballo até a seguinte cita congresual. Belén substitúe así ao anterior coordinador do sector, Miguel Méndez, e contará coa colaboración dun labrego da Costa (Rois) como vicerresponsábel: Henrique Outes.

  7. American Food 2.0

    A Vía Campesina denuncia o dominio das corporacións financeiras na Exposición Universal de Milán

    29 de Maio do 2015 · 

    A Vía Campesina, movemento mundial que representa millóns de labregos e labregas, traballadores e traballadoras agrícolas e pobos indíxenas e nómades, denuncia o dominio corporativo e a complicidade dos gobernos na Exposición Mundial de Milán, cuxo lema reza: “Alimentar o planeta, enerxía para a vida”.

  8. Leiteiras

    O SLG chama á unidade para activar medidas urxentes no leite e evitar a ruína de miles de familias gandeiras na Galiza

    22 de Maio do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego levou a cabo hoxe, 22 de maio, unha concentración de protesta diante da factoría de Logística Alimentaria en Outeiro de Rei (Lugo). A elección do lugar non foi gratuíta: trátase da fábrica onde a Xunta de Galicia fundiu ao redor dunha decena de millóns de euros do erario público na cacicada política de Alimentos Lácteos, experimento que levou á ruína un milleiro de explotacións e varias cooperativas como La Arzuana, Gancobre ou Tierra Llana.

  9. Rolda de prensa

    O SLG maniféstase mañá diante de Logística Alimentaria para denunciar a situación insostible do sector lácteo

    21 de Maio do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego ofreceu unha rolda de prensa en Lugo, o 20 de maio, para denunciar a situación insostible na que se atopa o sector lácteo galego, aturando os prezos máis baixos do Estado e dos máis baixos da Unión Europea; e para anunciar unha concentración de protesta este venres, 22 de maio, diante da sede de Logística Alimentaria en Outeiro de Rei (Lugo), empresa que hoxe rexenta as mesmas instalacións das que se fixeron cargo, no pasado, Alimentos Lácteos e Leite Pascual.

  10. Cabeceira Fouce 307

    A crise do sector lácteo e a fin do sistema de cotas no Fouce

    19 de Maio do 2015 · 

    O Fouce 307, como non podía ser doutro xeito, vén cargado de información referente ao sector lácteo e centrada en dous temas fundamentais: a crise de prezos e a fin do sistema de cotas. Ademais, tamén se dá conta de efemérides coma o 17 de abril ou o 8 de marzo, de eventos como a asemblea xeral da Coordinadora Europea da Vía Campesina ou o Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do SLG e, como non, da actualidade de sectores produtivos como o da pataca, o cunícola, o apícola ou o de horta. E falando deste último, tamén adiantamos un resume do relatorio que se someterá a debate no Congreso de Horta, Froita e Flor do SLG, que se celebrará na parroquia de Tabeirós (A Estrada) o vindeiro 31 de maio. Todo isto e moito máis no Fouce 307. Podes descargalo AQUÍ ou na icona que atoparás no remate desta páxina.

  1. Anterior
  2. 5
  3. 6
  4. 7
  5. 8
  6. 9
  7. 10
  8. 11
  9. Seguinte