A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2015

Novas: 2015

  1. Vaca no monte

    Centos de hectáreas de monte de uso silvopastoril poderían quedar fóra das axudas da PAC na Galiza

    15 de Maio do 2015 · 

    Centos de hectáreas de monte dedicadas a usos gandeiros poderían quedar fóra das axudas da Política Agraria Común (PAC) polos criterios aplicados para clasificar os terreos como forestais ou no coeficiente de admisibilidade para o resto de terreos, criterios que fan referencia á densidade de arborado, superficie ocupada por especies herbáceas e altura da vexetación.

  2. Fin de cotas

    A política leiteira suicida da Xunta aboca ao sector lácteo galego a ser o paria que forneza de leite en po Europa

    15 de Maio do 2015 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, vén de participar esta semana nun encontro do Civil Dialogue Group on Milk (Grupo de Diálogo Civil do Sector Lácteo) en Bruxelas, foro promovido pola Comisión Europea ao que asistiu como representante da Coordinadora Europea da Vía Campesina.

  3. Veciñanza de Triacastela

    O SLG estivo hoxe en Vigo para expresar o seu apoio a Marcos Celeiro no xuízo de Cementos Cosmos

    8 de Maio do 2015 · 

    Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego uniuse ao cento de persoas que acudiu, o 7 de maio, aos xulgados de Vigo para expresar o seu total e incondicional apoio a Marcos Celeiro, presidente da Asociación O Iribio (Triacastela).

  4. SGAPAC

    O SLG alerta da posible perda de axudas da PAC debido a un sistema electrónico de tramitación desastroso

    8 de Maio do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia o colapso total na tramitación das axudas da Política Agraria Común (PAC) en Galiza debido ás graves deficiencias do sistema informático que o Ministerio de Agricultura ten para esta finalidade: o SGAPAC.

  5. Marcos Celeiro

    O SLG solidarízase con Marcos Celeiro e apoiará a concentración de mañá diante dos xulgados de Vigo

    6 de Maio do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego solidarízase co presidente da Asociación Cultural O Iribio, Marcos Celeiro, e acudirá á concentración de apoio de mañá, 7 de abril, diante do xulgado nº 13 de Vigo, onde este activista sentará no banco dos acusados tras ser denunciado pola empresa Cementos Cosmos por “danos e prexuízos contra a súa honra".

  6. Alimentos Lácteos

    85 socios e socias de La Arzuana poden perder o dereito a cobrar 700.000 euros que lles debe a cooperativa

    25 de Abril do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou hoxe, 24 de abril, unha xuntanza con socios e socias da Cooperativa La Arzuana para informarlles da proposta de informe do administrador concursal no concurso de acredores que afecta á entidade. Nesta reunión, á que asistiron o coordinador comarcal do SLG, Xulio Fernández, e o avogado Ramón Barreiro, deuse a coñecer un feito gravísimo: as persoas socias de La Arzuana foron enganadas pola xunta reitora da entidade, de maneira que perderon boa parte dos dereitos de cobro que tiñan por leite entregado do que non chegaron a ingresar nin un céntimo.

  7. Isabel Vilalba

    As corporacións municipais das comarcas leiteiras apoian aos produtores e produtoras nas súas demandas

    24 de Abril do 2015 · 

    As tres organizacións agrarias -Sindicato Labrego Galego, XXAA e UUAA- reunímonos, o 23 de abril, cos alcaldes e representantes das corporacións municipais de Lugo e concellos dos arredores para implicar ás entidades locais na denuncia das condicións leoninas que as industrias lácteas están a impoñer aos gandeiros e ás gandeiras coa complicidade da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura.

  8. Este contrato é un atraco

    A ministra de Agricultura avala a extorsión das industrias lácteas ao culpar ás granxas da crise do sector

    23 de Abril do 2015 · 

    No transcurso da súa visita a Galiza, o 21 de abril, a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, realizou declaracións a varios medios de comunicación nos que, directamente, botaba a culpa aos produtores e produtoras de leite da crise de prezos que están a padecer por non saber negociar. Dende o Sindicato Labrego Galego recordámoslle á ministra que a crise a está a padecer todo o sector, incluso as granxas daquelas comunidades que, segundo ela, si saben negociar coa industria.

  9. No rexistro

    1.500 sinaturas da veciñanza de Muimenta para defender o seu dereito a unha atención sanitaria digna

    22 de Abril do 2015 · 

    O 20 de abril, representantes de varios colectivos da Terra Chá presentaron no rexistro xeral da Xunta de Galicia en Lugo 1.500 sinaturas pedindo que se manteña operativo ao 100% o centro médico de Muimenta con 1 médico ou médica e 1 ATS no horario de atención habitual do que veu gozando nos últimos anos. A maiores, as persoas que asinaron denuncian a redución do horario de atención neste centro de saúde.

  10. Isabel Vilalba

    O SLG pide ao Goberno Español unha posición contraria ao tratado de libre comercio entre a UE e os Estados Unidos

    17 de Abril do 2015 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, rexistrou, o 16 de abril, na sede da Delegación do Goberno en Galiza (A Coruña), un documento pedíndolle ao Goberno Español unha postura contraria á sinatura do tratado de libre comercio entre a Unión Europea e os Estados Unidos (Transatlantic Trade and Investment Partnership-TTIP).

  1. Anterior
  2. 6
  3. 7
  4. 8
  5. 9
  6. 10
  7. 11
  8. 12
  9. Seguinte