A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2016

Novas: 2016

  1. Foro Nyeleni

    Romanía acolle o II Foro Nyéléni, o mayor evento ao redor da soberanía alimentaria celebrado en Europa até a data

    27 de Outubro do 2016 · 

    O maior encontro sobre soberanía alimentaria celebrado até o de agora en Europa estase a desenvolver dende o 26 de outubro en Cluj-Napoca (Romanía) coa organización Eco Ruralis como anfitrioa. Ao redor de 500 persoas de 40 países que representan a organizacións e colectivos da sociedade civil debaterán, ao longo desta semana, sobre estratexias e solucións para recompoñer “un sistema alimentario roto e cada vez máis controlado por grandes empresas. 

  2. guía mercados locais

    MSC International publica unha análise global da interacción entre a agricultura labrega e os mercados

    26 de Outubro do 2016 · 

    Vinculación dos produtores a pequena escala cos mercados” é unha completa guía, froito de dous anos de intenso traballo, realizada por Mecanismo da Sociedade Civil sobre Seguridade Alimentaria e Nutrición (MSC International) que analiza, a escala global, a interacción entre a agricultura labrega e os mercados. 

  3. Obradoiro mulleres arzúa

    Obradoiros da Secretaría das Mulleres en varias comarcas galegas para coñecérmonos as labregas

    25 de Outubro do 2016 · 

    A Secretaría das Mulleres vén de iniciar unha serie de obradoiros dirixidos a labregas que, ao longo deste outono, irán desenvolvéndose en diversas localidades de Galiza baixo a coordinación da técnica responsábel do Punto Delas, Rebeca Raso. O primeiro dos cursos celebrouse en Arzúa, o pasado 26 de setembro, baixo o título “Somos máis que corpo-máquina”.

  4. Bernardo Estévez

    Outro rural é posible (1): Bernardo Estévez Villar

    21 de Outubro do 2016 · 

    Dende mozo, Bernardo tivo a súa vida laboral solucionada traballando no taller mecánico do pai no barrio de Coia, en Vigo. Mais semella que o sangue ten memoria, pois algo turrou por el cara ás terras dos seus devanceiros en Arnoia, e cara a unha tradición perdida no xeito de traballar as viñas que se remonta séculos atrás no tempo. Se cadra, a viticultura do século XXI xa se practicaba no XIX e esquecemos a súa esencia por unha mal entendida modernidade. Comprobémolo cun arqueólogo do viño que resucita co seu paciente traballo as esencias do auténtico Ribeiro.

  5. TTIP non

    Informe TTIP: Os casos por intoxicacións alimentarias por E.coli son un 5.300% máis frecuentes en EEUU que na UE

    21 de Outubro do 2016 · 

    Amigos da Terra vén de presentar un informe (podes descargalo na icona que atoparás no remate desta páxina) que amosa as perdas para o sector agroalimentario do Estado en caso de aprobarse o Tratado de Comercio e Investimentos entre EEUU e a UE. O informe encargado aos servizos técnicos da organización agraria COAG, na que se integra o SLG, expón tamén a ameaza que representa o TTIP para a seguridade alimentaria europea. Os casos por intoxicacións alimentarias pola bacteria E.coli verotoxigenica son un 5.300% máis frecuentes en EEUU que na UE, segundo a análise comparativa dos centros de control de enfermidades da UE e de EEUU que recolle o informe.

  6. Concentración apícola

    SLG e AGA reclaman a Industria e Medio Rural que esixan do Goberno do Estado unha etiquetaxe transparente no mel

    19 de Outubro do 2016 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba Seivane, e o secretario técnico da Asociación Galega de Apicultura (AGA), Xesús Asorey, foron as persoas encargadas de rexistrar nos edificios administrativos de San Caetano (Compostela) hoxe, 19 de outubro, senllos escritos dirixidos ás consellarías de Industria e Medio Rural para que lle esixan ao Goberno do Estado os cambios lexislativos necesarios para posibilitar unha etiquetaxe transparente no mel na que se detalle, entre outros aspectos, o país ou países de orixe do produto. Posteriormente, ás 13:00 horas, ambos mantiveron unha xuntanza coa directora xeral de Comercio, Sol María Vázquez Abeal , para expoñerlle a problemática denunciada.

  7. Vertedoiro Lousame

    Un vertedoiro de refugallos industriais en Lousame ameaza unha ducia de granxas e un centenar de empregos

    18 de Outubro do 2016 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa oposición frontal ao proxecto de macro-vetedoiro de refugallos industriais que se pretende instalar no Concello de Lousame e que se encontra en fase de exposición pública. Para o SLG, a execución deste proxecto, que contempla o enterramento de 770.000 toneladas de residuos en 10 anos, pon en risco unha ducia de explotacións agrarias que xeran case un cento de empregos na contorna inmediata do vertedoiro.

  8. Outono de resistencia

    O SLG apoia as mobilizacións do 15-OU contra os tratados de libre comercio porque ameazan a nosa agricultura

    14 de Outubro do 2016 · 

    O Sindicato Labrego Galego estará, este 15 de outubro, unha vez máis nas rúas para esixir a marcha atrás nas negociacións de tratados de libre comercio coma o TTIP con Estados Unidos ou o CETA con Canadá porque a agricultura sería o sector máis damnificado, xa que as taxas arancelarias que protexen aos produtos agrícolas europeos son as máis altas na UE, cunha media do 14'6%. Isto é así porque os sectores agrarios, amais do importante peso económico que teñen, son vitais para a UE polo seu rol como fornecedores de alimentos, de estruturación do territorio e de distribución xeográfica do traballo e da riqueza. Mais todo iso e moito máis semella que pretende sacrificarse nas aras do libre comercio. Vexamos como:

  9. Millo transxénico

    O Parlamento Europeo rexeita por maioría o cultivo de novos millos transxénicos

    7 de Outubro do 2016 · 

    O Parlamento Europeo vén de votar maioritariamente en contra do cultivo de dúas novas variedades de millo transxénico das empresas DuPont-Pioneer e Syngenta, e da reautorización do millo MON810 de Monsanto. No Estado Español existe un novo risco medioambiental debido á presenza dunha planta invasora chamada teosinte, que se atopa nas leiras de millo e é quen de intercambiar xenes co millo modificado xeneticamente. Por este motivo, organizacións labregas, de consumidores e consumidoras e ecoloxistas solicitan do Goberno en funcións que non permita a autorización de novas variedades de millo transxénico e que suspenda a comercialización do millo modificado xeneticamente.

  10. Zaytouna

    Lánzase unha campaña de alerta diante da inminente abordaxe da flotilla de Mulleres Rumbo a Gaza

    3 de Outubro do 2016 · 

    Mulleres representantes de diversas organizacións que participan na campaña “Rompamos o bloqueo. Mulleres Rumbo a Gaza” compareceron este 3 de outubro en rolda de prensa para manifestar a súa solidariedade e pedir protección ao estado español e a UE para a flotilla de mulleres que partiron rumbo a Gaza o pasado mércores día 27 de setembro. Xunto a isto anunciaron que, diante da inminente abordaxe do barco, lánzase unha campaña de alerta para chamar á mobilización cando iso ocorra.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte