A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2016

Novas: 2016

  1. José Miguel Herrero

    A AICA comprométese a investigar as prácticas abusivas no sector lácteo galego no marco das súas competencias

    12 de Maio do 2016 · 

    Trala xuntanza1 mantida o pasado 9 de maio entre a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e Andoni García (COAG/EHNE-Bizkaia) co director da Axencia de Información da Cadea Alimentaria (AICA), José Miguel Herrero, dende o SLG temos que valorar positivamente a receptividade desta institución, aínda que cremos que as accións que emprendan dentro das súas competencias a AICA e a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) deben complementarse con medidas inmediatas por parte do Ministerio de Agricultura e da Consellaría de Medio Rural, de xeito que haxa unha recuperación urxente dos prezos no sector lácteo que cubran os custos da actividade gandeira (podes descargar o informe presentado diante da AICA na icona que hai ao remate desta páxina).

  2. Lousame natureza mineira

    ContraMINAcción alerta dunha balsa de lodos tóxicos en Lousame cuxa rotura sería letal para a ría de Muros e Noia

    11 de Maio do 2016 · 

    A pasada fin de semana, unha comitiva da Plataforma contraMINAcción viaxou a Lousame para estudar in situ o alcance dos danos causados polo incendio intencionado que arrasou 9 hectáreas do Monte Veciñal en Man Común de Froxán o 1 de maio de 2016. Nesta visita, puidemos comprobar como o incendio atravesou un camiño en até catro puntos, sendo extinguido a tempo (o primeiro deles grazas tamén á presenza de frondosas que ralentizaron o seu avance) e evitando así que queimase a maior parte do monte e chegase ás casas da aldea.

  3. José Miguel Herrero

    O SLG reuniuse co director da AICA para denunciar a compra a perdas de leite no 77% das granxas galegas

    10 de Maio do 2016 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, xunto con Andoni García, da Executiva de COAG e EHNE-Bizkaia, mantiveron, o 9 de maio, un encontro en Madrid co director da Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA), José Miguel Herrero, para facilitarlle a documentación necesaria para que inicie unha investigación sobre a compra a perdas de leite ás granxas galegas no último ano. Ademais, Isabel e Andoni solicitaron do director da AICA que estudie a posibilidade de elevar a denuncia á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) e ás autoridades competentes da Xunta.

  4. Lume forestal

    A Plataforma ContraMINAcción apoiará a comunidade de montes de Froxán tras sufrir un incendio forestal

    3 de Maio do 2016 · 

    Un incendio intencionado arrasou máis de 9 hectáreas do monte veciñal en man común de Froxán, en Lousame. Dá a casualidade de que ese monte estaba situado sobre unha concesión mineira. Dende a plataforma contraMINAcción emitiuse un comunicado no que se afirma que “co apoio da sociedade, a política da terra queimada terá sempre as de perder fronte á defensa da terra e comunidades fortes, cohesionadas nas súas xustas reivindicacións”. De seguido, compartimos con vós o texto.

  5. Charla catastro Muras

    Graves erros nas regularizacións catastrais de Muras implican a perda de miles de euros para granxas e veciñanza

    2 de Maio do 2016 · 

    A Xerencia Territorial do Catastro está a cometer de maneira xeneralizada erros na catalogación dos inmobles de Muras no marco das regularizacións catastrais que está a facer dende o 26 de xuño de 2015 e que rematarán o vindeiro 30 de xullo. Polo que puidemos constatar no SLG, tras revisar unha boa cantidade de notificacións e tras manter unha reunión informativa coa veciñanza afectada, o 27 de abril, a práctica totalidade das comunicacións tran erros de importancia considerable.

  6. TTIP non

    Un novo informe de Amigos da Terra e COAG confirma que o TTIP ameaza a agricultura europea e galega

    2 de Maio do 2016 · 

    Esta semana, durante a celebración da 13ª Rolda de Negociacións sobre o TTIP, Amigos da Terra e a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, lanzan un informe sobre o Tratado de Comercio e Investimentos entre EEUU e a UE, e as súas repercusións na agricultura [1]. Segundo o informe, o polémico tratado que negocian a ambos os dous lados do Atlántico pode significar a ruína do sector agrario europeo.

  7. Informe sobre a terra

    O Sindicato Labrego Galego denuncia no Congreso o acaparamento de terras na Galiza

    28 de Abril do 2016 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou, o 28 de abril, na presentación dun informe e unha serie de propostas sobre políticas relacionadas coa terra no Estado Español e na Unión Europa. O acto tivo lugar na sala Ernest Lluch do Congreso dos Deputados e das Deputadas (Madrid) ás 12:30 horas e, xunto a Isabel Vilalba, falaron representantes das outras organizacións responsábeis desta campaña: Ángeles Santos (presidenta de Plataforma Rural), Andoni García (da Executiva de COAG e de EHNE Bizkaia), Inmaculada Idañez (Confederación de Mulleres do Mundo Rural-Ceres), Federico Pacheco (Sindicato de Obreros del Campo-SOC) e os autores do informe “Estrutura e propiedade da terra”: Fernando Fernández (Fundación Mundubat) e Carles Soler (Revista Soberanía Alimentaria).

  8. Fouce 311

    A crónica do IX Congreso do SLG abre o Fouce 311

    27 de Abril do 2016 · 

    Coa tinta aínda quente, comeza a chegar o Fouce 311 ás parroquias. Poderedes atopar nas páxinas deste número unha extensa crónica do que deu de si o IX Congreso do SLG; amplas reportaxes sobre o sector lácteo e sobre o primeiro sistema participativo de garantía na Galiza, A Gavela); e entrevistas a Paula Gioia, activista da Vía Campesina, e Belén Mellado Franco, co-fundadora da destilaría Alicornio. Iso e moito máis no voceiro do Sindicato Labrego Galego. Podes descargalo en pdf premendo na icona que atoparás no remate desta páxina.

  9. inlac

    O SLG defendeu na INLAC un control da produción leiteira que obrigue a todas as granxas e estados da UE por igual

    21 de Abril do 2016 · 

    Tanto o Sindicato Labrego Galego (SLG) como a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) denunciamos na xuntanza da Interprofesional Láctea (Inlac) celebrada en Madrid, o 20 de abril, a ineficacia de deixar ao arbitrio de cada un dos 28 estados membros o control da produción leiteira na Unión Europea.

  10. 17 de abril de 2016

    Día da Loita Labrega 2016: Celebración, resistencia e dó

    18 de Abril do 2016 · 

    Pasaron xa vinte anos dende o tráxico día no estado do norte de Brasil, Pará, onde 19 labregos e labregas foron asasinados polas forzas de seguridade do goberno. Considerado por moitos como o apoxeo da persecución rexional e mundial contra as persoas que defenden as súas terras contra o interese das empresas, hoxe en día a persecución e a violencia perpetradas en contra nosa aínda non cesou.

  1. Anterior
  2. 4
  3. 5
  4. 6
  5. 7
  6. 8
  7. 9
  8. 10
  9. Seguinte