A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2016

Novas: 2016

  1. 17 de abril

    17 de abril, Día Internacional da Loita Labrega: 20 anos defendendo a terra e honrando a vida

    15 de Abril do 2016 · 

    Esta semana, as organizacións agrarias que formamos parte da Vía Campesina celebramos o Día Internacional da Loita Labrega, unha efeméride que conmemora o coñecido como Masacre de El Dorado dos Carajás no que a policía militar do estado brasileiro de Pará asasinaba 19 labregos Sem Terra. A matanza perpetrouse en 1996, polo que neste 2016 se cumpre o seu vixésimo aniversario.

  2. Grupo fortalecemento sector lácteo

    Outro encontro do Plan de Fortalecemento do Sector Lácteo que se salda sen medidas concretas para atallar a crise

    11 de Abril do 2016 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego participou, o pasado venres 8 de abril, na segunda xuntanza do Plano de Fortalecemento do Sector Lácteo, outra reunión auspiciada pola Consellaría de Medio Rural que só serviu para constatar a falla de vontade da Administración para asumir medidas valentes para atallar a crise, unha falla de vontade ben agachada tras datos, estatísticas e números cos que se tenta arrefriar o clamor dun sector lácteo que camiña cara ao abismo.

  3. Concentración PDSL en Compostela

    A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo celebra hoxe unha asemblea para organizar novas mobilizacións

    6 de Abril do 2016 · 

    A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo (PDSL), da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, anunciou que, esta mesma semana, iniciará unha nova etapa de mobilizacións que, desta vez, estarán centradas en denunciar a entrada de leite de fóra de Galiza para fornecer as industrias que operan na nosa terra.

  4. Xovenca frisoa

    Leite Río abandona a recollida en varias explotacións lácteas das comarcas de Ordes e Compostela

    31 de Marzo do 2016 · 

    O Sindicato Labrego Galego ten que denunciar, unha vez máis, o abandono de rotas de recollida de leite que vai deixar na estacada varias granxas da comarca de Ordes a partir do 1 de abril, xusto un día antes das mobilizacións anunciadas no sector. Neste caso, a empresa que deixa de recoller é Leite Río, alegando dificultades de acceso a unhas granxas ás que lles estivo mercando o leite sen problemas nos últimos anos.

  5. Manifestación 31 marzo

    Comunicado da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo diante da manifestación convocada para o 31 de marzo

    28 de Marzo do 2016 · 

    Os colectivos integrantes da Plataforma pola defensa do sector lácteo galego reunidos en asemblea o luns, 21 de marzo, en Santiago de Compostela, acordamos o inicio dun calendario de mobilizacións nos próximos días diante das ameazas de deixar de recoller o leite ás que estamos sometidas numerosas granxas e cooperativas galegas, os prezos ruinosos, o feito de que as subas aplicadas ás persoas consumidoras por parte da distribución en ningún caso están a supor unha mellora no prezo que percibimos as persoas produtoras, e a pasividade total da Consellería do Medio Rural e do Goberno da Xunta fronte á situación crítica das ganderías de leite galegas.

  6. Concertinas

    A ECVC solidarízase coas persoas refuxiadas e avergóñase dos políticos e políticas que nos representan

    21 de Marzo do 2016 · 

    A Asemblea Xeral da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), celebrada a semana pasada en Bagnolet (Francia), aprobou unha resolución coa que se solidariza cos miles de refuxiados e refuxiadas que arriscan a vida fuxindo da guerra e da persecución política para recibir asilo en Europa. De seguido, compartimos con vós o texto íntegro da ECVC.

  7. Explotación leiteira

    As medidas presentadas pola Comisión Europea para o sector lácteo agravarán aínda máis a crise actual

    17 de Marzo do 2016 · 

    Para o Sindicato Labrego Galego, as propostas que saíron do Consello Ministerial de Agricultura da Unión Europea, celebrado o 15 de marzo en Bruxelas, non achegan solucións reais á crise actual do sector lácteo e fan ouvidos xordos ás peticións as peticións do propio sector nos diversos países comunitarios.

  8. Migrantes e ovo

    O Sindicato Labrego Galego apoia as protestas para esixir políticas migratorias baseadas na dignidade humana

    16 de Marzo do 2016 · 

    As migracións actuais a Europa están motivadas por guerras alentadas, apoiadas ou provocadas por Europa no marco da alianza occidental que mantivo e mantén dende conflitos bélicos en países como Iraq, Libia, Siria e outros. Nestes casos era previsible que estas políticas supuxeran as desastrosas consecuencias humanitarias que están a padecer as poboacións dos países afectados.

  9. Isabel Vilalba Seivane

    Unha equipa humana renovada coordinará o traballo do Sindicato Labrego Galego os vindeiros catro anos

    13 de Marzo do 2016 · 

    O IX Congreso, que se celebrou este 12 de marzo en Lugo, deu moito de si e sería moi difícil tentar resumilo nun só texto. Vai agora un adianto das principais novidades que propiciou o máximo órgano de goberno do Sindicato Labrego Galego, tanto a nivel organizativo como de equipa humana, co apoio unánime da afiliación.

  10. Isabel Vilalba Seivane

    IX Congreso: aposta por un modelo agrario cuxa dimensión a marquen as persoas e non o lucro das grandes empresas

    13 de Marzo do 2016 · 

    O IX Congreso do SLG arrincou coa defensa do relatorio sindical que fixo a secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, seguida das intervencións dos diversos responsábeis sectoriais que analizaron a actuación desta organización agraria en diversas frontes. Se houbese que buscar un denominador común destas alocucións, este sería a aposta por un modelo agrario cuxa escala a marquen as persoas e non o lucro de grandes empresas, un modelo cuxo obxectivo fundamental sexa fornecer a sociedade con alimentos sans e de calidade e que faga da profesión agraria un traballo do que se poida vivir dignamente no medio rural.

  1. Anterior
  2. 5
  3. 6
  4. 7
  5. 8
  6. 9
  7. 10
  8. 11
  9. Seguinte