A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2016

Novas: 2016

  1. IX Congreso do SLG

    O SLG celebra este sábado o seu IX Congreso en Lugo baixo o lema “Terra, prezos dignos e soberanía alimentaria”

    11 de Marzo do 2016 · 

    Tras un proceso con máis de trinta asembleas comarcais que se desenvolveu durante o mes de febreiro, o Sindicato Labrego Galego celebrará, este sábado 12 de marzo, o seu IX Congreso baixo o lema “Terra, prezos dignos e soberanía alimentaria”, que terá lugar no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. Con este lema o Sindicato Labrego quixo facer fincapé nas principais loitas que está a desenvolver en relación coa defensa da terra como dereito e recurso imprescindible para a produción de alimentos; e coa demanda duns prezos mínimos que recoñezan o labor esencial que os labregos e labregas exercen na sociedade e dignifiquen o exercicio da súa profesión.

  2. 8 de marzo

    A Secretaría das Mulleres do SLG no 8 de marzo: "Construindo feminismo, destruindo capitalismo"

    7 de Marzo do 2016 · 

    Dende a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego queremos denunciar e remarcar neste 8 de marzo a dobre invisibilización que sufrimos as mulleres labregas, pola nosa dobre condición de mulleres e labregas. Ademais, neste 8 de marzo queremos ter unha especial lembranza para a nosa compañeira da Vía Campesina, Bertha Cáceres, asasinada por loitar contra a inxustiza en Honduras; e co Barco de Mulleres Rumbo a Gaza que se fretará para denunciar diante da opinión pública o apartheid que sofren 1'8 millóns de palestinos e palestinas.

  3. Charla catastrazo xermade SLG

    O SLG denuncia que o concello de Xermade non bonifica o IBI dos inmobles para actividades agrogandeiras

    4 de Marzo do 2016 · 

    A coordinadora do Sindicato Labrego Galego na Terra Chá, Margarida Prieto Ledo, ofreceu en Xermade unha charla informativa, o 3 de marzo, para explicarlle á veciñanza o proceso de regularización catastral que se vén desenvolvendo neste concello lucense dende o 16 de decembro de 2014 e que rematará o vindeiro 30 de marzo.

  4. Phil Hogan

    A Coordinadora Europea da Vía Campesina chama a orde á Comisión Europea pola crise no sector lácteo

    4 de Marzo do 2016 · 

    Unha delegación de organizacións da Coordinadora Europea Vía Campesina (ECVC), vidas de Portugal, Francia, do Estado español e Bélxica, reuniuse, o 3 de marzo, co comisario de Agricultura, Phil Hogan, para explicar a súa perspectiva con respecto á situación dramática sufrida polos produtores e produtoras de leite e para compartir as súas solucións para saír da crise.

  5. Concentración cunícola

    Grandes matadoiros abren granxas de integración e deixan de recoller coello de explotacións independentes

    29 de Febreiro do 2016 · 

    Tras dous anos con prezos en orixe por baixo de custos, a COAG e o Sindicato Labrego Galego consideramos inadmisible a actuación dos grandes matadoiros que operan no sector cunícola. “Ao tempo que afirman que sobra o 30% da produción de coello para xustificar os baixos prezos, están a abrir granxas de integración e ameazando con deixar de recoller a produción das explotacións independentes. A transparencia na cadea de valor brilla pola súa ausencia. Estamos cansos e cansas de mentiras e de que todo o mundo leve a súa marxe a costa dos produtores e das produtoras”, subliñou Xosé Luís Santaclara, responsábel do sector cunícola de COAG e produtor na Galiza.

  6. Manifestación contra OXM

    Alerta ambiental: o cruce do transxénico MON810 cunha especie invasora pon en perigo o cultivo de millo no España

    26 de Febreiro do 2016 · 

    Diversas organizacións da sociedade civil, entre as que se atopa a COAG, enviaron unha carta ao Goberno en funcións e á Comisión Europea alertando sobre un antepasado silvestre do millo, o teosinte, que apareceu no Estado Español e estase dispersando nas zonas produtoras de millo como unha especie invasora. Este parente afastado do millo, o teosinte, pode cruzarse co millo cultivado e formar híbridos.

  7. Conferencia intermedia Via Campesina Izmir

    Conferencia Intermedia da Vía Campesina: “Globalizar a loita” non é só unha consigna, é unha estratexia política

    25 de Febreiro do 2016 · 

    Do 21 ao 25 de Febreiro, A Vía Campesina está a celebrar a súa conferencia intermedia, que incluíu unha asemblea mulleres e outra de mocidade, preto da comarca de Seferihizar, en Izmir (Turquía). Esta conferencia intermedia é un espazo de avaliación para dar seguimento ás accións e compromisos asumidos ao cabo de 2 ou 3 anos despois de ter celebrado a Conferencia Internacional (a última foi en Yakarta -Indonesia- en 2013). A esta conferencia intermedia de Izmir acudiron máis de 100 delegadas e delegados de diversas organizacións labregas de todo o mundo. 

  8. Lácteos Riotorto

    O SLG pide solucións á crise en Lácteos Riotorto, que baixará 7 céntimos ás granxas que lle venden o leite

    24 de Febreiro do 2016 · 

    A empresa lucense Lácteos Riotorto vén de comunicarlle ás granxas que lle fornecen leite que terá que pagarlles, a partir do 1 de marzo, a 19 céntimos o litro, o que supón unha baixada de 7 céntimos con respecto ao que lles pagaba. Segundo puido saber o Sindicato Labrego Galego, o motivo desta brusca depreciación ten que ver con que a industria á que lle revendía o leite Riotorto, que é unha pequena queixería que vende o leite que lle sobra na fabricación dos queixos, deixou de mercarlle.

  9. TTIP

    280 organizacións de Europa, Canadá e EEUU denuncian a inclusión de privilexios aos inversores estranxeiros no TTIP

    23 de Febreiro do 2016 · 

    Diante da duodécima rolda de negociacións do TTIP, 280 organizacións da sociedade civil europea, co apoio de grupos canadenses e dos EEUU, reclamamos á Comisión Europea e ao representante de Comercio estadounidense, a eliminación do Mecanismo de Resolución de Disputas entre Inversores Estranxeiros e Estados (ISDS polas súas siglas en inglés); e tamén a eliminación da súa alternativa, o chamado Sistema Xudicial de Investimentos (ICS) do TTIP, do CETA e de calquera outro tratado de comercio. Esta cuestión volve á mesa de negociacións logo tras dous anos.

  10. Isabel Vilalba co Grupo Mixto

    A Plataforma en Defensa do Leite reúnese cos grupos do Parlamento de Galiza para buscar solucións á crise

    23 de Febreiro do 2016 · 

    A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo vén de rematar unha rolda de contactos con tódolos grupos políticos do Parlamento de Galiza para instalos a non deixar no esquezo a crise que seguen a sufrir as nosas granxas. O 19 de febreiro celebrouse un primeiro encontro co PP, que tivo continuidade coas reunións con PSOE, AGE, BNG e Grupo Mixto o 22 de febreiro. Por parte do Sindicato Labrego participou en tódalas xuntanzas a súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane.

  1. Anterior
  2. 5
  3. 6
  4. 7
  5. 8
  6. 9
  7. 10
  8. 11
  9. Seguinte