A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2017

Novas: 2017

  1. O Sindicato Labrego Galego insta á Consellaría de Medio Rural a actuar diante da inminente caída do prezo do leite

    Lactalis 16 de Xaneiro do 2018 · 

    Nas conversas entre transportistas e os gandeiros e gandeiras que producen leite na Galiza, xa se está a estender o rumor de que nesta primavera volverán caer os prezos do leite. Trátase dunha práctica que vén de vello na que os choferes dos camións cisterna das industrias van afacendo a produtores e produtoras á idea de que a caída do valor do leite é algo inevitable que acontecerá si ou si.

  2. O SLG denuncia ante Medio Rural os abusos de Facenda nas axudas de incorporación e na transmisión de granxas

    Xuntanza SLG Belén Do Campo 12 de Xaneiro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego mantivo, o 11 de xaneiro, un encontro de traballo coa directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta, Belén do Campo, no que se denunciaron as prácticas abusivas da Axencia Tributaria ao gravar as axudas de incorporación de xente moza á actividade agraria ou o traspaso de granxas entre familiares. Por parte da organización agraria asistiron ao encontro Conchi Docampo e María Ferreiro, ambas integrantes da Executiva do SLG.

  3. O SLG detecta erros masivos na revisión catastral de Vilalba que afectan 1.200 expedientes de granxas no municipio

    Catastrazo 11 de Xaneiro do 2018 · 

    En días pasados, o Concello de Vilalba anunciaba a aprobación de bonificacións na aplicación do Imposto de Bens Inmobles (IBI) coa intención de minguar o forte impacto económico que a revisión catastral realizada neste municipio ía ter nas economías familiares, especialmente no rural e nas propiedades das granxas. Porén, esta boa nova verase ensombrecida polos erros masivos que se cometeron na Regularización catastral.

  4. Medio Rural e Agricultura substitúen a política leiteira por propaganda para maquillar os peores prezos da UE

    Vacas frisoas 9 de Xaneiro do 2018 · 

    Nun alarde de optimismo, a Consellaría de Medio Rural comezaba o ano 2018 publicando un comunicado no que se xactaba de que Galiza era “a comunidade española na que máis medrou o prezo dende novembro de 2015”, enfeitando a aseveración cunha morea de cifras e mesmo atrevéndose a sacar peito na cuestión dos valores lácteos ao dicir que nese aumento quedamos por riba de comunidades veciñas Asturias ou Cantabria.

  5. O Concello de Muras aproba a redución do IBI ás granxas pero concede só tres días de prazo para solicitala

    IBI 27 de Decembro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere avisar a toda a veciñanza do rural de Muras que o concello vén de abrir o prazo de solicitude para pedir a redución do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ás granxas. Isto acontece despois de que, a finais de 2016, o pleno aprobase inicialmente a ordenanza que o permite; e esta fose aprobada definitivamente e publicada no BOP de Lugo onte, 26 de decembro. Dado que a aplicación da redución do IBI comezaría a ser efectiva dende o 1 de xaneiro de 2018, as persoas que queiran solicitar esta bonificación terán que facelo nos tres días hábiles que lle quedan ao ano 2017: 27, 28 e 29 de decembro. Cando leas isto, só quedarán dous días.

  6. Fouce 317: Repasamos o que deu de si o último trimestre do ano 2017 para a agricultura e o rural galegos

    Fouce 317 22 de Decembro do 2017 · 

    Durante as últimas semanas, estivemos adiantando, paseniño, boa parte dos contidos do noso último voceiro publicado, o Fouce 317. As entrevistas a Eduardo Quintás, mozo gandeiro enfrontado ao proxecto mineiro en Touro e O Pino, ou a Xosé María Vilaverde, labrego a pesares de todo; ou a estensa crónica do II Foro Labrego de Agroecoloxía; xa estiveron circulando polas redes sociais. Agora, podedes descargar o periódico completo na icona que atoparás no remate desta páxina para repasar a actualidade do noso medio rural e da nosa agricultura a través de textos sobre como nos afectan acordos de libre comercio como Mercosur, a nova Lei de Depredación de Galiza, a política catastrófica do Partido Popular contra os lumes ou a intensa campaña da Secretaría das Mulleres do SLG en torno ao 25N.

  7. A telematización dos procedementos administrativos discrimina a cidadanía do rural en Galiza

    Burocracia Xunta 21 de Decembro do 2017 · 

    O 2 de outubro de 2015, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaba unha Lei de Procedemento Administrativo que obrigaba a telematizar o traballo das administracións e que entraría en vigor un ano despois, en outubro de 2016. É dicir, que dende hai un ano, as entidades asociativas e persoas xurídicas deben relacionarse obrigatoriamente coa Administración por vía telemática, proceso que tamén se está dando cada vez con máis forza coas persoas físicas.

  8. O PP rexeita o plan de choque contra a Velutina e seguirá coas medidas que permitiron a invasión do 70% da Galiza

    Velutina 21 de Decembro do 2017 · 

    Despois da intensa campaña que fixemos dende a Plataforma STOP Velutina para levar ao Parlamento de Galicia un plan de choque contra a avespa asiática, o Partido Popular acabou impoñendo a súa maioría absoluta, na sesión do 20 de decembro, contra as propostas non de lei presentadas por En Marea, BNG e PSOE neste sentido.

  9. Plan Forestal de Galicia: a Consellaría de Medio Rural comeza a casa polo tellado...

    Eucaliptos 20 de Decembro do 2017 · 

    O pasado luns, 18 de decembro, celebrouse unha nova xuntanza do Consello Forestal de Galicia na que a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández Couto, presentaron a revisión do Plan Forestal de Galicia (PFG). Mentres a nosa equipa técnica está a estudar o documento, dende o Sindicato Labrego Galego queremos valorar a propia presentación do mesmo que se fixo por parte da Consellaría de Medio Rural e que, a nunha primeira impresión, semella que a revisión do PFG non vai mudar nada a política forestal da nosa terra.

  10. O SLG celebra o seu Congreso do Leite nun contexto no que Galiza perde 10'66 millóns ao mes polos baixos prezos

    Congreso do Leite 16 de Decembro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o 15 de decembro, o seu Congreso do Leite en Ordes (A Coruña), onde a gandeira vilalbesa Lupe Prado foi reelixida responsábel do sector. A Dirección do Leite do SLG saínte deste congreso, cuxos membros foron elixidos en asembleas comarcais que se celebraron nas últimas semanas por toda a xeografía galega, terá entre as primeiras tarefas da súa axenda nomear catro representantes provinciais que apoiarán a Lupe Prado no día a día das súas responsabilidades sindicais.

  1. Foro de Agroecoloxía

    II Foro de Agroecoloxía: Compra pública de alimentos ou o que se podería facer con 3.000 millóns de euros

    21 de Decembro do 2017 · 

    Para rematar os texto sobre o II Foro Labrego de Agroecoloxía, incluímos este sobre o conversatorio que houbo na tarde do domingo, 29 de outubro, ao redor da compra pública de alimentos, que é un dos mellores xeitos, por parte das diversas administracións, de apoiar as producións ecolóxicas: mercándoas para fornecer hospitais, comedores escolares, restaurantes e cafetarías de institucións públicas, exército, centros penitenciarios, etc.

  2. II Foro Labrego Agroecoloxía

    II Foro de Agroecoloxía: Produción e consumo coinciden en demandar maior apoio institucional na comercialización

    19 de Decembro do 2017 · 

    O primeiro conversatorio que se celebrou no II Foro Labrego de Agroecoloxía versou sobre as relacións entre produción e consumo e contou con representantes dos Foros Ecolóxicos do Barbanza (A Coruña), do mercado 4 Ponlas (Pontevedra), da tenda lucense Bico de Grao e da Rede de Consumo O Careón, de Melide (A Coruña).

  3. Rexistro velutina

    A Plataforma STOP Velutina leva a loita contra a avespa asiática até o Parlamento de Galicia

    14 de Decembro do 2017 · 

    As voceiras da Plataforma Stop Velutina -Galicia, Laura García e Diego Sánchez rexistraron, o 13 de decembro, unha iniciativa parlamentaria coa que pretenden chamar a atención da Xunta e o fixeron acompañados por representantes dos grupos parlamentarios da oposición.

  4. Pedro Murias

    O Sindicato Labrego da Mariña reclama a recuperación da formación agroecolóxica na Escola Pedro Murias de Ribadeo

    12 de Decembro do 2017 · 

    Vai para un ano que, a iniciativa de profesionais mariñáns de longa traxectoria e convocadas polo Concello de Ribadeo, diversas entidades relacionadas co medio rural xuntámonos para falar da deriva de abandono da Escola Pedro Murias de Ribadeo.

  5. Foro Agroecoloxía

    II Foro de Agroecoloxía: Mostra de proxectos de comercialización de alimentos agroecolóxicos

    11 de Decembro do 2017 · 

    No #Fouce317 vén unha ampla crónica do II Foro Labrego de Agroecoloxía, que se celebrou nas instalacións da Illa de San Simón o 28 e 29 de outubro. Compartimos con vós un resume da palestra que levou por título "Proxectos de comercialización de alimentos agroecolóxicos", e que contou coas intervencións de Biocoop, Nutrenbio, Bioalai e MiMá.

  6. Mastín

    Medio Ambiente deixa sen efecto as axudas para prever ataques da fauna salvaxe ao impoñer prazos inasumibles

    5 de Decembro do 2017 · 

    O pasado xoves, 30 de novembro, comezáronse a recibir as primeiras resolucións de axuda para a implantación de medidas preventivas fronte aos ataques de lobo e xabaril. Esta semana, é previsible que moitas persoas beneficiarias destas subvencións sigan recibindo aínda resolucións.

  7. xosé María Vilaverde

    Xosé María Vilaverde: "Cando fun á oficina agraria dicir o que quería facer, dixéronme que era imposible”

    4 de Decembro do 2017 · 

    A Quinta da Vacaloura é unha granxa ecolóxica da parroquia de Naraío (San Sadurniño) onde Xosé María Vilaverde, paseniño, vai construíndo, xunto coa súa familia, un medio de vida que non ten moito que ver coa súa formación académica-Ciencias Políticas, Xestión de Cooperación Internacional e ONGs- pero si coa súa conciencia e compromiso co entorno, o planeta e ideas como a soberanía alimentaria.

  8. Feijóo e o rural

    Editorial Fouce 317: "Para Feijóo o rural vai ben mentres o sector lácteo galego perde 10'66 millóns cada mes"

    1 de Decembro do 2017 · 

    Compartimos con vós o editorial que abre o Fouce 317. Nel, damos un repaso á actualidade da Galiza labrega e a situación crítica que atravesa polas políticas nefandas para o medio rural do Goberno de Feijóo ou, tal e como explicamos, pola carencia total de políticas para agricultura e gandería.

  9. Eduardo de Touro

    Eduardo Quintás (gandeiro): "De que nos serve a mina en Touro se destrúe 150 postos de traballo na gandería?"

    30 de Novembro do 2017 · 

    Eduardo vive en Arinteiro, unha aldea de Loxo no concello de Touro. Hai catro anos, apostou o seu futuro á gandería facéndose titular da granxa familiar: 35 vacas de leite e carne e unhas 10 hectáreas de terras para mantelas. A incorporación de Eduardo sería unha boa nova para o rural se o meirande das súas terras, nas que agora nace a herba sementada, non estivesen na zona cero dun proxecto mineiro de Atalaya Mining que ameaza o seu traballo e o de 150 labregos e labregas máis nos municipios de Touro e O Pino.

  10. PAC

    A ECVC denuncia que a reforma da PAC que prepara a CE non toca a raíz dos problemas da agricultura comunitaria

    30 de Novembro do 2017 · 

    Aínda que case ninguén fala dela, a Política Agraria Común custaralle os europeos e europeas, entre 2014 e 2020, máis de 408.000 millóns de euros. A pesares do astronómico da cifra, o medio rural e a agricultura comunitaria viven permanentemente en crise mentres as industrias e distribuidoras do sector seguen a engordar as súas millonarias contas de ingresos. Onte mesmo, a Comisión Europea fixo público un documento (podes descargalo na icona que atoparás no remate desta páxina) no que adianta as liñas xerais do que deberá ser a PAC máis alá de 2020. Por desgraza, máis do mesmo, tal e como denuncia a Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), da que forma parte o SLG.

  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. Seguinte