A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2017

Novas: 2017

  1. Couza guatemalteca

    O Sindicato Labrego Galego levará a crise da couza guatemalteca ao Consello Agrario Galego do 14 de febreiro

    12 de Febreiro do 2017 · 

    Trala xuntanza mantida esta semana entre a directora xeral de GandaríaAgricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén Docampo, e as organizacións agrarias, para tratar a crise da couza guatemalteca, temos claro que a Consellaría de Medio Rural segue de brazos cruzados nun problema que xa afecta os cultivos de pataca de 31 municipios do norte de Galiza. Por esa razón, dende o Sindicato Labrego solicitaremos a inclusión deste problema na orde do día do Consello Agrario Galego convocado para o 14 de febreiro.

  2. Congreso Carne SLG

    O Sindicato Labrego Galego celebra mañá en Guitiriz o seu Congreso do sector da carne de vacún

    10 de Febreiro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego elixiu a Escola Habanera de Guitiriz para celebrar, o 11 de febreiro, o seu Congreso de Vacún de Carne. Nesta ocasión, ademais de elixir unha nova Dirección sectorial e dúas persoas como responsábel e vicerresponsábel -que darán o relevo a Xosé Luís López Galán e Mercedes Alonso-; teremos como novidade a elección, a maiores, dun grupo de traballo que se encargará da axenda deste sector no día a día Sindicato Labrego Galego.

  3. Machismo mata

    A Secretaría das Mulleres do SLG apoia as manifestacións en repulsa polo asasinato machista do Carballiño

    31 de Xaneiro do 2017 · 

    A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego apoia as concentracións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres nas principais cidades e vilas galegas, hoxe 31 de xaneiro, en repulsa polo asasinato de Virginia Ferradás a mans do seu cónxuxe no Carballiño.

  4. Cabeceira Fouce 314

    Parte da intensa axenda de traballo do Sindicato Labrego Galego das últimas semanas vén recollida no Fouce 314

    30 de Xaneiro do 2017 · 

    Esta semana chegará ás casas un Fouce, o 314, no que se dá conta de importantes eventos organizados ou apoiados polo SLG nas últimas semanas, como o I Foro Labrego de Agroecoloxía, a Xornada sobre comedores escolares organizada pola Universidade de Vigo, o Foro Nyéléni de soberanía alimentaria, a axenda da Secretaría das Mulleres contra a violencia machista, o relatorio do Congreso de Vacún de Carne ou as Xornadas sobre pastoreo no sector lácteo da Terra Chá. Ao igual que a entrevista da contraportada a Sonia Couso (Cooperativa Amarelante), algúns destes contidos xa os compartimos con vós ao longo da semana pasada. Podedes descargar a publicación completa na icona que atoparedes no remate desta páxina.


  5. SAT Margá

    Xornadas sobre pastoreo no sector lácteo: O futuro do sector lácteo galego será con pastoreo ou non será

    27 de Xaneiro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego da Terra Chá organizou, o 10 e 13 de xaneiro, dúas xornadas sobre “Pastoreo no sector lácteo” en Meira e Vilalba. A intención destes foros foi a de promover un modelo produtivo no sector lácteo máis acorde ás potencialidades da Galiza, baseado nunha alimentación do gando en base a pastos e forraxes que incide, necesariamente, nunha maior calidade do produto final, na redución dos custes de produción nas granxas, unha maior fortaleza diante da volatilidade nos prezos dos insumos agrarios e un aumento da rendibilidade final da produción leiteira. 

  6. Sonia Couso

    Sonia Couso (Amarelante): “O noso proxecto foi concibido para que o valor engadido da castaña quede en Manzaneda”

    26 de Xaneiro do 2017 · 

    A Cooperativa Amarelante, dedicada á xestión integral de soutos en Manzaneda e Trives, foi unha das protagonistas do I Foro Labrego de Agroecoloxía. O seu exemplo, ao recuperar fincas de castiñeiros abandonadas para crear riqueza no rural é importante porque sería extensible a amplas zonas despoboadas das provincias de Lugo e Ourense onde o souto sempre foi unha parte importante da economía tradicional. Para afondar nesta experiencia, conversamos coa secretaria da cooperativa, Sonia Couso, cuxa formación en ciencias económicas e experiencia como xestora de fondos europeos é útil a un proxecto no que cadaquén achega o seu grao de area e no que seguen a ser indispensables os saberes labregos.

  7. Bandeira LGTBI boina

    Desurbanizando a cuestión LGTBI: onde quedamos as transmaribibolleras do rural?

    24 de Xaneiro do 2017 · 

    Por ÁNGEL AMARO, sociólogo e activista LGTBI. 

    Dun tempo a esta parte vense falado moito sobre as diversas estratexias de visibilización e asimilación que experimentou a comunidade LGTBI en diversos eidos, nomeadamente o mediático. En apenas 10 anos a cousificación identitaria que os medios de comunicación fixeron da sexodiversidade foi tan orquestrada e acelerada que agora xa resulta excesivamente complexo decatarse dos diversos estereotipos que se viñeron explotando e potenciando. 

  8. STOP TTIP CETA

    O SLG apoia as mobilizacións contra o CETA porque o tratado será nefasto para sectores coma o cárnico

    20 de Xaneiro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia as mobilizacións que se producirán mañá, 21 de xaneiro, en vilas e cidades de toda a Unión Europea contra o acordo de libre comercio con Canadá (Comprehensive Economic and Trade Agreement-CETA) porque traerá consecuencias nefastas para os nosos sectores agrogandeiros, especialmente o porcino ou o da carne de vacún. Isto é así porque, no intercambio de intereses que houbo nas negociacións, decidiuse que a UE podería exportar a Canadá 16.000 toneladas de queixo sen aranceis a maiores das 13.000 que exportaba até agora, a cambio de permitir que Canadá faga o mesmo con 65.000 Tn de carne de vacún e 80.000 de porcino.

  9. Lugo de cara ao Miño

    O SLG solidarízase coas persoas denunciad@s por INCA e apoia as accións convocadas por Lugo de cara ao Miño

    18 de Xaneiro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a concentración convocada por “Lugo de cara ao Miño” para o 20 de xaneiro diante dos Xulgados de Lugo; ao tempo que se solidariza coas tres persoas -Lola, Lois e Miguel- denunciadas pola empresa INCA, adxudicataria da explotación hidroeléctrica da Fábrica da Luz, por un suposto delito leve de coacción.

  10. Mozo labrego

    O SLG insta a Medio Rural para que reclame á AEAT a exención fiscal nas axudas de incorporación ao agro

    3 de Xaneiro do 2017 · 

    O ano 2016 remataba coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, presentando o reparto de fondos europeos do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR) 2014-2020 para apoiar pequenas granxas, plans de mellora nas explotacións agrarias e a incorporación de xente nova.

  1. Anterior
  2. 4
  3. 5
  4. 6
  5. 7
  6. 8
  7. 9
  8. 10