A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2017

Novas: 2017

  1. xosé María Vilaverde

    Xosé María Vilaverde: "Cando fun á oficina agraria dicir o que quería facer, dixéronme que era imposible”

    4 de Decembro do 2017 · 

    A Quinta da Vacaloura é unha granxa ecolóxica da parroquia de Naraío (San Sadurniño) onde Xosé María Vilaverde, paseniño, vai construíndo, xunto coa súa familia, un medio de vida que non ten moito que ver coa súa formación académica-Ciencias Políticas, Xestión de Cooperación Internacional e ONGs- pero si coa súa conciencia e compromiso co entorno, o planeta e ideas como a soberanía alimentaria.

  2. Feijóo e o rural

    Editorial Fouce 317: "Para Feijóo o rural vai ben mentres o sector lácteo galego perde 10'66 millóns cada mes"

    1 de Decembro do 2017 · 

    Compartimos con vós o editorial que abre o Fouce 317. Nel, damos un repaso á actualidade da Galiza labrega e a situación crítica que atravesa polas políticas nefandas para o medio rural do Goberno de Feijóo ou, tal e como explicamos, pola carencia total de políticas para agricultura e gandería.

  3. Eduardo de Touro

    Eduardo Quintás (gandeiro): "De que nos serve a mina en Touro se destrúe 150 postos de traballo na gandería?"

    30 de Novembro do 2017 · 

    Eduardo vive en Arinteiro, unha aldea de Loxo no concello de Touro. Hai catro anos, apostou o seu futuro á gandería facéndose titular da granxa familiar: 35 vacas de leite e carne e unhas 10 hectáreas de terras para mantelas. A incorporación de Eduardo sería unha boa nova para o rural se o meirande das súas terras, nas que agora nace a herba sementada, non estivesen na zona cero dun proxecto mineiro de Atalaya Mining que ameaza o seu traballo e o de 150 labregos e labregas máis nos municipios de Touro e O Pino.

  4. PAC

    A ECVC denuncia que a reforma da PAC que prepara a CE non toca a raíz dos problemas da agricultura comunitaria

    30 de Novembro do 2017 · 

    Aínda que case ninguén fala dela, a Política Agraria Común custaralle os europeos e europeas, entre 2014 e 2020, máis de 408.000 millóns de euros. A pesares do astronómico da cifra, o medio rural e a agricultura comunitaria viven permanentemente en crise mentres as industrias e distribuidoras do sector seguen a engordar as súas millonarias contas de ingresos. Onte mesmo, a Comisión Europea fixo público un documento (podes descargalo na icona que atoparás no remate desta páxina) no que adianta as liñas xerais do que deberá ser a PAC máis alá de 2020. Por desgraza, máis do mesmo, tal e como denuncia a Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), da que forma parte o SLG.

  5. Catastrazo

    A campaña do SLG en Vilalba conseguiu que o concello conceda reducións do 90% no IBI dos inmobles agrarios

    29 de Novembro do 2017 · 

    O 3 de xullo do ano 2015, o SLG rexistraba no Concello de Vilalba unha petición de modificación da ordenanza fiscal do IBI para mitigar o grave impacto que o procedemento de regularización catastral ía ter na economía das familias labregas vilalbesas. Dende aquela, dende o SLG desenvolvemos unha intensa campaña informativa, con xuntanzas veciñais e contactos con representantes municipais. Dous anos despois, o Concello de Vilalba atendeu a nosa petición.

  6. xornada violencias

    A Secretaría das Mulleres do SLG culmina cunha xornada na Estrada a súa campaña en torno ao 25 de novembro

    28 de Novembro do 2017 · 

    A secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego organiza mañá, mércores 29 de novembro, no local da Asociación de Mulleres Rurais de Tabeirós (A Estrada), unha xornada de análises e traballo en torno á violencia machista baixo o título “Labregas sementando igualdade”. Previamente, realizáronse obradoiros en localidades rurais como Ponteareas, O Rosal, Teixeiro, Lalín, ou nas parroquias compostelás de Marrozos e Sar.

  7. Impostos abusivos rural

    A mocidade do Sindicato Labrego Galego reclama de Medio Rural solucións á fiscalización abusiva da Axencia Tributaria

    9 de Novembro do 2017 · 

    Un grupo de mozos e mozas do Sindicato Labrego Galego vidos de diversos puntos de Galiza desprazouse hoxe, 9 de novembro, até Compostela para denunciar diante da Consellaría de Medio Rural as prácticas abusivas que están a sufrir por parte da Axencia Tributaria. E fixérono rexistrando un escrito dirixido á conselleira, Ángeles Vázquez, no que se lle reclama unha entrevista para poder expoñerlle esta problemática e que realice as xestións necesarias diante do Ministerio de Facenda para que os mozos e mozas que apostan contra vento e marea por labrarse un futuro na profesión agraria non sigan a sufrir a agresiva e inxusta fiscalización da Axencia Tributaria.

  8. Trailer rolos herba

    Graxas de Abadín doan un cargamento con 35 toneladas de herba a unha granxa d'As Neves damnificada polo lume

    7 de Novembro do 2017 · 

    Xesús Ferreira ten unha explotación de vacas de carne e ovellas na parroquia de Cerdeira, no concello pontevedrés d'As Neves. Na vaga de lumes que asolou Galiza na fin de semana do 15 de outubro, tivo a mala sorte de que lle arderán todos os pasteiros do que se alimentaba o seu gando: 35.000 metros cadrados de prados e todo o monte comunal da parroquia.

  9. Rolda do SLG

    As axudas pola seca constatan o desprezo da Xunta polo rural e condenan miles de granxas a unha ruína segura

    3 de Novembro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego ofreceu hoxe, 3 de novembro, unha rolda de prensa en Ourense para valorar a orde publicada pola Xunta para paliar os danos da seca e explicar a dramática situación á que, pola falta de efectividade destas axudas, se terán que enfrontar miles de granxas na Galiza, especialmente na provincia de Ourense.

  10. Mirene Begiristain

    O Foro do SLG remata co compromiso de tecer redes e traballar nas institucións para reforzar a agroecoloxía

    30 de Outubro do 2017 · 

    A segunda xornada do Foro de Agroecoloxía que está a celebrar o Sindicato Labrego Galego na Illa de San Simón comezou, este domingo 29 de outubro, coa intención de desenvolver, dende un punto de vista práctico, moitas das ideas e cuestións xurdidas o día anterior con respecto á comercialización. Adiantamos agora unhas liñas xerais do que deu esta xornada que iremos desenvolvendo nos vindeiros días.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte