A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2017

Novas: 2017

  1. Mani contra LFIIE

    O SLG apoia a manifestación do domingo contra a Lei de Depredación por deixar sen protección a nosa agricultura

    18 de Outubro do 2017 · 

    O Partido Popular aprobou onte, 17 de outubro, a Lei de Fomento das Iniciativas Empresariais (LFIIE), máis coñecida como Lei de Depredación de Galiza, que elimina de golpe unha grande cantidade de ferramentas legais coas que a cidadanía podía defenderse do impacto negativo de actividades empresariais nocivas e negativas para o medio ambiente e a vida das persoas.

  2. Marcha Stop Velutina

    Arrinca a Marcha Stop Velutina con unha concentración reivindicativa diante da Consellaría de Medio Rural

    18 de Outubro do 2017 · 

    Ante a alarmante situación que está sufrindo o medio ambiente a causa da imparable e devastadora praga da avespa velutina, a Asociación Galega de Apicultura xunto con outras asociacións da Cornixa Cantábrica decidiron organizar a Marcha Stop Velutina, que partirá o día 19 de outubro dende Santiago de Compostela, onde terá lugar unha concentración con motivo da saída da marcha, diante do edificio da Xunta de Galicia en San Caetano ás 10.30.

  3. Millo seco

    As axudas pola seca da Xunta deixan os sectores agrogandeiros indefensos nunha situación catastrófica

    16 de Outubro do 2017 · 

    O paquete de axudas para paliar os efectos da seca na agricultura que aprobou o último Consello da Xunta supón unha burla para o sector, habida conta que se trata de axudas que xa existían e que, a maiores, non van solucionar un problema como o da seca, asociado ao cambio climático, co que teremos que aprender a convivir no futuro.

  4. Incendio forestal

    O SLG acusa a Medio Rural de neglixencias directas que favoreceron a vaga de lumes catastrófica que asola Galiza

    16 de Outubro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa consternación e dó pola vaga de lumes que está a asolar Galiza e que arrasa milleiros de hectáreas e que xa provocou a morte de tres persoas. Dende o SLG, a nosa solidariedade cos miles de cidadáns e cidadás que, en maior ou menor grao, están a sufrir o impacto desta situación catastrófica. A maiores, a nosa máis enérxica condena da actividade criminal dos incendiarios causantes dos lumes por todo o dano e dor causadas e pola devastación irreparable que están a causar os seus actos.

  5. Incendio forestal

    O SLG denuncia que Medio Rural prescinde do persoal contra incendios cando Galiza segue en risco pola seca

    5 de Outubro do 2017 · 

    Hai un par de semanas, o grupo de organizacións que abandonamos o último Consello Forestal polos atrancos da Consellaría de Medio Rural á participación no Plan de Incendios de Galicia 2017 (Pladiga), denunciabamos que a mediados de setembro aínda non comezaran boa parte dos labores preventivos deste ano, que deberían terse feito no inverno e primavera pasados, antes de comezar a época de máximo risco de incendios (ver bit.ly/SenPrevLumes17).

  6. Dereitos labregos

    Un paso cara a adiante no proceso para termos unha Declaración Universal sobre os Dereitos Labregos na ONU

    4 de Outubro do 2017 · 

    A Vía Campesina, FIAN International e CETIM, así como as súas contrapartes, comprácense en anunciar que o Consello de Dereitos Humanos da ONU adoptou por ampla maioría unha nova resolución sobre os dereitos dos labregos e das labregas. Despois de varios anos de arduo traballo, esta é unha vitoria sen precedentes para a defensa dos dereitos da poboación rural do mundo.

  7. Alegacións San Rafael

    A mina de San Rafael pon en risco directo a vida de máis de duascentas persoas nos concellos do Pino e en Touro

    4 de Outubro do 2017 · 

    Unha comitiva de veciños e veciñas de Touro e da plataforma contraMINAcción acudiu, o 3 de outubro, até o Rexistro Xeral da Xunta de Galicia para facer entrega de 500 alegacións contra o proxecto da mina de San Rafael, que afecta unha ampla zona dos termos municipais de Touro e O Pino.

  8. Democracia é decidir

    30 de setembro: Manifestación nacional en Compostela en defensa dos dereitos e liberdades en Cataluña

    27 de Septembro do 2017 · 

    Este sábado, 30 de setembro, a Plataforma Galiza con Catalunya, conformada por diversas organizacións políticas, sociais, sindicais e culturais galegas, convoca unha manifestación nacional en Compostela con saída ás 12h da Alameda baixo o lema "Democracia é decidir".

  9. Xornada Ceres Outeiro de Rei

    Un cento de labregas abordan en Outeiro de Rei as problemáticas asociadas á titularidade compartida

    22 de Septembro do 2017 · 

    A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, a Asociación Labregas e a Confederación de Mulleres do Mundo Rural (Ceres) celebraron este venres, 22 de setembro, en Vida de Aldea (San Clodio de Aguiar, Outeiro de Rei, Lugo), unha xornada multidisciplinar financiada polo Ministerio de Agricultura na que se abordou a cuestión da titularidade compartida nas explotacións e á que asistiron case un cento de labregas.

  10. Fouce 316

    A Conferencia Internacional da Vía Campesina en Derio e o Foro LGTBI "O rural galego entende", a fondo no Fouce 316

    19 de Septembro do 2017 · 

    O Fouce 316 xa vai camiño das parroquias, e con el cumprida información no panorama agrario e rural da Galiza e parte do estranxeiro. Aos contidos que xa vos adiantamos estes días pasados en redes sociais -coma o Foro LGTBI, a Lei de Titularidade Compartida, a xestión de pragas ou a entrevista a Ángeles Santos-, habería que engadir outros temas como a situación en sectores coma o lácteo e o cárnico, a nova lei que grava as sementes reutilizadas, o CETA ou a Conferencia Internacional da Vía Campesina. Se queres saber máis do que publicamos no noso voceiro, non tes máis que descargalo premendo na icona que atoparás no remate desta páxina.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte