A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2017

Novas: 2017

  1. fouce 315

    Fouce 315: Da campaña contra a granxa das 20.000 vacas ás eleccións a consellos reguladores do 9 de xullo

    2 de Xuño do 2017 · 

    O Fouce 315 está chegando ás parroquias con moita información dos principais aconteceres en relación co agro, o rural e o SLG dos últimos meses: o noso congreso de vacún de carne, a campaña contra a granxa das 20.000 vacas, a couza guatemalteca, as mobilizacións do sector vitícola en demanda de axudas polas xeadas, o corenta aniversario da loita das Encrobas, etc. Tamén, neste número, un especial sobre as eleccións a consellos reguladores, que se celebrarán o vindeiro 9 de xullo. Podes descargar o teu exemplar en: bit.ly/Fouce-SLG

  2. couza guatemalteca

    "Cos sistemas de sanidade vexetal actuais, a couza guatemalteca vén para quedar", por Anxo Pérez Rúa

    1 de Xuño do 2017 · 

    No Fouce 315, o técnico do Sindicato Labrego Galego na comarca da Limia, Anxo Pérez Rúa, reflexiona sobre a expansión dunha nova praga, a couza guatemalteca, que mantén en xaque un dos principais cultivos e alimentos da Galiza: a pataca. 

  3. Manifestación Compostela

    "De como o eucalipto se nos foi das mans", por Diego Sánchez Agra, enxeñeiro forestal do SLG

    31 de Maio do 2017 · 

    Na sección Eira do Fouce 315, o enxeñeiro forestal do SLG, Diego Sánchez Agra, publica un artigo sobre a situación actual do cultivo do eucalipto que, hoxe en día, ocupa ao redor de 400.000 hectáreas e bosquexa novas ameazas no horizonte coma o seu cultivo intensivo para producir enerxía.

  4. Plataforma STOP Velutina

    A Plataforma STOP Velutina insta á Xunta a afrontar con medios suficientes a loita contra a avespa asiática

    31 de Maio do 2017 · 

    O 30 de maio, a Plataforma STOP Velutina, integrada por unha trintena de colectivos e organizacións entre as que se atopa o SLG, rexistrou un escrito dirixido ás consellarías de Medio Ambiente e Medio Rural reclamando a súa implicación na loita contra a avespa velutina, unha especie exótica invasora que ten en xaque os sectores apícola e froiteiro da Galiza e que representa unha auténtica ameaza para a seguridade cidadá.

  5. Manifestación Ourense

    Miles de persoas reclaman solucións en Ourense aos danos das xeadas en producións como a vitícola, apícola e castaña

    23 de Maio do 2017 · 

    Miles de persoas marcharon, este 23 de maio, polas rúas de Ourense para reclamar da Consellaría de Medio Rural que exerza as súas funcións e solucione a crise derivada dos estragos causados polas xeadas de abril e as choivas torrenciais e sarabiadas de maio que afectaron a sectores produtivos coma o vitícola, o da castaña ou o apícola.

  6. Días das Abellas

    Nace a Plataforma Stop Velutina para forzar o compromiso da Xunta e do Goberno na loita contra esta avespa asiática

    20 de Maio do 2017 · 

    Este 20 de maio, coincidindo co Día Mundial das Abellas, presentouse en Compostela a Plataforma Stop Velutina, unha rede de 24 organizacións e colectivos que nace da iniciativa da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e do Sindicato Labrego Galego. O obxectivo da Plataforma Stop Velutina é esixir a asunción de competencias sobre a problemática do tártago asiático por parte da Consellería de Medio Ambiente, no ámbito de Galicia; e máis do Ministerio de Agricultura, no ámbito estatal.

  7. CETA

    PP e PSOE unidos de novo para aprobar un tratado de libre comercio con Canadá nefasto para o rural galego

    18 de Maio do 2017 · 

    O Pleno do Congreso dos Deputados e das Deputadas vén de ratificar esta mesma mañá o acordo de libre comercio entre a UE e Canadá, co voto a favor do PP, PSOE, Cidadáns, PdeCAT, PNV e Coalición Canaria. O Sindicato Labrego Galego considera unha grave irresponsabilidade esta decisión porque pon en perigo o modelo social e profesional da agricultura da UE e a aposta estratéxica das nosas producións de calidade, a seguridade alimentaria, o benestar animal e o respecto ao medio ambiente.

  8. Queremos Galego

    Queremos Galego convoca unha grande manifestación de unidade a favor da nosa lingua en Santiago o 17 de maio

    16 de Maio do 2017 · 

    A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo entre os que se atopa o Sindicato Labrego Galego, convoca para este 17 de maio unha manifestación baixo o lema “en galego sen límites”. A marcha percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda.

  9. Manifestación O Ribeiro

    1.000 persoas secundan a manifestación do Ribeiro e convocan novas protestas o 23 de maio en Ourense

    13 de Maio do 2017 · 

    Un milleiro de persoas secundaron a multitudinaria manifestación en defensa do Ribeiro, apoiadas polos concellos locais e polo comercio da vila de Ribadavia, que pechou as súas portas en sinal de solidariedade mentres durou a marcha de protesta.

  10. Viñedo sarabia

    A sarabia arrasa a produción vitícola en Vilamartín e O Barco de Valdeorras e o SLG pide declaración de zona catastrófica

    12 de Maio do 2017 · 

    O que non destruíron as xeadas de abril en Valdeorras -que afectaron ao 70% das vides- ficou arrasado trala sarabia e as choivas torrenciais do serán do martes, 9 de maio. Así aconteceu nos viñedos onde se concentrou a sarabiada, principalmente nos municipios de Vilamartín e O Barco.

  1. Anterior
  2. 4
  3. 5
  4. 6
  5. 7
  6. 8
  7. 9
  8. 10
  9. Seguinte