A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. 2017

Novas: 2017

  1. Couza guatemalteca

    O SLG pide a compensación do lucro cesante das explotacións afectadas pola couza guatemalteca

    30 de Marzo do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere chamar a atención sobre a necesidade de indemnizar todas aquelas explotacións da área en corentena pola couza guatemalteca que producen pataca para vender. Trátase de explotacións de horta ou mixtas que dedican unha considerable superficie cada ano á plantación de pataca para a súa venda directa ou a almacenistas que, por mor das restricións impostas pola Consellaría de Medio Rural, terán cuantiosas perdas este ano ao non poder cultivar.

  2. Mani 25 marzo Roma

    Tralo 25 de marzo, a seguir traballando por unha nova PAC baseada na agroecoloxía e na soberanía alimentaria

    27 de Marzo do 2017 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o asesor da Executiva do SLG, Xosé Ramón Cendán, regresaron de Roma tras participar nos actos reivindicativos da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) con motivo do 60 aniversario do Tratado de Roma en base ao cal se fundou o xermolo do que naceu a actual Unión Europea.

  3. 25 marzo Roma

    O SLG en Roma para reclamar unha agricultura europea que protexa a terra, a saúde, o traballo e a dignidade labrega

    22 de Marzo do 2017 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o asesor da Executiva do SLG, Xosé Ramón Cendán, atópanse en Roma para participar nos actos reivindicativos que organiza a Coordinadora Europea da Vía Campesina con motivo do 60 aniversario do Tratado de Roma. De seguido, para enmarcar esta viaxe de traballo e loita, transcribimos o comunicado emitido hai unhas semanas pola ECVC anunciando as accións previstas para o 25 de marzo.

  4. Maria Vieites e Margarida Prieto

    Os proxectos da mineira norueguesa Erimsa ameazan 200 granxas e 500 empregos directos na comarca de Ordes

    18 de Marzo do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego ofreceu, o 17 de marzo, unha rolda de prensa para denunciar os proxectos de extracción de seixo (cuarzo metalúrxico) que a empresa norueguesa Erimsa pretende levar a cabo nos municipios de Frades, Mesía, Oroso e Ordes.

  5. Beatriz Figueroa

    Labregas analizan en Mondoñedo alternativas para dignificar a profesión en caso de enfermidade e tras xubilarse

    12 de Marzo do 2017 · 

    O seminario de Santa Catalina, en Mondoñedo, acolleu ao longo de toda a mañá do sábado o arranque do XII Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, que se está a celebrar durante toda esta fin de semana baixo o lema “Labregas por un trato digno na enfermidade e na vellez”. Foi un comezo intenso, cunha palestra na que un cento de labregas dialogaron sobre cuestións básicas para a súa vida profesional como as problemáticas á hora de abordar as baixas e incapacidades laborais, a loita das traballadoras que padecen enfermidades graves coma o cancro ou o incerto futuro do sistema de pensións.

  6. Rolda de prensa

    O XII Encontro da Secretaría das Mulleres do SLG abordará a violencia económica que padecen as traballadoras labregas

    7 de Marzo do 2017 · 

    O XII Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego celebrarase esta fin de semana, o 11 e 12 de marzo, na vila lucense de Mondoñedo. Así o anunciaron a secretaria xeral da organización agraria, Isabel Vilalba Seivane, e a responsábel da Secretaría das Mulleres, María Ferreiro Santos, nunha rolda de prensa ofrecida hoxe en Lugo.

  7. Día de Loita Feminista

    Manifesto do Día Internacional das Mulleres 2017

    3 de Marzo do 2017 · 

    Como outros anos, a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego participará activamente nas mobilizacións que se desenvolverán na Galiza con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. En concreto, as labregas tamén estarán na manifestación nacional convocada para o domingo 5 de marzo baixo o lema "Feminismo para avanzar. Todas unidas nunha mesma loita". De seguido, compartimos con vós o manifesto que se lerá ao remate da manifestación:

  8. Montes

    Medio Rural pode deixar decenas de montes sen axudas para silvicultura por unha corrección de erros de última hora

    24 de Febreiro do 2017 · 

    Nos últimos anos padecemos unha preocupante ineficacia por parte da administración forestal á hora de publicar documentos oficiais, con continuas modificacións tanto da lexislación sectorial como das convocatorias de axudas, e por erros que eles mesmos cometen. A última metedura de pata pode deixar sen axudas para prever danos por incendios e desastres naturais a boa parte das comunidades de montes galegas.

  9. Escrito Valedora Pobo

    O SLG leva Industria á Valedora do Pobo por negarse a declarar a caducidade das concesións a Erimsa

    16 de Febreiro do 2017 · 

    A equipa xurídica do Sindicato Labrego Galego vén de redactar e rexistrar unha queixa formal diante da Valedora do Pobo pola falla de resposta da Consellaría de Industria diante da petición expresa de declarar as caducidades das concesións mineiras Pastoriza 5562, Alicia 5917 e Karles 5919.

  10. Congreso Vacún de  Carne

    O SLG crea un grupo de traballo para enfrontar as principais problemáticas do sector da carne de vacún

    13 de Febreiro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o 11 de febreiro en Guitiriz, o seu Congreso de Vacún de Carne, un evento no que ademais de elixir unha dirección sectorial, nomeou un gandeiro e unha gandeira como responsábel e vicerresponsábel de sector: Lois Varela Carreira, d'A Conguada (Carteire, Palas de Rei) e Inés Casabella Requeijo, de Fanoi (Abadín). Ambos darán relevo ao seu predecesor e predecesora: Xosé Luís López Galán (Pedrafita do Cebreiro) e Mercedes Alonso (Cotobade). Ademais dunha dirección sectorial, no Congreso do SLG tamén se elixiu un grupo de traballo que se encargará da axenda deste sector no día a día Sindicato Labrego Galego.

  1. Anterior
  2. 4
  3. 5
  4. 6
  5. 7
  6. 8
  7. 9
  8. 10
  9. Seguinte