A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Agroecoloxía: 2009

  1. agricultura labrega, alimentación humana

    Hai unha resposta á crise climática actual: a agricultura labrega

    11 de Decembro do 2009 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia as mobilizacións e accións para esixir respostas reais ao cambio climático, tanto as que están tendo lugar estes días no marco do Cumio do Cambio Climático en Copenhague, nas que o SLG está representado pola Via Campesina; como a pedalada que vai ter lugar en Compostela mañá, sábado día 12, organizada pola Rede Galega Anticapitalista, da cal o SLG forma parte.

  2. Cartaz pedalada contra a mudanza climática

    Pedalada contra o cambio climático da Rede Galega Anticapitalista

    9 de Decembro do 2009 · 

    A Rede Galega Anticapitalista (Ra!), da cal o Sindicato Labrego Galego forma parte, presentou nunha  rolda de prensa celebrada na mañá de hoxe en Compostela a realización dunha pedalada colectiva contra o cambio climático o vindeiro sábado 12 de decembro, Día de Acción Global contra a mudanza do clima. ACTUALIZADA: Galería de imaxes.

  3. etiqueta transx

    O SLG considera impresentábeis as declaracións da ministra Espinosa en resposta á pregunta sobre OXM´s realizada o 28 de abril polo BNG no Congreso das Diputadas/os

    30 de Abril do 2009 · 

    En resposta a unha pregunta por iniciativa do  BNG, á ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, rexeitou no Pleno do Senado do 28 de abril prohibir o cultivo de transxénicos no Estado español,  amosando  a postura favorábel do Goberno respeito aos Organismos Modificados Xeneticamente (OMX).

  4. atreu

    Lídia Senra Rodríguez e Charo Sánchez Parga abordarán mañá n´A Coruña a grave ameaza que os OXM´s supoñen para a soberanía alimentar

    29 de Abril do 2009 · 

     Ás 20,30 de mañá, xoves 30 de abril, no C.S. Atreu: Travesía San Xosé, nº2, Montealto, A Coruña.

     

  5. granadamillo

    O SLG esixe a posta en marcha de mecanismos que faciliten o acceso a variedades de millo non transxénicas para a alimentación humana e do gando

    21 de Abril do 2009 · 

    Malia que recentemente vimos de coñecer a decisión do Goberno austríaco e alemán de acollerse á Cláusula de Salvagarda para rexeitar o cultivo de millo transxénico MON810 -do que o Estado español é o maior produtor da Unión Europea-, o MARM vén de incluír vintecinco novas variedades de millo transxénico no Rexistro de Variedades Comerciais do Estado español.

  6. carme freire en zaragoza2

    O Sindicato Labrego Galego esixíu onte en Zaragoza o dereito a unha agricultura e alimentación libres de transxénicos

    19 de Abril do 2009 · 

    Na mañá de onte tivo lugar en Zaragoza a primeira manifestación históricamente multitudinaria na contra dos organismos modificados xenéticamente (OXM´s) celebrada no Estado español.

    Tras o percorrido, Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, deu lectura ao manifesto canda un labrego aragonés que recentemente sufríu a contaminación da súa plantación de millo ecolóxico por mor do millo transxénico da multinacional Monsanto.

  7. Manifestación Zaragoza

    O SLG estará presente na manifestación por unha agricultura e alimentación libres de transxénicos mañá en Zaragoza.

    17 de Abril do 2009 · 

    A semana global de loita antitransxénica (do 13 ao 18 de abril) culminará, no que atanxe ás mobilizacións dentro do Estado español, coa grande manifestación que terá lugar mañá ás 12,00 en Zaragoza co lema “Por unha agricultura e alimentación libres de transxénicos”.

  8. monsanto

    Mobilización na Galiza con motivo do Dia Internacional da Loita Labrega: Enterro da Agricultura

    17 de Abril do 2009 · 

    A Plataforma Galega Antitransxénicos e a Rede Galega Anticapitalista convocan a mobilizarse ás 17:30 de hoxe na praza roxa de Santiago de Compostela.

  9. cartaz informativo Baihuca Vermelha

    Charla-coloquio sobre Soberanía Alimentar e Transxénicos mañá, venres 27, no C.S. Baihuca Vermelha de Ponte Areas

    26 de Marzo do 2009 · 

    Analizarase o tipo de alimentos que mercamos e consumimos, así coma a súa orixe (agricultura industrial e produtivista, transxénicos...) e que alternativas há desde o ponto de vista dunha agricultura labrega e centrada no País.

  10. Os transxénicos a debate

    Os transxénicos a debate mañá, 19 de marzo, ás 20.30 no C.S. Revolta de Vigo

    18 de Marzo do 2009 · 

    Lídia Senra, Secretaria de Organización do SLG, e Charo Sánchez Parga, Secretaria de Medio Ambiente, Terra e Montes, exporán a debate as consecuencias da produción e consumo de alimentos modificados xenéticamente.

  1. 1
  2. 2
  3. Seguinte