A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Agroecoloxía: 2009

  1. Xavier Simón e Serafín González

    “Non necesitamos máis tecnoloxía para enfrontarnos ao problema da fame, o que necesitamos son cambios políticos”

    18 de Febreiro do 2009 · 

    Científicos galegos respaldan a declaración de personalidades e organizacións da sociedade civil sobre as aplicacións da biotecnoloxía presentada hoxe na Galiza pola PGA

     

     

    Na mañá de hoxe a Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) vén de presentar oficialmente na Galiza a “Declaración Estatal contra os OXM´s: A sociedade civil contra o uso de transxénicos na agricultura e na alimentación”, dentro dunha acción coordenada a nivel estatal para a transmisión deste documento respaldado pola comunidade científica e impulsado polas organizacións Amigos de la Tierra, COAG, Ecologistas en Acción, Plataforma Rural e Greenpeace. Devandita declaración conta coa adhesión de máis de 450 investigadoras/es, docentes universitarias/os, organizacións profesionais agrarias, asociacións ecoloxistas, de consumidoras/es, de produtoras/es de agricultura ecolóxica, ONG´s do desenvolvemento e entidades privadas.

  2. Reunión da PGA con Núñez Rajoy

    A 24h da xuntanza da Comisión Nacional de Bioseguridad A PGA reuníuse con Andrés Núñez Rajoy, representante da Galiza en devandita comisión

    4 de Febreiro do 2009 · 

    Compostela Na mañá de hoxe representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos, dentro da orde de accións previstas polo colectivo coma reacción á recente publicitación de novas solicitudes de concesión de campos de ensaios experimentais, reuníronse co Xefe de Servizo de Produción Agraria Sostíbel e Sanidade Vexetal, Andrés Núñez Rajoy, representante da Galiza na Comisión Nacional de Bioseguridad (CNB , órgano consultivo estatal).

  3. PLATAFORMA GALEGA ANTITRANSXÉNICOS

    Accións perante da solicitude de autorización de liberación de OXM´s na Galiza

    28 de Xaneiro do 2009 · 

    A febleza do texto aprobado por consenso no Parlamento Galego o pasado 26 de Novembro, consecuencia da covardía política d@s nos@s representantes, foi apercibido polas multinacionais da biotecnoloxía como unha porta aberta para a liberación de novos OXM´s na Galiza de xeito experimental.

  4. Foro Social Mundial 2009

    O SLG levará a voz das labregas e labregos da Galiza ao Foro Social Mundial 2009

    26 de Xaneiro do 2009 · 

    Xosé Ramón Cendán, Responsábel de Relacións Internacionais do SLG, representará ao Sindicato Labrego Galego na celebración do Foro Social Mundial 2009 que terá lugar do 27 de xaneiro ao 1 de febreiro en Belém do Pará (Brasil).

  5. Un recente estudo revela os efectos que o  millo NK603xMON810 ten para a fertilidade

    A PGA alerta da sementeira de millo transxénico nos concellos de Arzúa, Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada, prevista para este ano

    26 de Xaneiro do 2009 · 

    Compostela. O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino vén de facer públicas 11 solicitudes de campos experimentais de millo transxénico das empresas Monsanto, Pioneer e Procase nun total de 67 concellos do Estado español.

     

    http://www.mma.es/portal/secciones/participacion_publica/calidad_contaminacion/liberac_procedimiento.htm

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2