A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Montes

  1. Esiximos retirar a proposta de Decreto da Xunta de Galicia que restaría gobernanza ás propietarias dos montes

    MonteFuturo- 31 de Outubro do 2023 · 

    Durante meses organizacións integrantes do Consello Forestal Galego consensuamos o texto que debería conformar o borrador. O texto a exposición non só non é o acordado, senón que vulnera a posición do mesmo, que vela pola propiedade social do monte

  2. O SLG organiza en Friol unha xornada de alternativas sostíbeis nas comunidades de montes

    XornadaMontes 25 de Outubro do 2023 · 

    O encontro terá lugar o sábado 28 de outubro no local social de Carballo, dende as 11:00h até as 18:00h. SLG, CMVMC de Carballo, Comuneiros dos montes do Chá, Comuneira do MVMC de Loentia, ORGACCMM participan na xornada

  3. A Fiscalía investiga á Xunta pola vaga de lumes deste verán

    LumesNuncaMáis 13 de Outubro do 2022 · 

    A Fiscalía iniciou dilixencias en base á denuncia presentada en agosto polas entidades que integran a plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” na que se sinalaba a Xunta como responsábel por inacción do alcance do desastre ambiental causado pola vaga de lumes.

  4. A Plataforma por un Monte Galego con futuro leva á Xunta ante a Fiscalía pola vaga de lumes

    ChandrexaLume 17 de Agosto do 2022 · 

    Denunciamos ante a Fiscalía e a Valedora do Pobo o desleixo do goberno da Xunta de Galicia ante a vaga de lumes que nas últimas semanas teñen producido graves efectos nos montes e ecosistemas de máis valor de Galicia.

  5. Frouma publica a guía 'Manexo de masas vexetais para a apicultura', sobre a importancia das abellas na Galiza

    abella e flor 5 de Abril do 2022 · 

    A Asociación Frouma, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego, publicou a guía 'Manexo de masas vexetais para a apicultura', baixo a coordinación do noso compañeiro Diego Sánchez. O estudo pon en valor a importancia das abellas como animais imprescindíbeis para a biodiversidade e para a produción de alimentos. Nel analízase a relación das abellas coas plantas, a tipoloxía de meles existentes, os efectos nocivos dos pesticidas e repárase no presente e futuro da apicultura na Galiza, afondando na caracterización das masas e propostas de manexo. O proxecto foi editado a finais de 2021 e conta co financiamento da Deputación da Coruña. Podes descargar a obra premendo na icona que atoparás ao final desta páxina.

  1. Lume forestal

    “Por un Monte Galego con Futuro” leva á fiscalía os lumes forestais en Reservas da Biosfera e Rede Natura

    21 de Abril do 2021 · 

    A plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” vén de se dirixir á Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo de Galiza para solicitar que se practiquen “as dilixencias oportunas e necesarias” para clarexar o acontecido nos incendios forestais producidos nos últimos meses e que afectaron a zonas integradas na Rede Natura 2000 ou Reservas da Biosfera.

  2. Por un monte galego con futuro

    Convocadas 22 accións en demanda da paralización do Plan Forestal e "Por un Monte Galego con Futuro"

    17 de Marzo do 2021 · 

    A Plataforma Por un Monte Galego con Futuro, da que o SLG fai parte, convoca para o vindeiro domingo, día 21 de marzo, ás 12:00 horas (agás en Ourense, que é ás 11:00), unha acción descentralizada en demanda da paralización do Plan Forestal imposto polo PP; da adopción de medidas específicas, a través dun regulamento, para aplicar de maneira efectiva a anunciada moratoria do eucalipto, impedindo novas plantacións mediante o reforzamento das medidas de control e vixilancia e en defensa dun monte con futuro.

  3. Eucalipto

    O SLG alerta do incremento na plantación de eucaliptos para eludir a moratoria anunciada por Medio Rural

    16 de Marzo do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito dirixido á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal advertíndolle do efecto chamada que provocou o anuncio de impoñer unha moratoria na plantación de eucaliptos na Galiza. Se ben estamos de acordo coa moratoria, pensamos tamén que esta debe establecerse de maneira inmediata, cun regulamento concreto e claro para o seu desenvolvemento, e con suficientes recursos para garantir o seu cumprimento pois, do contrario, e contra máis se agarde, podería provocar un resultado oposto ao pretendido, isto é: Que aumente aínda máis a superficie de eucalipto.

  4. Eucaliptos

    A Plataforma "Por un monte con futuro" demanda concreción na moratoria de plantación de eucaliptos

    4 de Marzo do 2021 · 

    A plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” (*) denuncia que a moratoria non terá valor ningún se non se establecen a través dun regulamento de medidas específicas para aplicala de maneira efectiva impedindo novas plantacións de eucalipto mediante un reforzamento das medidas de control e vixilancia.

  5. Fronte contra o Plan Forestal

    A Fronte contra o Plan Forestal convoca unha concentración de protesta diante do parlamento para o 23 de febreiro

    19 de Febreiro do 2021 · 

    Representantes da Fronte de organizacións Por un Monte Galego con Futuro anunciaron esta mañá en rolda de prensa a convocatoria dunha concentración para o vindeiro martes, día 23 de febreiro, contra a revisión do Plan Forestal. Un texto que se debaterá ese mesmo día no Parlamento de Galiza, e que previsiblemente será aprobado cos votos do Partido Popular, do que advertiron que terá graves consecuencias para o medio rural galego, desde a organización do territorio, até o modelo de xestión dos nosos montes, a nosa riqueza forestal ou no combate aos lumes forestais. En representación das máis de 50 organizacións “Por un Monte Galego con Futuro”, compareceron Benito Andrade, Diego Sánchez, Xosé Alfredo Pereira, Manuel da Cal e Paulo Carril.

  6. Lei Forestal

    A fronte de organizacións sociais contrarias á revisión do Plan Forestal de Galiza reuniuse hoxe co PSOE e co BNG

    9 de Febreiro do 2021 · 

    Trala xuntanza mantida o pasado venres co grupo parlamentario do PP, representantes da fronte de organizacións sociais, ecoloxistas, agrarias e sindicais que se opoñen á primeira revisión do Plan Forestal de Galiza (PFG) reuníronse hoxe, 9 de febreiro, co PSOE e o BNG no Parlamento de Galiza.

  7. Eucalipto

    Unha fronte social leva ao Parlamento a súa oposición ao Plan Forestal de Galiza argallado pola Xunta

    5 de Febreiro do 2021 · 

    Unha fronte de organizacións sociais, ecoloxistas, agrarias e sindicais1, entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego, veñen de iniciar unha campaña de rexeitamento á primeira revisión do Plan Forestal de Galiza (PFG), que se comezará a debater no Parlamento Galego o vindeiro 23 de febreiro.

  8. Parque eólico

    Medio cento de colectivos pedimos a moratoria a novos parques eólicos e outra normativa para o sector na Galiza

    19 de Novembro do 2020 · 

    Uns 60 colectivos galegos do ámbito ecoloxista, sindical, veciñal, cultural -entre os que se atopa o Sindicato Labrego Galego-, xunto con plataformas de persoas e comunidades de montes afectadas por parques eólicos abusivos en Galiza lanzan o manifesto "Aldeas con Horizonte" polo que demandan a moratoria de novos parques eólicos, a revisión dos xa aprobados nos que haxa conflito social e/ou ambiental e a elaboración dun novo marco normativo en materia eólica que promova no país un modelo de implantacion desta enerxía máis ordenado, sostíble, social, participativo, xusto e racional. Os colectivos asinantes pretenden con este manifesto alertar sobre a ameaza que está a supoñer para o rural galego a actual implantación de parques eólicos e que segue un modelo depredador e abusivo coas comunidades locais, ademais de desatender a normativa actual en materia ambiental, patrimonial e paisaxística. O manifesto que hoxe sae á luz indica un mínimo de 15 principios básicos que deberan guiar a nova normativa de desenvolvemento eólico en Galiza.

  9. Amarelante

    O SLG pide axudas para o sector da castaña e políticas activas para enfrontar un declive que se agudiza ano a ano

    4 de Novembro do 2020 · 

    A produción de castaña este ano en Galiza podería caer unha media ao redor dun 50% con respecto á do ano pasado segundo fontes do sector consultadas polo Sindicato Labrego Galego. Trátase dunha mingua en comparación cunha campaña, a de 2019, que xa foi mala de por si. Nada sorprendente vendo a pachorra coa que a Consellaría de Medio Rural segue a afrontar a maior crise que están a vivir os nosos soutos en décadas -a da avespa do castiñeiro-, a pesares de que levamos denunciando esta pasividade no SLG dende 2017, e mentres a produción de castaña segue a caer en picado ano tras ano.

  10. Monte queimado

    O SLG e outros colectivos esiximos accións urxentes para evitar a degradación dos espazos afectados polos lumes

    8 de Outubro do 2020 · 

    Un grupo de colectivos e organizacións agrarias, ecoloxistas e sindicais rexistramos, o 8 de outubro, un documento dirixido ás consellarías de Medio Rural e Medio Ambiente para que emprendan accións, con carácter de urxencia, de cara a paliar a degradación das áreas arrasadas polos lumes forestais este verán. De seguido, compartimos contigo o comunicado de prensa que acordamos. Tamén podes descargar, na icona que atoparás ao remate desta páxina, o documento completo rexistrado na Xunta.

Arquivo