A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Montes

  1. Medio Rural rompe o seu compromiso de crear unha mesa de traballo para os lumes no Consello Forestal de Galicia

    Tala carballos 21 de Maio do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego, Amigos da Terra e a Asociación Frouma veñen de rexistrar un escrito no que lle piden á Consellaría de Medio Rural a reformulación do funcionamento do Consello Forestal de Galicia (CFdeG), no que se refire á participación activa dos axentes sociais e sectoriais na elaboración de políticas forestais e de defensa do monte.

  1. Consello Forestal

    O mal funcionamento do Consello Forestal de Galicia volve derivar na exclusión dos axentes sociais do sector

    28 de Febreiro do 2019 · 

    Trala celebración da última xuntanza do Consello Forestal, o pasado 19 de febreiro, o Sindicato Labrego Galego, Asociación Frouma e Amigos da Terra queren denunciar, unha vez máis, a exclusión dos axentes do sector á hora de dialogar e traballar para facer políticas forestais de consenso.

  2. Vacas no monte

    Frouma publica o estudo "Territorios en común: Casas con fume, montes sen lume", sobre o monte veciñal na Galiza

    20 de Decembro do 2018 · 

    O 20 de decembro, presentouse no local da CMVMC de Balouta e Fontecova (Dodro) Territorios en común: casas con fume, montes sen lume. Trátase dun completo estudo promovido pola Asociación Frouma no que Lara Barros Alfaro (historiadora) e Diego Sánchez Agra (enxeñeiro forestal) afondan na historia e evolución dos montes veciñais e en man común na Galiza, con especial fincapé nos da provincia da Coruña e na función preventiva contra os lumes forestais que desempeñan. Este proxecto conta co financiamento da Deputación da Coruña. Se che interesa, podes descargar a obra premendo na icona que atoparás nesta páxina.

  3. Monte ordenado

    Unha plataforma de organizacións e colectivos pedimos a retirada da proposta de revisión do Plan Forestal de Galicia

    5 de Outubro do 2018 · 

    O pasado 3 de outubro, unha comitiva de representantes de varias organizacións e colectivos sociais, na que se atopaba Diego Sánchez Agra en representación do Sindicato Labrego Galego, rexistrou na Xunta un documento no que se solicitaba a anulación da proposta de revisión do Plan Forestal de Galicia e a elaboración dun novo documento de consenso. O novo plan que se redacte debería partir dunha planificación e información actualizada do monte galego e tendo en conta “a diversidade de hábitats e especies, a multifuncionalidade de usos, o fomento do arborado autóctono, o mantemento dos servizos ecosistémicos que prestan os montes galegos e a sustentabilidade económica e social”.

  4. Praia do Lago

    O SLG denuncia a tentativa de arrasar o piñeiral da praia do Lago (Muxía), protexido polo Plan de Ordenación do Litoral

    10 de Agosto do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de denunciar o incumprimento xeneralizado e o caos que se están a xerar na aplicación da normativa que obriga a rozar e talar franxas de seguridade de 50 metros en torno a vivendas ou núcleos habitados (ver: bit.ly/Caos-nas-Rozas). No marco desta denuncia, o SLG da Costa da Morte quere chamar a atención sobre a ameaza de corta que se cerne sobre o piñeiral da praia do Lago, en Muxía, incluído no Espazo de Interese Paisaxística Punta e Monte do Lago e, polo tanto, protexido polo Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (POLG) da propia Xunta.

  5. Tala

    O SLG constata o incumprimento xeneralizado das rozas de seguridade para protexer núcleos habitados dos lumes

    9 de Agosto do 2018 · 

    Aínda que o pasado 31 de maio expirou o prazo que daba a Xunta para rozar ou talar franxas de seguridade de 50 metros en torno a vivendas ou núcleos habitados, lonxe de terse cumprido o mandado estamos a comprobar que o único que temos a día de hoxe, en pleno mes de agosto e cos axentes forestais en folga indefinida para denunciar a precariedade das súas condicións laborais, é un incumprimento xeneralizado da norma.

  6. Lumes

    SLG, ORGACCMM, FEG, Amigos da Terra e Frouma piden a Mesa dos Lumes para traballar nun Pladiga de consenso

    27 de Abril do 2018 · 

    O 26 de xuño de 2017, Amigos da Terra, Asociación Frouma, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e Sindicato Labrego Galego (SLG) abandonamos o Consello Forestal Galego como protesta para denunciar as prácticas de entorpecemento á participación dos colectivos neste órgano no que se debaten as políticas forestais da Xunta. Facíamolo porque nos facilitaron o borrador do Plan de Defensa contra os Incendios de Galicia (Pladiga 2017) dous días antes do consello (trátase dun documento complexo de 300 páxinas), como un texto xa consumado que non se deixou nin debater e a excasos días de comezar a campaña.

  7. Mani 22 abril

    22 de abril: Manifestación en Compostela en defensa do monte veciñal e un plan forestal para un medio rural vivo

    10 de Abril do 2018 · 

    O 22 de abril haberá unha manifestación en Compostela convocada pola Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e apoiada, ademais de polo Sindicato Labrego Galego, por Fruga, CIG, Atrifoga, Asociación pola Defensa da Ría e Adega. O motivo da manifestación é a defensa do monte veciñal e en man común (MVMC) diante da revisión da lei que os regula e diante do novo plan forestal da Xunta. O lema da manifestación será “Pola defensa do MVMC, titularidade da veciñanza comuneira e por un Plan Forestal para un medio rural vivo”.

  8. Eucaliptos

    Plan Forestal de Galicia: a Consellaría de Medio Rural comeza a casa polo tellado...

    20 de Decembro do 2017 · 

    O pasado luns, 18 de decembro, celebrouse unha nova xuntanza do Consello Forestal de Galicia na que a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández Couto, presentaron a revisión do Plan Forestal de Galicia (PFG). Mentres a nosa equipa técnica está a estudar o documento, dende o Sindicato Labrego Galego queremos valorar a propia presentación do mesmo que se fixo por parte da Consellaría de Medio Rural e que, a nunha primeira impresión, semella que a revisión do PFG non vai mudar nada a política forestal da nosa terra.

  9. Incendio forestal

    O SLG acusa a Medio Rural de neglixencias directas que favoreceron a vaga de lumes catastrófica que asola Galiza

    16 de Outubro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa consternación e dó pola vaga de lumes que está a asolar Galiza e que arrasa milleiros de hectáreas e que xa provocou a morte de tres persoas. Dende o SLG, a nosa solidariedade cos miles de cidadáns e cidadás que, en maior ou menor grao, están a sufrir o impacto desta situación catastrófica. A maiores, a nosa máis enérxica condena da actividade criminal dos incendiarios causantes dos lumes por todo o dano e dor causadas e pola devastación irreparable que están a causar os seus actos.

  10. Incendio forestal

    O SLG denuncia que Medio Rural prescinde do persoal contra incendios cando Galiza segue en risco pola seca

    5 de Outubro do 2017 · 

    Hai un par de semanas, o grupo de organizacións que abandonamos o último Consello Forestal polos atrancos da Consellaría de Medio Rural á participación no Plan de Incendios de Galicia 2017 (Pladiga), denunciabamos que a mediados de setembro aínda non comezaran boa parte dos labores preventivos deste ano, que deberían terse feito no inverno e primavera pasados, antes de comezar a época de máximo risco de incendios (ver bit.ly/SenPrevLumes17).

Arquivo