A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Montes>
  5. A xefatura territorial da CMR en Ourense, a primeira representante da Administración en involucrarse na loita contra a pulguiña do carballo.

A xefatura territorial da CMR en Ourense, a primeira representante da Administración en involucrarse na loita contra a pulguiña do carballo.

18 de Febreiro do 2010

árbore afectada

O xefe territorial da Consellaría do Medio Rural (CMR) en Ourense, Ricardo Ignacio Vecillas Rojo, confirmou onte a súa vontade de reunirse con representantes das organizacións asinantes da Declaración e Solicitudes sobre a Praga da Pulguiña do Carballo, xuntanza que terá lugar en Ourense o vindeiro venres 26 de febreiro.

Co rexistro nesta semana de tres novas adhesións, son xa dazasete as entidades que aúnan esforzos pra tentar levar adiante unha loita conxunta coa Administración para facer fronte a unha praga presente nos nosos montes xa dende a década dos noventa, e que está a afectar maiormente ás zonas de Lugo e Ourense.

 

Valoramos moi positivamente este paso adiante cara a unión de esforzos expresado polo xefe territorial da CMR en Ourense, tendo en consideración ademais o feito de que a solicitude de xuntanza co seu organismo foi a última en ser rexistrada, o pasado 21 de xaneiro.

 

“Os últimos serán os primeiros”, máis tamén “nunca é tarde se a dita é boa”, polo que instamos ao Director Xeral de Montes (solicitada a xuntanza dende 12 de xaneiro), á Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais (solicitada a xuntanza dende o 14 de xaneiro), e á Delegada Territorial da Xunta de Galiza en Lugo, que ademais é unha das zonas máis afectadas (solicitada a xuntanza dende o 19 de xaneiro), a secundar o exemplo de Ricardo Ignacio Vecillas comezando a facer fronte a esta problemática ao carón da cidadanía.