A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Montes>
  5. Xuntanza co Subdirector Xeral de Recursos Forestais para abordar a problemática da pulguiña do carballo

Xuntanza co Subdirector Xeral de Recursos Forestais para abordar a problemática da pulguiña do carballo

7 de Abril do 2010

praga

Ás 11:00hrs. de mañá, xoves 8 de abril, representantes das entidades asinantes da Declaración e Solicitudes sobre a Praga da Pulguiña do Carballo manterán unha xuntanza con Subdirector Xeral de Recursos Forestais, José Luís Chan Rodríguez, para abordar a problemática derivada da praga da Altica quercetorum nas carballeiras do país.

Esta xuntanza -solicitada o 12 de xaneiro- supón a continuación da axenda de encontros coa Administración, iniciada coa entrevista mantida en Ourense con representantes da Delegación Territorial da Consellaría do Medio Rural no pasado mes de febreiro.

 

O encontro terá lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Montes (Compostela, San Lázaro) e asisitirán Charo Sánchez Parga -Secretaria de Medioambiente, Terra e Montes do SLG-, Diego Sánchez Agra -técnico forestal da Asociación Frouma-, Xosé Alfredo Pereira Martínez – Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común-, e Marcos Cardelle Espasandín -Decano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galiza-.

 

 

Coa adhesión do concello de Xinzo de Limia o pasado 25 de febreiro, son xa dezaoito as entidades que demandan á Administración, mediante o asinamento da Declaración e Solicitudes sobre a Praga da Pulguiña do Carballo, unha rápida actuación en materia de sanidade forestal baseada no control integrado de pragas .

 

Información relacionada:

 

Organizacións sociais, profesionais e concellos esixen á Consellaría do Medio Rural o reprantexamento da loita contra a pulguiña do carballo. [11 de Xaneiro do 2010]: http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=31&i=437

 

Rexistro da Declaración e Solicitudes sobre a Praga da Pulguiña do Carballo [12 de Xaneiro do 2010]: http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=31&i=438

 

O aumento do apoio social na loita contra a pulguiña do carballo contrasta co silencio mantido pola Administración. [15 de Febreiro do 2010]: http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=31&i=460

 

A xefatura territorial da CMR en Ourense, a primeira representante da Administración en involucrarse na loita contra a pulguiña do carballo.[18 de Febreiro do 2010]:http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=31&i=462

 

Valoración da incidencia en Ourense da praga da pulguiña do carballo. [26 de Febreiro do 2010]: http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=31&i=467