A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Montes>
  5. Slg, Aga, Verdegaia e a Plataforma para a defensa das Fragas do Eume critican a actual política forestal que leva consigo milleiros de hectáreas calcinadas no país

Slg, Aga, Verdegaia e a Plataforma para a defensa das Fragas do Eume critican a actual política forestal que leva consigo milleiros de hectáreas calcinadas no país

16 de Agosto do 2012

lume preto das casas

As organizacións SLG (Sindicato Labrego Galego), AGA (Asociación Galega de Apicultura), VERDEGAIA e Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume queremos manifestar úblicamente:

1º.-A nosa solidaridade coas persoas vítimas polo Gran Incendio que leva arrasadas maís de 1000

hectáreas no Barco de Valdeorras e mui en especial con aqueles que tiveron que ser atendidas polos
servizos de urxencias sanitarios ou perderon as súas casas e enseres. Tampouco queremos esquecer
os veciños e veciñas dos outros incéndios activos en Lugo e en Ourense.

2º.-Denunciar a inoperancia da Xunta de Galicia para preveer e extinguir os incéncios forestais que

se estan a converter nunha autentica praga que esquilma o medio ambiente forestal, produce
grandes perdas económicas e pon en perigo a integridade física das persoas, cada vez con máis
frecuencia.

3º.-Denunciar a política da Xunta de Galicia que aposta por medidas contrarias á explotación
racional do monte e favorece de xeito indirecto a pragas dos incéncios forestais; boa proba desto e a
recente aprobación da Lei de Montes ou o borrador do cultivos enerxéticos forestais.

4º.-Denunciar as políticas da unión europea, goberno central e Xunta de Galicia que tenden ao
abandono do medio rural co peche de explotacións agrarias e gandeiras convertendo esta políticas
nun dos factores fundamentais na expansion dos incéndios forestais e na imposibilidade do seu
control.

5º.-Denunciar a reducción nas partidas orzamentais na prevención e na extinción de incéndios que o
goberno do Sr. Feijoo ven facendo o que conleva menos medios materiais e humans para o control e
a prevención dos incéndios forestais.

6º.-Trasladar a opinión pública que as 4 organizacións decidiron sumar os seus esforzos e criar unha
organización nacional galega permanete que teña como fin vixiar, debater, propoñer, denunciar e
movilizar no intento de forzar actuacións e medidas políticas que rematen dunha vez coa praga
incendiaria que todos os anos asolan Galiza e que nos últimos 40 anos suman tantas hectáreas como
se o territorio galego tivera ardido unha vez na súa totalidade.

7º.-As 4 organizacións facemos un chamamento á sociedade civil e as distintas organizacións
(culturais, deportivas, veciñais, sindicais, políticas, cooperativas, persoas a titulo individual, ….)
para organizarse e movilizarse e presionar as distintas instancias administrativas e políticas para que
dunha vez por todas se tomen as medidas precisas para combater e preveer de xeito efectivo a praga
dos incéndios forestais na Galiza. 

lume preto das casas

Ficheiro adxunto