A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente

  1. Oposición social á captación de augas da fábrica ALTRI e campaña de alegacións á instalación da fábrica

    RpP Altri 15 de Marzo do 2024 · 

    Cada día consumiría 46 millóns de litros de auga limpa e vertería 30 millóns de litros contaminados. Afectaría directamente ás producións agrarias, ao marisqueo, a pesca, o turismo e benestar da poboación

  2. A pretensión de verter inxentes cantidades de herbicidas perigosos está a ser contestada pola veciñanza da Mariña

    cartaz velenos 23 de Maio do 2023 · 

    No día de hoxe, procedeuse a presentar no Concello de Ribadeo un bo número de manifestacións de desconformidade con esta pretensión da empresa NEDGIA GALICIA SA, do grupo Naturgy. O produto TORDON™ Star, que a empresa pretende aplicar en grande parte do trazado, é un herbicida moi tóxico.

  3. Inicio de mobilizacións para esixir solucións para as granxas excluídas das axudas ao sector ecolóxico e zonas desfavorecidas

    solicitude16d 16 de Decembro do 2022 · 

    Arredor de 200 produtoras/es acompañaron á SX do SLG no rexistro hoxe en Lugo da solicitude de entrevista co conselleiro. Inicio de campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas

  4. O SLG-CCLL leva unha vez máis o debate sobre a invasión eólica nas Reservas da Biosfera

    Mrb 16 de Decembro do 2022 · 

    Reiteramos a demanda de activación inmediata dunha moratoria á instalación de polígonos industriais nas Reservas da Biosfera. Solicitamos coñecer a evolución do informe iniciado polo Comité Científico do Programa MaB da UNESCO a finais do 2021

  5. O SLG solicita que se cubran todos os custos ocasionados polo lume na Galiza

    Imaxe do cartaz Lumes Nunca Máis 28 de Xullo do 2022 · 

    O goberno galego non foi capaz ou non quixo activar todos os medios, previstos no PLADIGA, para facer fronte aos incendios máis catastróficos. En setembro deberá comezar o debate para lograr un consenso social sobre os cambios precisos no modelo de prevención, que ten que implicar mudanzas importantes para que non se repita.

  6. Se mata ao medio rural, non é enerxía limpa nin transición xusta

    Hidro 7 de Febreiro do 2022 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e a Asociación Petón do Lobo damos a voz de alarma e manifestamos a nosa absoluta oposición ao proxecto da central hidroeléctrica Xistral (936 MWE), que o grupo de explotación enerxética aragonés Alatalaya Generación -con negocio tamén no sector eólico e fotovoltaico- ameaza con instalar nos concellos de O Valadouro, Ourol, Alfoz, Cervo e Xove (Lugo).

  7. A Conselleira de Medio Ambiente abandona precipitadamente a xuntanza do COGAMADS bloqueando a votación da moratoria eólica

    Fóra eólicos do rural 27 de Xaneiro do 2022 · 

    SLG-CCL, ADEGA, FEG e SGHN censuraron o comportamento da Conselleira e solicitaron a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel.

  8. Dúas das tres Reservas da Biosfera luguesas solicitarán unha moratoria para paralizar os parques eólicos, a solicitude do SLG

    MP 19 de Decembro do 2021 · 

    A Reserva da Biosfera Terras do Miño, e a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá comprometéronse, a instancia do Sindicato Labrego Galego, a solicitar á Xunta de Galicia unha moratoria que paralice de xeito inmediato os parques eólicos actualmente en tramitación.

  9. Alegamos contra a discriminación das granxas galegas con terra no borrador do RD para a nutrición sostíbel nos solos agrarios

    bosta 10 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas presentou hoxe quince novas alegacións ao Real Decreto polo se establecerán as normas para a nutrición sostíbel nos solos agrarios.

  10. Veciñanza afectada e SLG denunciamos irregularidades na exposición pública dos parques eólicos Mistral e Nordés

    Dificultades alegacións 16 de Novembro do 2021 · 

    O pasado 7 de outubro o Boletín Oficial da Provincia de Lugo recollía o anuncio de dous novos megaparques eólicos máis: Parque Eólico Mistral de 100,8 MW e infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER MISTRAL S.L.U), e o Parque Eólico Nordés de 67,2 MW e infraestrutura de evacuación nas provincias de A Coruña e Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER NORDÉS S.L.U. ).

     

     

  11. Unindo forzas a nivel global contra o espolio do medio rural

    CNI_16-17 15 de Novembro do 2021 · 

    A voceira do Congreso Nacional Indíxena (CNI) mexicano Mª de Jesus Patricio, Marichuy, e a integrante da Asamblea de los Pueblos Indígenas del Istmo en Defensa de la Tierra y el Territorio Nisaguie Abril Flores, estarán en Touro, Compostela e Vigo o martes 16 e o mércores 17 de Novembro

     


  12. Esiximos un verdadeiro plan de restauración da mina de Touro (Atalaya Mining)

    PDRA_131121 13 de Novembro do 2021 · 

    O actual proxecto de drenaxe integral debe estar incorporado a un verdadeiro plano de restauración e ter como obxectivo único asumir os pasivos mineiros e resolver o problema de contaminación existente actualmente derivado da anterior explotación e  desligarse de calquera futuro proxecto que se poida presentar para a explotación mineira porque a restauración é previa a calquera novo proxecto de explotación, conforme á directiva europea

  13. A solicitude do SLG, o Ministerio para a Transición Ecolóxica ordena estudar o impacto das estruturas de explotación enerxética nas Reservas da Biosfera

    EstudoBiosfera 9 de Novembro do 2021 · 

    O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico realizará, por unha banda, un informe conxunto sobre as incidencias dos parques eólicos nas Reservas de Biosfera, e, por outra, un estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares -incluído o seu repotenciamento- e infraestruturas asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera no Estado español.

  14. Endesa encarga investigacións para identificar e neutralizar colectivos sociais que dinamizan a resistencia contra a invasión eólica

    faixa eólicos non 5 de Novembro do 2021 · 

    Importando as mesmas estratexias de identificación de resistencias locais empregadas dende fai décadas para a explotación de recursos naturais nos países en vías de desenvolvemento, están a ser varias as multinacionais enerxéticas que, a través de consultoras medioambientais ao seu servizo, están a contactar aos colectivos que informamos, denunciamos e nos opoñemos á invasión eólica do medio rural galego.

  15. A Rede Galega Stop Eólicos chama a intensificar a loita frente a estratexia de desmobilización da Xunta

    rede galega stop eolicos 26 de Outubro do 2021 · 

    Comunicado da RGSE - A semana pasada tivemos coñecemento das modificacións legais que a Xunta de Galicia di que vai introducir no sector eólico. Dende a Rede Galega Stop Eólicos (RGSE) queremos alertar de que estas modificacións non van servir para afrontar os problemas que supoñen os proxectos eólicos que están en tramitación ante a Xunta na Galiza e ante o Ministerio en Madrid.

  16. A Terra Chá érguese contra unha nova ameaza eólica: Parque Eólico Mistral

    Mistral Non 25 de Outubro do 2021 · 

    Solicitamos oficialmente que sexa posto a disposición da cidadanía nas oficinal municipais información do proxecto eólico Mistral que ameaza aos concellos de Xermade e Guitiriz na Terra Chá.

  17. A Comisión Contra as Minas da Terra Chá denuncia actividade mineira ilegal na parroquia de Goá

    PlenoCospeito 17 de Outubro do 2021 · 

    Na Comisión Contra as Minas na Terra Chá vimos de ter noticia de que dende hai uns días se están a realizar labores mineiras sen permiso en terreos da parroquia de Goá, en Cospeito. Ao tempo fomos informadas de que Erimsa está a ofrecer contratos de arrendamento a veciñas da zona do Arneiro, na mesma parroquia.

  18. Esiximos criterios axustados á realidade galega na xestión do lobo

    lobo 28 de Septembro do 2021 · 

    Demandamos que as medidas preventivas e os criterios para as indemnizacións por ataque de lobo se axeiten a nosa realidade. Non todo o estado español e latifundista nin Castela, é ineludible ter en conta a realidade económica e social das explotacións galegas. Precisamos un programa de sanidade animal eficiente, que protexa ao lobo ao tempo que palie os impactos nas granxas e que evite o contaxio de enfermidades a cabana doméstica.

  19. A veciñanza de Aldurfe fai fronte á Consellaría e oponse á construción da planta de transferencia de SOGAMA

    aldurfe 27 de Septembro do 2021 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a loita da veciñanza, sumándonos as súas demandas e instamos a Consellería de Medio Ambiente e os concellos afectados a que actúen dun xeito transparente e claro, e que deixen de insistir en converter o medio rural nun vertedoiro das áreas urbanas.

  20. Denunciamos a reincidencia de Corcel Minerals SL/ Eurobattery Minerals AB na execución de prospeccións ilegais en Santa Comba e Coristanco

    sondaxesilegaisCORCELMINERALS 16 de Septembro do 2021 · 

    Denunciamos ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Concello de Sta Comba unha nova tentativa de realizar sondaxes ilegais nos concellos de Sta. Comba e Coristanco perpetrada pola empresa mercantil CORCEL MINERALS SL e a súa matriz EUROBATTERY MINERALS AB.

  21. O SLG urxe a impedir un novo ataque do oligopolio eólico á comarca da Mariña

    greenalia-borrasca 8 de Septembro do 2021 · 

    Greenalia pretende instalar 15 eólicos, unha subestación e unha liña de alta tensión de evacuación até Xove. Os aeroxeradores que se pretenden implantar alcanzarían a altura de 180 metros (a maior cheminea de Alcoa na factoría de San Cibrao chega aos 145). Irían situados, 10 deles, no cumio dos montes entre Cornería e o monte de Oirán, nos límites entres os concellos de Lourenzá e Mondoñedo con Foz, e os 5 restantes irían entre Santa Cilla e o Pico da Lebre no concello de Foz. Este macroparque eólico de dimensións totalmente desproporcionadas afectará negativamente a un grande número de veciños e veciñas.

  22. SLG denuncia a ameaza de dous parques eólicos na Reserva da Biosfera Terras do Miño

    stop eolicos 28 de Agosto do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar unha serie de escritos na Deputación Provincial de Lugo e no Ministerio para a Transición Ecolóxica, demandando a actuación do Consello Científico, órgano asesor do Comité Español do Programa MaB da UNESCO, ante as "posíbeis afeccións á conservación de superficies de hábitats de Rede Natura e aos valores da Reserva da Biosfera Terras do Miño" dos parques eólicos 'Santuario' e 'Mistral' e das correspondentes infraestruturas de evacuación.

  23. Desmantelada para chatarra a planta de tratamento de Varilongo que levou máis de medio millón de euros da Xunta

    Varilongo 17 de Xullo do 2021 · 

    A mineira australiana Rafaella Resources, propietaria da filial que obtivo os dereitos mineiros da mina de estaño e volframio de Varilongo, en Santa Comba, demantelou esta semana a planta de tratamento de minerais que fora instalada en 2012 cunha subvención a fondo perdido do IGAPE de 645.855 euros, a cargo do Fondo Europeo de Desenvovemento Rexional. O Sindicato Labrego Galego, xunto a outros colectivos (Petón do Lobo BerXallas Minaría Destrutiva Non, Ecoloxistas en Acción e Fundación Montescola) denunciamos o desmantelamento por carecer das preceptivas autorizacións.

  24. As denuncias da veciñanza e dos colectivos de de Contraminacción paralizan as sondaxes ilegais en Castriz

    Sondaxes ilegais 3 de Xullo do 2021 · 

    Esta semana recibimos comunicación por parte do xefe do Servizo de Enerxía e Minas da Delegación Territorial da Coruña: “Infórmaselle de que con data 18/06/2021 o xefe territorial iniciou o correspondente expediente sancionador e ratificou a suspensión dos traballos acordada in situ, como consecuencia da visita de inspección realizada o 16/06/2021 polos servizos técnicos desta Xefatura Territorial

  25. O SLG denuncia sondaxes ilegais que afectan os recursos hídricos de nove familias en Santa Comba e Coristanco

    Sondaxes ilegais 15 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar, xunto a outros colectivos e organizacións, unha denuncia diante da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística contra as sondaxes mineiras ilegais nas que está a reincidir a empresa Eurobattery Minerals en Coristanco e Santa Comba. A denuncia tamén foi presentada diante da Consellaría de Economía, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, do Concello de Santa Comba e da Policia Autonomica.

  26. A Sociedade Civil europea denuncia os plans de materias primas da UE que impulsan a minería destrutiva

    Yes to Life No to Mining 10 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego, xunto con máis de 180 organizacións e plataformas de dereitos humanos e ambientais de 36 países, solicitamos á Unión Europea que abandone os seus plans de expansión masiva da minaría no marco dos plans da UE dun “Pacto Verde” (Green Deal) e “Recuperación Verde”.

  27. Nin un eólico máis, nin unha ocupación máis dos nosos montes e agras. Marcha o 5 de xuño!

    Marcha contra os eólicos 1 de Xuño do 2021 · 

    Nos últimos meses unha nova ameaza planea sobre as nosas aldeas, unha INVASION EÓLICA  como lle veñen chamando moitas plataformas veciñais.Diante disto, dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a marcha do 5 de xuñ, Día do Medio Ambiente, convocada por varios colectivos e organizacións ecoloxistas e sindicaisda Galiza.

  1. Non hai imaxe

    A Conselleira de Medio Ambiente abandona precipitadamente a xuntanza do COGAMADS bloqueando a votación da moratoria eólica

    27 de Xaneiro do 2022 · 

    SLG-CCL, ADEGA, FEG e SGHN censuraron o comportamento da Conselleira e solicitaron a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel

  2. Concello da pastoriza

    O Contencioso Administrativo de Lugo dita sentenza contra Erimsa no seu litixio contra o Concello da Pastoriza e o SLG

    22 de Abril do 2021 · 

    A sala segunda do Tribunal Contencioso Administrativo de Lugo ditou, o 20 de abril, unha sentenza pola que desestima o recurso presentado pola compañía mineira Erimsa contra a denegación do permiso de explotación do proxecto Alicia 5917 por parte do Concello da Pastoriza; e contra o Sindicato Labrego Galego, que compareceu no proceso como parte interesada.

  3. Parque eólico

    O SLG denuncia a ofensiva eólica contra as serras do leste e algúns dos espazos naturais máis valiosos da Galiza

    21 de Abril do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar unha nova batería de alegacións e peticións de informes de cara a frear a invasión dalgúns dos espazos naturais máis senlleiros na Serra dos Ancares e do seu entorno por varios proxectos de parques eólicos; e doutros espazos naturais da provincia de Lugo: Barjas, Pena do Furco, Hépotas, Vilachá e Pena Ombra.

  4. stop eólicos

    O SLG denuncia seis parques eólicos e unha liña de alta tensión na Reserva da Biosfera das Mariñas e o Mandeo

    9 de Abril do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar unha batería de escritos interpelando, por unha banda, ao Comité Científico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo; e, por outra banda, ao Consello Científico de Parques Nacionais, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica. De ambos comités, o SLG solicitou informes sobre a afección que terán sobre a Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo a planificada instalación dunha liña de alta tensión e seis parques eólicos, cun total de 43 aeroxeradores que poden alcanzar os 200 metros de altura, cuxos proxectos están agora mesmo en período de alegacións.

  5. Parque eólico

    Dispoñíbel o modelo de alegación contra o parque eólico de Pena Ombra nos concellos de Guitiriz, Curtis e Sobrado

    5 de Abril do 2021 · 

    Seguimos tentando conter a avalancha de proxectos eólicos cos que queren acaparar a práctica totalidade dos nosos montes unhas poucas empresas amparadas polas políticas da Xunta de Galiza. Compartimos con vós o modelo de alegación contra o Parque Eólico de Pena Ombra (Guitiriz, Curtis e Sobrado dos Monxes), promovido por Greenalia cuxo prazo remata o 22 de abril. Podes descargar o modelo premendo na icona que atoparás a continuación:

  6. Non á mina Suído

    O SLG agarda que a Xunta declare a caducidade definitiva do proxecto mineiro Alberta na Serra do Suído

    31 de Marzo do 2021 · 

    O pasado 13 de marzo, medio cento de persoas concentrábanse na Portela da Cruz, na raia que divide os concellos de Beariz (Ourense) e A Lama (Pontevedra), para reclamar a caducidade do dereito mineiro Alberta I convocadas pola Plataforma SOS Suído-Seixo.

  7. Parque eólico

    Dispoñíbel o modelo de alegación contra o parque eólico de Troitomil que afecta os concellos de A Baña e Negreira

    24 de Marzo do 2021 · 

    Seguimos tentando conter a avalancha de proxectos eólicos cos que queren acaparar a práctica totalidade dos nosos montes unhas poucas empresas amparadas polas políticas da Xunta de Galiza. Compartimos con vós o modelo de alegación contra o Parque Eólico de Troitomil (A Baña e Negreira), cuxo prazo remata o 7 de abril. Podes descargar o modelo premendo na icona que atoparás a continuación:

  8. Parque eólico

    Dispoñíbel o modelo de alegación contra o parque eólico de Gato que afecta aos concellos de Aranga e Oza-Cesuras

    24 de Marzo do 2021 · 

    Seguimos tentando conter a avalancha de proxectos eólicos cos que queren acaparar a práctica totalidade dos nosos montes unhas poucas empresas amparadas polas políticas da Xunta de Galiza. Compartimos con vós o modelo de alegación contra o Parque Eólico de Gato (Aranga e Oza-Cesuras), cuxo prazo de presentación remata o 14 de abril. Podes descargar o modelo premendo na icona que atoparás a continuación:

  9. Varilongo

    A contaminación polas verteduras da mina de Varilongo supera 325 veces os limiares permitidos

    15 de Marzo do 2021 · 

    Os colectivos que formamos parte de ContraMINAcción vimos de alertar sobre os resultados das analíticas das verteduras da mina de Varilongo, en Santa Comba, que evidencian altas concentracións de cadmio, cobre e cinc, superando varias veces os máximos legais permitidos. Dende ContraMINAcción denunciamos que estas drenaxes de mina con altas concentracións de metais pesados, algúns cancerixenos como o cadmio, contaminan o río Xallas a través dos regos dos Lagos e da Braña Ancha

  10. Maris

    Alegacións do SLG e a Comisión da Minaría de Mesía contra un proxecto que ameaza máis de 3.000 hectáreas en Frades

    21 de Xaneiro do 2021 · 

    O pasado 16 de decembro de 2020 saíu publicada no DOG a exposición pública do proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e proxecto de restauración referentes á solicitude de concesión de explotación mineira Marís 7134, situada no concello de Frades (A Coruña) e promovida pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa).

Arquivo