A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente

  1. Observatorio Eólico de Galicia, unha ferramenta para mudar os resultados da eólica no medio rural

    Xavier Simón 20 de Maio do 2019 · 

    por Xavier Simón Fernández, coordinador do Observatorio Eólico de Galicia

    O Observatorio Eólico de Galicia (OEGA), coordinado pola Universidade de Vigo (UV), nace pola vontade decidida da Fundación Juana de Vega (FJV) e a Fundación Isla Couto (FIS) de contribuír á conservación e desenvolvemento do medio rural, á preservación da súa contorna natural e humana e á mellora da súa base económica e das actividades con ela relacionadas. Ambas entidades privadas colaboran con diferentes institucións do País para promover os traballos, iniciativas e experiencias de acción comunitaria, económica e social, requiridos na actual situación de cambio en que vivimos para a pervivencia da nosa identidade colectiva galega nun contexto de maior xustiza social, tamén enerxética.

  2. Aperfasa, Fruga, Ovica e SLG inician unha campaña para demandar solucións aos danos da fauna salvaxe

    Manifestación Fauna Salvaxe 8 de Maio do 2019 · 

    A Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa), Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), Federación Rural Galega (Fruga) e Sindicato Labrego Galego (SLG) reuniron en Compostela, o 8 de maio, varios centos de gandeiros e gandeiras de toda Galiza para reclamar solucións urxentes aos danos provocados pola fauna salvaxe. E fixérono cunha marcha que comezou sobre as 12:00 na Consellaría de Medio Rural, en San Caetano, e transcorreu até a Consellaría de Medio Ambiente, en San Lázaro, para bater potas e tixolas diante da administración competente para ver se así escoita dunha vez por todas unhas demandas que levan anos desoíndo.

  3. Aperfasa, Ovica, Fruga e SLG farán marcha-cacerolada en Santiago para pedir solucións aos danos da fauna salvaxe

    Manifestación 8 maio faun a salvaxe 29 de Abril do 2019 · 

    A Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa), Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), Federación Rural Galega (Fruga) e Sindicato Labrego Galego (SLG) están ultimando os preparativos para realizar unha manifestación de protesta con cacerolada o 8 de maio en Compostela para esixir solucións urxentes para os danos da fauna salvaxe. Ese día, realizarase unha marcha dende os edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano até a sede da Consellaría de Medio Ambiente, en San Lázaro.

  4. A Comisión contra as Minas na Terra Chá pide a dimisión do director xeral de Minas, Bernardo Tahoces

    Bernardo Tahoces 22 de Abril do 2019 · 

    O 17 de abril, os medios de comunicación sacaban a luz a nova de que o director xeral de Minas, Bernardo Tahoces, deberá declarar como imputado diante da Fiscalía de Medio Ambiente o 2 de maio por presunta prevaricación ambiental. Tahoces terá que declarar por irregularidades denunciadas por Verdegaia na reapertura da Mina de San Finx (Lousame) tales como carecer de DIA (declaración de impacto ambiental) etc.

  5. IV Encontro de ContraMINAcción: O día que uniu forzas na Galiza a loita contra a minaría destrutiva na Galiza

    Contraminacción 11 de Abril do 2019 · 

    A Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza ContraMINAcción desenvolveu, do 15 ao 17 de febreiro, o seu IV Encontro. Nesta ocasión, acudiron representantes de catorce organizacións e plataformas de toda a Península Ibérica que están a enfrontar nos seus respectivos territorios a ameaza, o impacto directo ou as secuelas da actividade mineira. Precisamente, esta pluralidade de voces serviu para tirar varios denominadores comúns que se están a dar nesta loita. Tes unha crónica do encontro que xa publicamos nesta web AQUÍ Agora, compartimos con vós un resume das voces que se puideron escoitar eses días en Compostela.

  1. SLG Asperfasa

    SLG e Aperfasa convocan unha manifestación conxunta o 8 de maio para esixir solucións aos danos da fauna salvaxe

    9 de Abril do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego e a Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa) fixeron público, o 8 de abril, un acordo de colaboración para demandar solucións aos danos da fauna salvaxe na Galiza e anunciaron unha manifestación conxunta para o día 8 de maio. Desta maneira, o SLG suspende a convocatoria de protestas que tiña prevista para esta mesma semana, o 11 de abril.

  2. Rolda SLG Fauna Salvaxe

    O SLG e Asperfasa convocan manifestación o 8 de maio para denunciar a indefensión cos ataques da fauna salvaxe

    26 de Marzo do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego ofreceu, o 25 de marzo, unha rolda de prensa en Lugo para denunciar a indefensión que están a sufrir as granxas de toda Galiza diante dos ataques da fauna salvaxe. Aínda que, inicialmente, puxo o 11 de abril como data para realizar unha manifestación de protesta, acabou chegando a un acordo coa Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aprefasa) e, de cara a unir forzas e facer unha convocatoria o máis ampla posible, pospoñeuse a marcha de protesta en Compostela para o 8 de maio.

  3. IV Contraminacción

    Colectivos de Galiza, España e Portugal colaboran no IV Encontro de Contraminacción para enfrontar a minaría

    16 de Febreiro do 2019 · 

    A Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza ContraMINAcción desenvolveu durante a xornada deste sábado, 16 de febreiro, a parte principal da programación do seu IV Encontro. Nesta ocasión, como xa temos informado, acudiron representantes de organizacións e plataformas de toda a Península Ibérica que están a enfrontar nos seus respectivos territorios a ameaza, o impacto directo ou as secuelas da actividade mineira. Precisamente, esta pluralidade de voces serviu para tirar varios denominadores comúns que se están a dar nesta loita.

  4. IV Encontro Contraminacción

    O IV Encontro de ContraMINAcción convocará na Galiza movementos contra a minaría destrutiva de toda a Península

    5 de Febreiro do 2019 · 

    A Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza ContraMINAcción1 está a organizar o seu IV Encontro, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 16 e 17 de febreiro. Nesta cuarta edición, baixo o título “Impactos da minaría na Península Ibérica”, o evento transcende as fronteiras de Galiza ao invitar 14 organizacións e plataformas que se opoñen á actividade mineira en España e Portugal polas consecuencias negativas que esta ten no seu entorno2.

  5. Somiedo

    Convivencia de gandería e fauna salvaxe: Aprendendo da experiencia en xestión no parque natural de Somiedo

    28 de Xaneiro do 2019 · 

    O 25 de setembro, unha trintena de gandeiros e gandeiras de vacún de carne do SLG viaxaron ao Parque Natural de Somiedo, en Asturias, para coñecer de preto a experiencia das granxas de alí, que teñen que convivir con importantes poboacións de oso, lobo, xabaril, veados e outras especies silvestres que causan importantes danos. No último Fouce 323 publicamos unha crónica daquela viaxe e do que puidemos coñecer desta experiencia de xestión da fauna salvaxe tan distinta da galega.

  6. Inxector de xurros

    O SLG reclama á Xunta a garantía pública de que a gandería sostible quedará exenta da obriga de enterrar os xurros

    7 de Xaneiro do 2019 · 

    Comezamos 2019 e os sectores agrogandeiros seguen sen saber que vai ser deles coa obriga de enterrar os xurros cando se aplican para fertilizar a terra. Agora mesmo, na Galiza, non se poden utilizar sistemas de canón, pero permítese empregar os de abano -os máis usados na nosa terra- para esparexer grazas a unha moratoria que o Ministerio de Agricultura permitirá ampliar durante o presente ano. Pero, mentres non se faga oficial o contrario, a obriga de mercar maquinaria para enterrar os xurros e evitar penalizacións nas axudas da PAC segue vixente.

  7. Marchas da Dignidade en Touro

    Manifestación das Marchas da Dignidade o sábado en Touro contra a depredación empresarial da Galiza

    26 de Novembro do 2018 · 

    Este sábado, 1 de decembro, as Marchas da Dignidade, das que formamos parte o SLG, convocamos unha manifestación contra a depredación que leva décadas sufrindo o noso territorio, de norte a sur e de leste a oeste, de Lourizán a Corcoesto, da Limia ao Courel, coa complicidade vasala do meirande das administracións con respecto aos intereses empresariais. O lugar para realizar a marcha será Touro, pola súa especial significación que acadou nos últimos meses nesta loita contra a depredación sen límites e para expresar o apoio das organizacións que formamos parte das Marchas da Dignidade á loita contra o proxecto de Atalaya Mining. De seguido, compartimos con vós o manifesto:

  8. Canteira

    O lobby mineiro de Galiza tenta facerse un lavado de cara co V Congreso Nacional de Áridos en Compostela

    24 de Outubro do 2018 · 

    A Plataforma contraMINAcción vén de emitir un comunicado de prensa no que denuncia a “tentativa sen precedentes” de facerse un lavado de cara por parte do lobby mineiro da Galiza no V Congreso Nacional de Áridos, que se celebra entre hoxe e o 26 de outubro en Santiago de Compostela. No texto de contraMINAcción dáse un rápido repaso a tanta porcallada acumulada no currículo da industria mineira galega para que a xente coñeza a verdade dun dos sectores máis agresivos e depredadores coa nosa terra.

  9. Isabel Vilalba e Valedora

    O SLG reúnese coa Valedora do Pobo para denunciar a indefensión das granxas cos ataques da fauna salvaxe

    4 de Outubro do 2018 · 

    Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego reuniuse en Compostela hoxe, 3 de outubro, coa Valedora do Pobo, Milagros Otero, para denunciar a indefensión e desamparo que sofren as nosas granxas polos continuos ataques da fauna salvaxe e polo abandono de funcións da Xunta de Galicia diante desta problemática. As persoas que representaron ao SLG foron a súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane; o responsábel do sector de Vacún de Carne, Lois Varela; e, por parte da Dirección do Leite, a súa coordinadora, Lupe Prado, e Eliseo Cebreiro.

  10. Xabaril

    Os ataques do xabaril arrasan grandes áreas de praderías e cultivos e supoñen un dos principais problemas das granxas

    28 de Septembro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego organizou hoxe, 27 de setembro, unha rota polo municipio d'O Corgo para denunciar a desfeita que a poboación descontrolada de xabaril está a facer en praderías e cultivos das que dependen a economía das nosas granxas. Gandeiros de vacún como Manuel Ferreiro, Xosé Luís Fernández, Domingo Rodríguez ou Xosé Antonio López Fouz ensináronnos os estragos que fixo o porco bravo nos seus prados a pesares de telos perfectamente pechados, tal e como se recomenda para evitar os ataques de maneira preventiva.

Arquivo