A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Medio Ambiente>
  5. O SLG estivo hoxe en Vigo para expresar o seu apoio a Marcos Celeiro no xuízo de Cementos Cosmos

O SLG estivo hoxe en Vigo para expresar o seu apoio a Marcos Celeiro no xuízo de Cementos Cosmos

8 de Maio do 2015

Veciñanza de Triacastela

Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego uniuse ao cento de persoas que acudiu, o 7 de maio, aos xulgados de Vigo para expresar o seu total e incondicional apoio a Marcos Celeiro, presidente da Asociación O Iribio (Triacastela).

Marcos sentou no banco dos acusados tras ser denunciado pola empresa Cementos Cosmos. O seu suposto delito: facer públicas as ilegalidades e a desfeita que esta empresa mineira está a perpetrar no entorno da canteira de Vilavella.

No Sindicato Labrego Galego, como o resto de colectivos que formamos parte de contraMINAcción, acreditamos xusto o contrario: Marcos Celeiro exerceu o seu dereito e o seu deber como cidadán e veciño de Triacastela a chamar a atención e divulgar datos sobre a acción devastadora de Cementos Cosmos no seu concello, empresa da que existen probas fidedignas que demostran numerosas irregularidades e atentados contra o patrimonio natural e arqueolóxico do noso país. Por iso, dende contraMINAcción, confiamos en que a xuíza que leva o caso absolva a Marcos Celeiro dos falsos cargos que lle pretenden imputar, do mesmo xeito que confiamos en que as autoridades fagan cumprir a lei a Cementos Cosmos na súa xestión da canteira de Vilavella.

O Sindicato Labrego Galego non foi o único que apoiou a Marcos Celeiro. Medio cento de organizacións sociais e colectivos de dentro e fóra de Galiza asinaron un manifesto en solidariedade co presidente da Asociación O Iribio:

Concentración Vigo