A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Medio Ambiente>
  5. A Consellaría do Medio Ambiente impide a denuncia dos danos causados pola fauna salvaxe nas explotacións galegas

A Consellaría do Medio Ambiente impide a denuncia dos danos causados pola fauna salvaxe nas explotacións galegas

5 de Novembro do 2008

Danos causados pola fauna salvaxe

Labregas e labregos da zona de Ferrolterra veñen de poñer en coñecemento do Sindicato Labrego Galego a imposibilidade de denunciar as graves perdas que lles están causar os danos provocados pola fauna salvaxe. Levan tres días tentando contactar cos servizos de atención da Consellaría sen que ninguén lles atenda o teléfono. 

A Consellaría do Medio Ambiente, tras ter obviado as múltiples peticións de reunión realizadas polo SLG para abordar esta problemática, fai vítimas agora desta desidia aos afectados e afectadas polos ataques, mediante a NON HABILITACIÓN DO TELÉFONO DE DENUNCIAS que supostamente puxo en marcha devandita Consellaría. 

 

 Concentración perante da Consellaría do Medio Ambiente o pasado 31 de xullo.

Concentración perante da Consellaría do Medio Ambiente o pasado 31 de xullo. 

 Dende o SLG consideramos moi grave esta actitude, sendo escandalosa a cada vez maior irresponsabilidade da que está a facer gala Medio Ambiente, xusto nun momento en que se agrava esta problemática. 

Ademais, é importante poñer de relieve que mediante a imposibilidade de denunciar estes feitos a Consellaría está a silenciar conscientemente a situación de moitos labregos e labregas da Galiza. 

 

Presentación da campaña de envío masivo de postais á Consellaría o pasado trinta de setembro en Compostela. 

Presentación da campaña de envío masivo de postais á Consellaría o pasado trinta de setembro en Compostela.

 

Moitas grazas pela vosa atención. 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON:
Charo Sánchez Parga, 
Secretaria de Medio Ambiente, Terra e Montes do SLG 
TLF: 669 651 700