A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Medio Ambiente>
  5. A Plataforma STOP Velutina leva a loita contra a avespa asiática até o Parlamento de Galicia

A Plataforma STOP Velutina leva a loita contra a avespa asiática até o Parlamento de Galicia

14 de Decembro do 2017

Rexistro velutina

As voceiras da Plataforma Stop Velutina -Galicia, Laura García e Diego Sánchez rexistraron, o 13 de decembro, unha iniciativa parlamentaria coa que pretenden chamar a atención da Xunta e o fixeron acompañados por representantes dos grupos parlamentarios da oposición.

O camiño elixido é a inciativa parlamentaria xa que Plataforma pretende crear un debate no Parlamento de Galicia acerca desta grave situación e, do mesmo xeito, que a cámara lexislativa inste á Xunta a poñer en marcha medidas efectivas para frear a expansión do insecto a través da súa función interpeladora.

O obxectivo é a realización dun repaso acerca da situación actual que está a provocar a Vespa velutina no medio ambiente e os graves efectos que ten sobre a apicultura e a froiticultura, algo que claman dende tódolos sectores afectados pola chegada deste insecto, así como a aplicación efectiva das medidas de control poboacional da especie.

"Levamos dende o 2012 coa velutina presente en Galicia, e en 5 anos consiguíu colonizar o 70% do territorio galego, levando consigo abellas e outros insectos, kilos de mel e froitas, varios sustos e o desgraciado acontecemento sucedido no Porriño o pasado mes de novembro. Hai que actuar xa". (Laura García Sáez)

A Vespa velutina é unha especie exótica invasora que está a provocar grandísimos danos no medio ambiente e na economía galega a unha grande velocidade, e esta expansión indica que compre tomar decisións rápidas e efectivas.

As peticións da Plataforma

Unha das reivindicacións principáis das PNL presentadas é a realización, por parte da Xunta de Galicia, dun trampeo masivo de primavera que permita capturar futuras raíñas fundadoras e evitar así a aparición dos enormes niños secundarios no verán. Xunto ó trampeo, a Plataforma esixe á Xunta o asino de convenios de colaboración coas universidades galegas a fin de continuar coa investigación e atopar así ferramentas de control biolóxico que permitan controlar a expansión nun longo prazo. Igualmente, solicitan á Xunta que diseñe e convoque un sistema de axudas directas que permita facer fronte ós gastos que ocasiona esta especie nas colmeas e frutáis.

"Os apicultores e apicultoras experimentan entre un 20-30% máis de custos asociados á velutina, e isto sen contar a perda de abellas e a perda correlativa nas colleitas de mel."

En último lugar, a Plataforma solicita a presenza dos sectores afectados nos organismos da Administración que se están a "encargar" o problema, a chamada Comisión de seguimento da que forman parte tres Consellerías e que actualmente parece non ser operativa.

"É fundamental que se escoite aos afectados e que estos poidan tamén facer propostas de xestión".

Os obxectivos

Con esta chamada de atención a Plataforma pretende que a Xunta finalmente aplique con seriedade as medidas do seu propio Protocolo (Protocolo de vixiancia e xestión fronte a avespa asiática. Xullo 2016) e que no próximo ano 2018 a xestión da invasión conte cunha partida orzamentaria única, cousa que non ten en Galicia polo momento e que non sucede actualmente noutras Comunidades afectadas pola Vespa velutina.

O momento idóneo e o trámite parlamentario

A Plataforma considera fundamental que as propostas entraran a debate parlamentario antes do remate do ano, xa que o plan de trampeo primaveral debe ser realizado nos meses de primavera (de febreiro a abril ou de marzo a maio según as condicións climáticas de cada zona) co cal todo debería estar preparado a fináis de xaneiro do ano próximo e isto esixía traballar rápidamente e que quedara debatido e votado antes da finalización do período de sesións do 2017.

Por este motivo, a PNL presentada polos grupos parlamentarios a principio do mes de novembro, será debatida no último Pleno do ano, o día 20 decembro, mentras que a PNL presentada pola propia Plataforma hoxe día 13 será xa debatida en xaneiro de 2018.

A inexistencia dun orzamento específico en Galicia

Como veñen reivindicando os sectores afectados pola invasión, a inexistencia dun orzamento específico fai imposible a aplicación das ferramentas de xestión contra a Vespa velutina e que a propia Xunta ten plasmadas nos seus documentos de xestión ("Protocolo de xestión fronte a avespa asiática" Xullo 2016). Sen diñeiro non se pode loitar contra a invasión.

A inexistencia de unha partida que se ocupe deste problema non sucede noutras Comunidades Autónomas afectadas polo tártago, como Asturias e Cantabria. A primera destas Comunidades adicará medio millón de euros a loita contra a velutina, e en canto a Cantabria, o Goberno decidiu adicar 24 millóns de euros para xestión do plumero e máis da Vespa velutina nos próximos dez anos, sendo a partida prevista para 2018 de 300.000 euros.

Falta de coordinación

A Plataforma Stop Velutina -Galicia esixe á Xunta a coordinación coas outras Comunidades Autónomas afectadas para unha mellor xestión da invasión e para levar unha postura conxunta ó MAPAMA, concretamente á Comisión Estatal para o patrimonio natural e a biodiversidade, órgano de xestión da problemática a nivel estatal e do que tamén forman parte as Comunidades Autonómas.

"Soubemos que o día 15 de novembro reuníronse en Santander os representantes das Consellerías de Medio Ambiente e do Medio Rural das Comundidades veciñas, Asturias e máis Cantabria, co obxectivo de xuntar forzas e levar propostas ó Ministerio nunha seguinte reunión que se celebrou o día 22 do mesmo mes. Galicia non asistiu a esta reunión, non coñecemos os motivos, pero consideramos necesario que a Comunidade máis afectada pola velutina se coordine coas Comunidades veciñas no futuro a fin de mellorar na xestión (por exemplo nun hipotético plan de trampeo "da Cornixa Cantábrica") donde tamén ten moito que dicir o MAPAMA, con competencias de coordinación neste senso.

Unha chamada de atención tamén para o Ministerio

A Plataforma anuncia tamén que o Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente ten tamén competencias de coordinación e financión das campañas de control da Vespa velutina. Ata o momento as comunicacións entre a Plataforma e o MAPAMA non resultaron moi productivas pois éste declina a súa competencia en favor das Comunidades Autonómas aducindo que a execución dos programas constitúe unha competencia autonómica, sen embargo se acudimos á Estrategia deste mesmo Ministerio (Estrategia de gestión, control y posible erradicación del avispón asiático. 2014) atopamos diversas materias donde o Ministerio ten competencia.

A Plataforma anuncia neste senso a posibilidade de levar as súas demandas ó Congreso dos Deputados en Madrid

Rexistro velutina