A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Medio Ambiente>
  5. O PP rexeita o plan de choque contra a Velutina e seguirá coas medidas que permitiron a invasión do 70% da Galiza

O PP rexeita o plan de choque contra a Velutina e seguirá coas medidas que permitiron a invasión do 70% da Galiza

21 de Decembro do 2017

Velutina

Despois da intensa campaña que fixemos dende a Plataforma STOP Velutina para levar ao Parlamento de Galicia un plan de choque contra a avespa asiática, o Partido Popular acabou impoñendo a súa maioría absoluta, na sesión do 20 de decembro, contra as propostas non de lei presentadas por En Marea, BNG e PSOE neste sentido.

Os argumentos que lle escoitamos ao PP no debate parlamentario foron do tipo “hai que continuar co traballo que vén realizando a Xunta de Galicia”. Cal é ese traballo se a avespa velutina segue a expandirse sen control? Cal foi ese traballo nos últimos cinco anos, dende os primeiros avistamentos de velutina até a invasión total que sufrimos hoxe? Tamén argumentou o PP que “as trampas atrapan a outros insectos como a Vespa crabro, que é depredadora da velutina”. Precisamente, unha das demandas que pediamos era fomentar a investigación, precisamente, para conseguir atraíntes e trampas máis selectivos contra as velutinas para facer máis eficaz a loita e evitar que se vexan afectados outros insectos nos labores de trampeo. Respecto a que Vespa crabro sexa depredadora da velutina, deixarémolo en puntos suspensivos.

Debate parlamentario estéril

Pola súa banda, os grupos parlamentarios trasladaron á Cámara lexislativa a preocupación crecente dos sectores afectados e a necesidade de establecer un plan de loita coordinado, serio, inmediato e, sobre todo, financiado para o próximo ano, alegando a ineficacia das "medidas parciais" ou "parches" que esta a realizar a Xunta en relación con este problema ambiental, e incidindo especialmente na ausencia dun orzamento único que permita financiar as medidas de control da especie que a propia Xunta ten aprobadas.

A votación: 37 votos do PP en contra da iniciativa, e 30 a favor dos restantes grupos

Con trinta e sete votos en contra procedentes do Partido Popular, a iniciativa quedou rexeitada na Cámara lexislativa ante a decepción dos representantes da Plataforma que asistiron ó debate invitados polos grupos propoñentes.
Os populares alegaron que a Xunta de Galicia leva moito tempo ocupándose do problema da Vespa velutina e que as actuacións da mesma proseguirán na mesma liña que ata agora.
Esta afirmación vese con preocupación por parte da oposición e dos asistentes de Stop Velutina, pois consideran que equivale a dicir que seguirán sen establecer un plan de loita serio e sen dotalo de orzamento.

Rexeitamento global do PP ás medidas solicitadas

As medidas propostas aparecen reguladas no Protocolo de vixilancia aprobado pola propia Xunta de Galicia en xullo de 2016, algo no que veñen insistindo dende a Plataforma e que foi lembrado polos grupos no debate.
Entre estas medidas, a proposición non de lei presentada solicitaba a aplicación da medida relativa ao trampeo primaveral, un trampeo masivo e coordinado que permitira a captura de raíñas fundadoras como ferramenta preventiva, e lembran que a mesma está prevista no propio Protocolo da Xunta, aínda que esta só considera a colocación das trampas por parte dos apicultores e apicultoras.
A Plataforma e os grupos insistiron en que o trampeo realizado nos apiarios non é suficiente, e que realizalo deste xeito serve para diminuír a presión nas colmeas, pero non serve para o control poboacional da especie. "Hai que trampear máis aló dos apiarios" "Non vale con que o trampeo sexa asumido polos apicultores, a Xunta tamén debe asumir esta tarefa", sinalaron os grupos parlamentarios.

A investigación tampouco está a ser asumida pola Xunta

Outra das medidas previstas no Protocolo de vixilancia é a relativa á investigación. De feito, o Goberno da Xunta considera no punto número 12 do Protocolo que "É absolutamente fundamental na loita contra a avespa establecer unhas liñas de investigación que se orienten polo menos aos seguintes aspectos...".
Malia estar aprobado así, a Xunta de Galicia ten ata o momento un único convenio de investigación asinado coas universidades galegas cunha dotación de 50.000 euros, algo que é insuficiente de todo punto e que constitúe unha cuarta parte do que neste senso están a achegar as Deputacións provinciais a través de distintos convenios.
A necesidade de aplicar esta medida, como o resto das previstas, constaba nas proposicións non de lei de todo os grupos e foi repetida no debate parlamentario co obxectivo de instar a Xunta ao cumprimento dos seus propios compromisos, cousa que segundo a oposición e o sector, non sucedeu ata agora.
Esta solicitude tampouco tivo resposta na rolda de réplica do Partido Popular, e coma o resto, quedou rexeitada na votación xeral que se realizou, a pesar da insistencia da oposición en realizar a votación por puntos, separadamente.

O PP non da resposta á solicitude de axudas para paliar perdas

A proposición non de lei contiña a petición de que a Xunta articulase un sistema de axudas que permitise aos sectores facer fronte aos gastos e perdas ocasionadas pola velutina, (aproximadamente entre un 20 e un 30 % máis de custos sen contar a perda de abellas e de mel), punto este que quedou sen resposta por parte do Grupo Popular e que entrou no rexeitamento xeral que este grupo fixo da iniciativa presentada.

O exemplo das outras Comunidades Autónomas

Aínda que as comparacións son odiosas, representantes de Stop Velutina Galicia lembran que noutras Comunidades Autónomas da Cornixa Cantábrica (menos afectadas que Galicia pola chegada do tártago), existen xa orzamentos de xestión da loita aprobados polas