A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Medio Ambiente>
  5. O SLG pide a inaplicación do Plan Sectorial Eólico de Galiza por vulnerar a Lei de Avaliación Ambiental

O SLG pide a inaplicación do Plan Sectorial Eólico de Galiza por vulnerar a Lei de Avaliación Ambiental

21 de Xaneiro do 2021

Eolico

O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito dirixido á Consellaría de Economía, Empresa e Innovación para que non aplique o Plan Sectorial Eólico de Galicia por ser ilegal ao abeiro da lexislación ambiental actual. Isto é así porque o Plan Eólico vulnera a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de Avaliación Ambiental, que é de rango superior, ao non adaptar o seu articulado a ela.

En concreto, o Artigo 1 da Lei de Avaliación Ambiental establece como o obxecto e finalidade establecer «as bases que deben rexer a avaliación ambiental dos plans, programas e proxectos que poidan ter efectos significativos sobre o medio ambiente, garantindo en todo o territorio do Estado un elevado nivel de protección ambiental, co fin de promover un desenvolvemento sostible” mediante, entre outras ferramentas, mediante:

  1. A integración dos aspectos ambientais na elaboración e na adopción, aprobación ou autorización dos plans, programas e proxectos; 

  2. a análise e a selección das alternativas que resulten ambientalmente viables; 

  3. o establecemento das medidas que permitan previr, corrixir e, no seu caso, compensar os efectos adversos sobre o medio ambiente;

  4. o establecemento das medidas de vixilancia, seguimento e sanción necesarias para cumprir coas finalidades desta lei.

2. Así mesmo, esta lei establece os principios que informarán o procedemento de avaliación ambiental dos plans, programas e proxectos que poidan ter efectos significativos sobre o medio ambiente, así como o réxime de cooperación entre a Administración Xeral do Estado e as comunidades autónomas a través da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente».

Polo tanto, o Plan Sectorial Eólico de Galiza, ao contravir a Lei de Calidade Ambiental, é ilegal e debería ser redactado de novo atendendo a norma de rango superior. Esta acción do Sindicato Labrego Galego inscríbise nunha campaña iniciada pola Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo.