A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Medio Ambiente>
  5. O SLG participou no seminario "Consumo Responsable e Cambio Climático" en Compostela

O SLG participou no seminario "Consumo Responsable e Cambio Climático" en Compostela

27 de Abril do 2009

Mariam e Lídia Seminario Consumo Responsable e Cambio Climático

O Cambio climático pode aumentar a desnutrición en 500 millóns de persoas principalmente labregas do Sur. Na imaxe: Lídia Senra,  muller labrega responsábel  da Vía Campesina en Europa, intercambia impresións con Mariam Sissoko, a muller labrega responsábel da Vía Campesina en África.

O pasado venres deu comezo na Facultade de Matemáticas o Seminario “Consumo Responsable e Cambio Climático”,  actividade enmarcada dentro da X Semana Galega de Comercio Xusto.

Durante tres días,  distintas organizacións do estado do ámbito da ecoloxía, do consumo responsable e do ámbito rural analizarán e exporaron o impacto que está tendo o actual modelo de consumo e o sistema comercial internacional no medio ambiente e na vida das persoas especialmente, dos labregos e labregas que producen a maioría dos alimentos de consumimos.

No seminario, que superou o centenar de persoas inscritas, participaron organizacións dende o ámbito da ecoloxía, Greenpeace, Ecoloxistas sen Fronteiras, Verdegaia , do ámbito do rural Sindicato Labrego Galego, Veterinarios sen Fronteiras, a Universidade Rural Paulo Freire; e Amarante polo comercio xusto.

Tivo como convidada especial a Mariam Sissoko, muller labrega de Mali e coordinadora de Via Campesiña para África. Para explicar en primeira persoa a situación na que viven millóns de labregos e labregas en África, o que reclaman e como lles está afectando o cambio climático e en concreto en Mali onde o 80% da súa poboación é labrega.

O cambio climático está provocado principalmente polas emisións de gases dos países máis industrializados e asociado ao noso modelo de consumo e transporte, pero os efectos fanse notar especialmente nos países do sur en forma de diminución do acceso á auga, secas, aumento de pandemias, desastres naturais e perda de superficie cultivable. Estímase que o cambio climático pode producir un incremento da desnutrición de 500 millóns de persoas no mundo e que lles afectará con maior incidencia aos labregos e ás labregas do sur.

Loitar contra o empobrecemento e frear o cambio climático son polo tanto as dúas caras da mesma moeda, aspectos indisociables dunha política ambiental e social cara a un desenvolvemento que permita abordar as importantes crises que afronta o planeta.

 

Lidia Senra

 Lidia Senra: A perspectiva galega da crise ecolóxica e alimentaria.

 

sissokoseminario2

 Mariam Sissoko: Experiencias no Sur.

 

Gustavo Duch

 Gustavo Duch: O negocio da fame.

 

Universidade Rural Paulo Freire

 Jeromo Aguado, Universidad Rural Paulo Freire: Fronte a globalización, RECAMPESINIZACIÓN!!

Ficheiro adxunto