A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente: 2010

  1. Manifestación das Marchas da Dignidade o sábado en Touro contra a depredación empresarial da Galiza

    Marchas da Dignidade en Touro 26 de Novembro do 2018 · 

    Este sábado, 1 de decembro, as Marchas da Dignidade, das que formamos parte o SLG, convocamos unha manifestación contra a depredación que leva décadas sufrindo o noso territorio, de norte a sur e de leste a oeste, de Lourizán a Corcoesto, da Limia ao Courel, coa complicidade vasala do meirande das administracións con respecto aos intereses empresariais. O lugar para realizar a marcha será Touro, pola súa especial significación que acadou nos últimos meses nesta loita contra a depredación sen límites e para expresar o apoio das organizacións que formamos parte das Marchas da Dignidade á loita contra o proxecto de Atalaya Mining. De seguido, compartimos con vós o manifesto:

  1. Ataque do lobo

    A Consellaría de Medio Rural volve deixar na estacada ás explotacións afectadas polos danos da fauna salvaxe

    21 de Outubro do 2010 · 

    A dirección xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellaría de Medio Rural, incluirá tan só 28.000 € na partida destinada a cubrir as axudas destinadas a prevención de ataques da fauna salvaxe.

  2. Xavier Gómez e Adolfo Cabarcos

    Danos da fauna salvaxe nos núcleos de poboación rural da Terra Chá

    29 de Xullo do 2010 · 

    Na mañá de hoxe, xoves 29 de xullo, o Secretario de Sectores Gandeiros do SLG, Adolfo Cabarcos, e o Coordenador de Sectores Gandeiros, Xavier Gómez Santiso, deron conta -nunha rolda de prensa celebrada en Vilalba- da forte incidencia que os danos ocasionados pola fauna salvaxe, nomeadamente o xarabarín, están a ter nos núcleos de poboación rural da comarca d´A Terra Chá.

  3. xabarín e crianzas

    Rolda de Prensa: Danos da fauna salvaxe nos núcleos de poboación rural da Terra Chá

    28 de Xullo do 2010 · 

    Mañá, xoves 29 de xullo, ás 12:00hrs. , o Secretario de Sectores Gandeiros do SLG, Adolfo Cabarcos, e o Coordenador de Sectores Gandeiros, Xavier Gómez Santiso, denunciarán en rolda de prensa a forte incidencia que os danos ocasionados pola fauna salvaxe están a ter nos núcleos de poboación rural da comarca d´A Terra Chá.

  4. j

    Precisamos políticas agroecolóxicas para frear o cambio climático

    4 de Xuño do 2010 · 

    Ao fío da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente que terá lugar mañá sábado, dende o Sindicato Labrego Galego denunciamos a pasividade e dobre xogo das institucións e os gobernos, que insisten en antepoñer os intereses económicos por riba da conservación do medioambiente, boicoteando a posibilidade de termos unha produción alimentar sá e en base á terra: as labregas necesitamos da auga, do ar e do solo para poder producir alimentos nutritivos para a cidadanía.

  5. Solana, Borregón e Sánchez

    O SLG solicita diante da D.X. de Conservación da Natureza a implicación de toda a sociedade no mantemento da fauna salvaxe

    24 de Febreiro do 2010 · 

    Na mañá de hoxe, Charo Sánchez Parga -Secretaria de Medioambiente, Terra e Montes do SLG- mantivo o primeiro encontro co actual director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, e co subdirector xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, Emilio Rosa Solana, para abordar a problemática dos ataques da fauna salvaxe ás explotacións agrogandeiras da Galiza.