A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente: 2013

  1. Solicitamos a realización dun informe por parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño sobre os impactos da macrocelulosa Altri

    Altriafeccion 27 de Marzo do 2024 · 

    De ser construída, esta fábrica de 366ha. afectaría a poboación e territorio nun radio de máis de 30km. Pedimos tamén á Reserva da Biosfera Terras do Miño que presente alegacións contra este proxecto contaminante

  2. Habilitamos os locais do SLG en toda Galiza como punto de entrega de alegacións contra Altri até o venres 12

    MapaAltri 25 de Marzo do 2024 · 

    O prazo de alegacións remata o mércores 17 de abril. A Platarforma Ulloa Viva e organizacións sociais ofrecen modelos de alegación a disposición da cidadanía. Solicitamos á CMR número e orientación das granxas existentes en máis de 20 concellos afectados

  3. Oposición social á captación de augas da fábrica ALTRI e campaña de alegacións á instalación da fábrica

    RpP Altri 15 de Marzo do 2024 · 

    Cada día consumiría 46 millóns de litros de auga limpa e vertería 30 millóns de litros contaminados. Afectaría directamente ás producións agrarias, ao marisqueo, a pesca, o turismo e benestar da poboación

  4. A pretensión de verter inxentes cantidades de herbicidas perigosos está a ser contestada pola veciñanza da Mariña

    cartaz velenos 23 de Maio do 2023 · 

    No día de hoxe, procedeuse a presentar no Concello de Ribadeo un bo número de manifestacións de desconformidade con esta pretensión da empresa NEDGIA GALICIA SA, do grupo Naturgy. O produto TORDON™ Star, que a empresa pretende aplicar en grande parte do trazado, é un herbicida moi tóxico.

  5. Inicio de mobilizacións para esixir solucións para as granxas excluídas das axudas ao sector ecolóxico e zonas desfavorecidas

    solicitude16d 16 de Decembro do 2022 · 

    Arredor de 200 produtoras/es acompañaron á SX do SLG no rexistro hoxe en Lugo da solicitude de entrevista co conselleiro. Inicio de campaña de mobilizacións para esixir medidas para as granxas discriminadas pola CMR no acceso ás axudas públicas

  6. O SLG-CCLL leva unha vez máis o debate sobre a invasión eólica nas Reservas da Biosfera

    Mrb 16 de Decembro do 2022 · 

    Reiteramos a demanda de activación inmediata dunha moratoria á instalación de polígonos industriais nas Reservas da Biosfera. Solicitamos coñecer a evolución do informe iniciado polo Comité Científico do Programa MaB da UNESCO a finais do 2021

  7. O SLG solicita que se cubran todos os custos ocasionados polo lume na Galiza

    Imaxe do cartaz Lumes Nunca Máis 28 de Xullo do 2022 · 

    O goberno galego non foi capaz ou non quixo activar todos os medios, previstos no PLADIGA, para facer fronte aos incendios máis catastróficos. En setembro deberá comezar o debate para lograr un consenso social sobre os cambios precisos no modelo de prevención, que ten que implicar mudanzas importantes para que non se repita.

  8. Se mata ao medio rural, non é enerxía limpa nin transición xusta

    Hidro 7 de Febreiro do 2022 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e a Asociación Petón do Lobo damos a voz de alarma e manifestamos a nosa absoluta oposición ao proxecto da central hidroeléctrica Xistral (936 MWE), que o grupo de explotación enerxética aragonés Alatalaya Generación -con negocio tamén no sector eólico e fotovoltaico- ameaza con instalar nos concellos de O Valadouro, Ourol, Alfoz, Cervo e Xove (Lugo).

  9. A Conselleira de Medio Ambiente abandona precipitadamente a xuntanza do COGAMADS bloqueando a votación da moratoria eólica

    Fóra eólicos do rural 27 de Xaneiro do 2022 · 

    SLG-CCL, ADEGA, FEG e SGHN censuraron o comportamento da Conselleira e solicitaron a convocatoria urxente dun pleno extraordinario do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel.

  10. Dúas das tres Reservas da Biosfera luguesas solicitarán unha moratoria para paralizar os parques eólicos, a solicitude do SLG

    MP 19 de Decembro do 2021 · 

    A Reserva da Biosfera Terras do Miño, e a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá comprometéronse, a instancia do Sindicato Labrego Galego, a solicitar á Xunta de Galicia unha moratoria que paralice de xeito inmediato os parques eólicos actualmente en tramitación.

  11. Alegamos contra a discriminación das granxas galegas con terra no borrador do RD para a nutrición sostíbel nos solos agrarios

    bosta 10 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas presentou hoxe quince novas alegacións ao Real Decreto polo se establecerán as normas para a nutrición sostíbel nos solos agrarios.

  12. Veciñanza afectada e SLG denunciamos irregularidades na exposición pública dos parques eólicos Mistral e Nordés

    Dificultades alegacións 16 de Novembro do 2021 · 

    O pasado 7 de outubro o Boletín Oficial da Provincia de Lugo recollía o anuncio de dous novos megaparques eólicos máis: Parque Eólico Mistral de 100,8 MW e infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER MISTRAL S.L.U), e o Parque Eólico Nordés de 67,2 MW e infraestrutura de evacuación nas provincias de A Coruña e Lugo (solicitado por GREENALIA WIND POWER NORDÉS S.L.U. ).

     

     

  13. Unindo forzas a nivel global contra o espolio do medio rural

    CNI_16-17 15 de Novembro do 2021 · 

    A voceira do Congreso Nacional Indíxena (CNI) mexicano Mª de Jesus Patricio, Marichuy, e a integrante da Asamblea de los Pueblos Indígenas del Istmo en Defensa de la Tierra y el Territorio Nisaguie Abril Flores, estarán en Touro, Compostela e Vigo o martes 16 e o mércores 17 de Novembro

     


  14. Esiximos un verdadeiro plan de restauración da mina de Touro (Atalaya Mining)

    PDRA_131121 13 de Novembro do 2021 · 

    O actual proxecto de drenaxe integral debe estar incorporado a un verdadeiro plano de restauración e ter como obxectivo único asumir os pasivos mineiros e resolver o problema de contaminación existente actualmente derivado da anterior explotación e  desligarse de calquera futuro proxecto que se poida presentar para a explotación mineira porque a restauración é previa a calquera novo proxecto de explotación, conforme á directiva europea

  15. A solicitude do SLG, o Ministerio para a Transición Ecolóxica ordena estudar o impacto das estruturas de explotación enerxética nas Reservas da Biosfera

    EstudoBiosfera 9 de Novembro do 2021 · 

    O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico realizará, por unha banda, un informe conxunto sobre as incidencias dos parques eólicos nas Reservas de Biosfera, e, por outra, un estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares -incluído o seu repotenciamento- e infraestruturas asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera no Estado español.

  16. Endesa encarga investigacións para identificar e neutralizar colectivos sociais que dinamizan a resistencia contra a invasión eólica

    faixa eólicos non 5 de Novembro do 2021 · 

    Importando as mesmas estratexias de identificación de resistencias locais empregadas dende fai décadas para a explotación de recursos naturais nos países en vías de desenvolvemento, están a ser varias as multinacionais enerxéticas que, a través de consultoras medioambientais ao seu servizo, están a contactar aos colectivos que informamos, denunciamos e nos opoñemos á invasión eólica do medio rural galego.

  17. A Rede Galega Stop Eólicos chama a intensificar a loita frente a estratexia de desmobilización da Xunta

    rede galega stop eolicos 26 de Outubro do 2021 · 

    Comunicado da RGSE - A semana pasada tivemos coñecemento das modificacións legais que a Xunta de Galicia di que vai introducir no sector eólico. Dende a Rede Galega Stop Eólicos (RGSE) queremos alertar de que estas modificacións non van servir para afrontar os problemas que supoñen os proxectos eólicos que están en tramitación ante a Xunta na Galiza e ante o Ministerio en Madrid.

  18. A Terra Chá érguese contra unha nova ameaza eólica: Parque Eólico Mistral

    Mistral Non 25 de Outubro do 2021 · 

    Solicitamos oficialmente que sexa posto a disposición da cidadanía nas oficinal municipais información do proxecto eólico Mistral que ameaza aos concellos de Xermade e Guitiriz na Terra Chá.

  19. A Comisión Contra as Minas da Terra Chá denuncia actividade mineira ilegal na parroquia de Goá

    PlenoCospeito 17 de Outubro do 2021 · 

    Na Comisión Contra as Minas na Terra Chá vimos de ter noticia de que dende hai uns días se están a realizar labores mineiras sen permiso en terreos da parroquia de Goá, en Cospeito. Ao tempo fomos informadas de que Erimsa está a ofrecer contratos de arrendamento a veciñas da zona do Arneiro, na mesma parroquia.

  20. Esiximos criterios axustados á realidade galega na xestión do lobo

    lobo 28 de Septembro do 2021 · 

    Demandamos que as medidas preventivas e os criterios para as indemnizacións por ataque de lobo se axeiten a nosa realidade. Non todo o estado español e latifundista nin Castela, é ineludible ter en conta a realidade económica e social das explotacións galegas. Precisamos un programa de sanidade animal eficiente, que protexa ao lobo ao tempo que palie os impactos nas granxas e que evite o contaxio de enfermidades a cabana doméstica.

  21. A veciñanza de Aldurfe fai fronte á Consellaría e oponse á construción da planta de transferencia de SOGAMA

    aldurfe 27 de Septembro do 2021 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a loita da veciñanza, sumándonos as súas demandas e instamos a Consellería de Medio Ambiente e os concellos afectados a que actúen dun xeito transparente e claro, e que deixen de insistir en converter o medio rural nun vertedoiro das áreas urbanas.

  22. Denunciamos a reincidencia de Corcel Minerals SL/ Eurobattery Minerals AB na execución de prospeccións ilegais en Santa Comba e Coristanco

    sondaxesilegaisCORCELMINERALS 16 de Septembro do 2021 · 

    Denunciamos ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Concello de Sta Comba unha nova tentativa de realizar sondaxes ilegais nos concellos de Sta. Comba e Coristanco perpetrada pola empresa mercantil CORCEL MINERALS SL e a súa matriz EUROBATTERY MINERALS AB.

  23. O SLG urxe a impedir un novo ataque do oligopolio eólico á comarca da Mariña

    greenalia-borrasca 8 de Septembro do 2021 · 

    Greenalia pretende instalar 15 eólicos, unha subestación e unha liña de alta tensión de evacuación até Xove. Os aeroxeradores que se pretenden implantar alcanzarían a altura de 180 metros (a maior cheminea de Alcoa na factoría de San Cibrao chega aos 145). Irían situados, 10 deles, no cumio dos montes entre Cornería e o monte de Oirán, nos límites entres os concellos de Lourenzá e Mondoñedo con Foz, e os 5 restantes irían entre Santa Cilla e o Pico da Lebre no concello de Foz. Este macroparque eólico de dimensións totalmente desproporcionadas afectará negativamente a un grande número de veciños e veciñas.

  24. SLG denuncia a ameaza de dous parques eólicos na Reserva da Biosfera Terras do Miño

    stop eolicos 28 de Agosto do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar unha serie de escritos na Deputación Provincial de Lugo e no Ministerio para a Transición Ecolóxica, demandando a actuación do Consello Científico, órgano asesor do Comité Español do Programa MaB da UNESCO, ante as "posíbeis afeccións á conservación de superficies de hábitats de Rede Natura e aos valores da Reserva da Biosfera Terras do Miño" dos parques eólicos 'Santuario' e 'Mistral' e das correspondentes infraestruturas de evacuación.

  25. Desmantelada para chatarra a planta de tratamento de Varilongo que levou máis de medio millón de euros da Xunta

    Varilongo 17 de Xullo do 2021 · 

    A mineira australiana Rafaella Resources, propietaria da filial que obtivo os dereitos mineiros da mina de estaño e volframio de Varilongo, en Santa Comba, demantelou esta semana a planta de tratamento de minerais que fora instalada en 2012 cunha subvención a fondo perdido do IGAPE de 645.855 euros, a cargo do Fondo Europeo de Desenvovemento Rexional. O Sindicato Labrego Galego, xunto a outros colectivos (Petón do Lobo BerXallas Minaría Destrutiva Non, Ecoloxistas en Acción e Fundación Montescola) denunciamos o desmantelamento por carecer das preceptivas autorizacións.

  26. As denuncias da veciñanza e dos colectivos de de Contraminacción paralizan as sondaxes ilegais en Castriz

    Sondaxes ilegais 3 de Xullo do 2021 · 

    Esta semana recibimos comunicación por parte do xefe do Servizo de Enerxía e Minas da Delegación Territorial da Coruña: “Infórmaselle de que con data 18/06/2021 o xefe territorial iniciou o correspondente expediente sancionador e ratificou a suspensión dos traballos acordada in situ, como consecuencia da visita de inspección realizada o 16/06/2021 polos servizos técnicos desta Xefatura Territorial

  27. O SLG denuncia sondaxes ilegais que afectan os recursos hídricos de nove familias en Santa Comba e Coristanco

    Sondaxes ilegais 15 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar, xunto a outros colectivos e organizacións, unha denuncia diante da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística contra as sondaxes mineiras ilegais nas que está a reincidir a empresa Eurobattery Minerals en Coristanco e Santa Comba. A denuncia tamén foi presentada diante da Consellaría de Economía, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, do Concello de Santa Comba e da Policia Autonomica.

  28. A Sociedade Civil europea denuncia os plans de materias primas da UE que impulsan a minería destrutiva

    Yes to Life No to Mining 10 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego, xunto con máis de 180 organizacións e plataformas de dereitos humanos e ambientais de 36 países, solicitamos á Unión Europea que abandone os seus plans de expansión masiva da minaría no marco dos plans da UE dun “Pacto Verde” (Green Deal) e “Recuperación Verde”.

  29. Nin un eólico máis, nin unha ocupación máis dos nosos montes e agras. Marcha o 5 de xuño!

    Marcha contra os eólicos 1 de Xuño do 2021 · 

    Nos últimos meses unha nova ameaza planea sobre as nosas aldeas, unha INVASION EÓLICA  como lle veñen chamando moitas plataformas veciñais.Diante disto, dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos a marcha do 5 de xuñ, Día do Medio Ambiente, convocada por varios colectivos e organizacións ecoloxistas e sindicaisda Galiza.

  1. Consello Reitor Terras do Miño

    O Sindicato Labrego Galego pide ás reservas da biosfera lucenses que impliquen á Unesco na loita contra as minas

    21 de Decembro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar senllos escritos diante dos órganos reitores das reservas da biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses en relación a proxectos mineiros que afectarían a estes espazos protexidos. Con ambos documentos, búscase a implicación, como parte interesada, do Consello Científico do Comité Español do Programa MaB (Programa sobre o Home e a Biosfera da Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura -Unesco-, no que se inclúen as reservas da biosfera).

  2. ContraMINAcción

    As principais formacións políticas galegas xa teñen a táboa reivindicativa de ContraMINAcción para evitar o saqueo do noso territorio a man das empresas mineiras

    2 de Decembro do 2013 · 

    A plataforma contraMINAcción continuou onte, 29 de novembro, a súa rolda de contactos cos partidos políticos de maior representación na Galiza co obxectivo de trasladarlles unha táboa reivindicativa (achégase xunto a este comunicado) con 13 medidas para poñer a salvo o noso territorio da depredación destrutora e lucrativa da minaría salvaxe. Tras facelo a semana pasada co PsdG e CxG, desta vez as xuntanzas foron co Partido Popular (PP), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Alternativa Galega de Esquerdas (AGE). Nesta ocasión, representaron a ContraMINAcción Isabel Vilalba Seivane e Margarida Prieto Ledo (Sindicato Labrego Galego), Paco García Trigo (Plataforma en defensa de Corcoesto), Marcos Celeiro (O Iribio), María Díaz (Plataforma Veciñal Corno do Monte) e Xoán Doldán (Véspera de Nada).

  3. Logo ContraMINAcción

    ContraMINAcción: Avaliación das xuntanzas mantidas con CxG e PSdG-PSOE

    25 de Novembro do 2013 · 

    Na tarde do pasado venres, 22 de novembro, integrantes da rede cidadá ContraMINAcción levaron adiante a primeira rolda de contactos coas forzas políticas galegas no marco dunha estratexia de diálogo que pretende aclarar cal é o posicionamento de cada un destes partidos respecto do plan de explotación mineira da práctica totalidade do territorio galego elucubrado por distintas empresas transnacionais de coñecida traxectoria destrutiva noutros países.

  4. Charla en Presqueiras

    SLG e Verbo Xido informan sobre os proxectos mineiros que ameazan Deza, Tabeirós-Terra de Montes e O Carballiño

    16 de Novembro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego e a Asociación Verbo Xido deron, o pasado 16 de novembro, unha charla informativa sobre os proxectos mineiros que ameazan parroquias do concello de Forcarei e Beariz como Presqueiras, Xirarga e Rubillón. O acto serviu tamén para conversar sobre outros proxectos, a maiores, que afectan a municipios das comarcas de Deza, Tabeirós-Terra de Montes e O Carballiño como Lalín, Silleda, Cerdedo, Avión ou A Lama. A charla, titulada “A mina de Presqueiras, Xirarga e Rubillón: Prexuízo ou beneficio?”, tivo lugar na casa do pobo de Guisande, en San Miguel de Presqueiras,

  5. Lobo

    Ataques de lobos ao pé das casas causan graves prexuízos ás explotacións gandeiras do Macizo Ourensán

    5 de Novembro do 2013 · 

    O pasado 1 de novembro, ás 0:20 horas, o gandeiro Ángel Rivas Peña sentiu ruídos nunha finca cercada que ten a escasos 30 metros do seu domicilio no lugar de A Teixeira (parroquia de Escuadro, Maceda). Atopou un becerro morto e un lobo comendo nel. Ao tentar asustar ao lobo, o animal se lle arrepuxo, polo que foi até a casa a por unha escopeta para disparar ao aire e disuadir ao depredador. Aínda que o lobo fuxiu, ao volver ao día seguinte á finca xa devoraran ao becerro case por enteiro.

  6. Manifestación Monte Pindo

    O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación convocada pola Asociación Monte Pindo Parque Natural

    4 de Outubro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoiará a manifestación que a Asociación Monte Pindo Parque Natural organiza este domingo, 6 de outubro, en Compostela, para denunciar a desastrosa política forestal e de prevención de incendios da Xunta e o seu desleixo á hora de protexer os nosos espazos naturais máis emblemáticos, como foi o caso do Monte Pindo, arrasado nun devastador lume iniciado o 11 de setembro.

  7. Rainha Lupa

    O SLG esixe á Xunta que garanta a continuidade das explotacións agrarias afectadas polos incendios forestais

    17 de Septembro do 2013 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego queremos solidarizarnos con todas as persoas afectadas pola devastación do incendio forestal de Carnota e de todos os que se levan producido ao longo do verán. En especial, queremos expresar o noso apoio a todas as explotacións agrarias e gandeiras que viron arder o seu medio de vida e que teñen nomes propios, como a Cooperativa Rainha Lupa, de Quilmas (parroquia do Pindo) onde arderon as colmeas, invernadoiros e plantacións froiteiras (ver fotografías); ou a comunidade de montes de Caldebarcos, na que a súa produción apícola se viu seriamente afectada ao ficar arrasada a vexetación e arborado dos que se alimentan as abellas en moitos quilómetros á redonda.

  8. Xabarís

    Os ataques dos xabarís volven poñer en perigo a colleita de millo forraxeiro e a renda das explotacións gandeiras

    11 de Septembro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego volve reclamar da Consellaría de Medio Rural unha resposta efectiva diante dos estragos que están a causar as laradas de xabarís nas leiras de millo forraxeiro, cultivo indispensable para a mantenza do gando e para aforrar nos custes de produción da alimentación animal nas explotacións gandeiras.

  9. Sinaturas

    Por unha nova política forestal que evite os incendios

    30 de Agosto do 2013 · 

    O 30 de agosto, representantes das organizacións que integran a Asemblea Galega contra o Lume, entre os que se atopaba a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, presentaron no rexistro xeral da Xunta unha táboa reivindicativa para rematar, dunha vez por todas, coa lacra do lume que está a arrasar, un verán máis, o noso país. Medio millón de hectáreas queimadas dende 1988 deberían ser motivo máis que suficiente para que a nosa clase política recoñeza que as medidas de loita contra o lume desenvolvidas até hoxe foron un absoluto fracaso.

  10. Sede Terras do Miño

    A Deputación de Lugo pedirá informes para evitar que o Plan de Actividades Extractivas da Xunta afecte ás reservas da biosfera de Ancares e Terras do Miño

    2 de Agosto do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego acadou o compromiso da Deputación de Lugo para que tamén se implique na defensa da Reserva da Biosfera Terras do Miño1 e se opoña á explotación mineira que a canadense Goldquest Ibérica S.L. quere levar a cabo en 12.000 hectáreas de terras repartidas nos termos municipais da Fonsagrada, Baleira, Baralla e Becerreá, e á que lle foi concedido o permiso de exploración Lago II 6056. Este apoio da Deputación veu despois de que o SLG presentase un escrito diante do Órgano de Xestión de Terras do Miño, o 31 de xullo, na súa xuntanza anual en Lugo.

  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. Seguinte