A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente: 2013

  1. Organo de participación

    O Sindicato Labrego Galego implica á Deputación de Lugo na oposición á minaría salvaxe nos Ancares

    31 de Xullo do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego pediu formalmente, o 29 de xullo, a implicación da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses na oposición á explotación mineira que pretende levar a cabo a empresa canadense Goldquest Ibérica S.L. en 12.000 hectáreas de terras repartidas nos termos municipais da Fonsagrada, Baleira, Baralla e Becerreá. Esta petición oficial foi realizada polo SLG en calidade de membro do Órgano de Participación da Reserva da Biosfera dos Áncares Lucenses, que se reuniu onte en San Román de Cervantes, do mesmo xeito que o fixo unhas horas antes o Órgano Rector da Reserva, encabezado polo presidente da Deputación, Xosé Ramón Gómez Besteiro.

  2. ContraMINAcción

    ContraMINAccion esixe a nulidade da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto mineiro de Corcoesto

    11 de Xullo do 2013 · 

    Tras coñecerse a nova de que a Consellaría de Industria daba marcha atrás ao proxecto mineiro en Corcoesto por non cumprir "cos requisitos técnicos e financeiros necesarios", a Rede ContraMINAcción, da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, solicitaba "a retirada do proxecto mineiro de Corcoesto, así como a nulidade da declaración de impacto ambiental (DIA) ditada no seu día pola Xunta".

  3. Sebastián Pinetta

    A experiencia arxentina advirte do desastre social, económico, sanitario e ambiental que implica a megaminaría

    12 de Xuño do 2013 · 

    A Rede ContraMINAcción mantivo, o 11 de xuño, un encontro de traballo con Sebastián Pinetta, presidente da asociación civil arxentina Bienaventurados los Pobres (BePe) e coordinador do proxecto “Fortalecemento das capacidades de comunidades do noroeste arxentino afectadas pola minaría a ceo aberto para a defensa dos seus territorios e medios de vida”.

  4. O SLG na manifestación

    Galiza dá un non masivo á minaría salvaxe

    2 de Xuño do 2013 · 

    Máis de 10.000 persoas vidas de todos os currunchos da xeografía galega e da veciña Asturias deixaron pequena a praza da Quintana na manifestación contra a minaría salvaxe que encheu as rúas de Compostela o 2 de xuño. Agardamos que esta reacción multitudinaria contra as políticas da Xunta no que respecta a novas concesións mineiras e, nomeadamente, ao Plano Galego de Actividades Extractivas, fagan entrar en razón aos nosos gobernantes e paren a tempo o que, a toda luces, supón a entrega a unhas poucas empresas mineiras do noso territorio e dos principais sectores económicos que sosteñen ao noso medio rural. Galiza vén de dicir non ás minas; agora só falla que os e as gobernantes que din representala obedezan o mandato do pobo que lles deu a confianza nas urnas.

  5. Cartaz

    O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación do 2 de xuño contra a minaría salvaxe e na defensa da terra

    30 de Maio do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego, organización agraria integrante do colectivo ContraMINAcción, quere expresar o seu total apoio á manifestación que vai ter lugar en Santiago de Compostela este domingo, 2 de xuño, para oporse ás políticas de cesión do noso territorio ás industrias mineiras a través do Plan Sectorial de Actividades Extractivas da Xunta de Galicia.

  6. Manifestación Xinzo

    O Sindicato Labrego Galego apoiou activamente a tractorada en Xinzo contra o proxecto da mina de feldespato

    26 de Maio do 2013 · 

    O pasado 25 de maio, a Plataforma Veciñal Corno do Monte elevou a temperatura das súas protestas cunha tractorada contra a mina de feldespato proxectada por Minecer SL. Segundo a organización, “máis de 400 asistentes e preto de 200 tractores foron o xeito no que se manifestou por unanimidade a veciñanza limiá. Xunto a eles, todo o sector servizos da agricultura e a gandería (almacéns de patacas, abonos, fitoagrarias, talleres…) de Xinzo e Trasmiras pecharon este sábado para sumarse a protesta e apoiar aos seus agricultores e gandeiros”.

  7. Escavadora

    O Sindicato Labrego Galego denuncia unha posible prospección ilegal en Oroso por parte da mineira Erimsa

    23 de Maio do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego interpuxo ante o Concello de Oroso, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e a Consellaría de Industria, senllas denuncias por unha posible prospección ilegal de terras da que se fixo publicamente responsable a empresa mineira Erimsa.

  8. Manifa

    ContraMINAcción convoca unha grande manifestación o 2 de xuño para frear a minaría salvaxe promovida pola Xunta

    16 de Maio do 2013 · 

    Representantes de varias das organizacións que integran o colectivo ContraMINAcción ofreceron unha rolda de prensa hoxe, 16 de maio, para anunciar unha grande manifestación en Compostela para o vindeiro 2 de xuño, que partirá ás 12:00 horas da Alameda. Con esta manifestación, que as entidades organizadoras auguran masiva, preténdese expresar o rexeitamento que está a xerar o incremento de concesións mineiras en Galiza por parte da Xunta sen atender á salvagarda de espazos protexidos, comunidades humanas e medio ambiente; nin á defensa dos miles de persoas e postos de traballo que están ameazados polas actividades extractivas dunhas poucas empresas.

  9. Non á mina en Xinzo

    O SLG apoia a manifestación en Xinzo contra a mina de feldespato e secundou a concentración da veciñanza de Corcoesto diante do Parlamento

    25 de Abril do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación do 27 de abril en Xinzo convocada pola Plataforma Veciñal Corno do Monte -composta por veciñas e veciños de Seoane de Oleiros, Fiestras, Laroá, San Pedro de Laroá, Rebordechá, Paredes, Moreiras e Faramontaos- en contra do proxecto mineiro Faramontaos 5089.1, de Minecer SL, para a extracción de feldespato.

  10. Minas non

    Nace ContraMINAcción, a Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza, co SLG entre as organizacións integrantes

    22 de Abril do 2013 · 

    Un grupo de persoas e organizacións sensibles cos problemas e ameazas que están a supoñer o aumento das concesións mineiras -máis do 50% da superficie do país-, con proxectos irracionais en localizacións con altos valores ambientais -LIC Anllóns, Fragas do Eume, Serra do Galiñeiro, etc.- decidimos crear ContraMINAcción, Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. Seguinte