A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente: 2013

  1. O ouro non se bebe

    O Sindicato Labrego apoiou a manifestación do domingo en Carballo contra a minaría contaminante en Corcoesto

    11 de Abril do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoiou a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños para o pasado 14 de abril, en Carballo. A razón principal do apoio a esta manifestación foi o rexeitamento absoluto do SLG ao proxecto mineiro da empresa canadense Edgewater Corporation para extraer ouro en Corcoesto polo irreversible impacto que tería o seu desenvolvemento nas actividades agrogandeiras e na vida do medio rural da bisbarra.

  2. Canteira

    Unha empresa mineira de Noruega ameaza 8.000 hectáreas de terras nas comarcas de Compostela e Ordes

    10 de Abril do 2013 · 

    A empresa mineira Erimsa1, de Noruega, vén de solicitar cinco permisos de investigación para as concesións mineiras Calvente 7.136, Andrea 7.137, Lamoso 7.135, Xanceda 76.138 e Marís, que afectan ás comarcas de Compostela e Ordes e abranguen unhas 8.000 hectáreas. En concreto, a concesión Calvente ten 32 cuadrículas2 nos concellos de Oroso, O Pino e Santiago; Andrea ten 87 nos termos municipais de Oroso, Ordes, Frades e Mesía; Lamoso, 9 en Ordes e Oroso; e Marís, 102 en Mesía e Frades do mesmo xeito que Xanceda, que ten 28 nestes dous últimos concellos. Todas as concesións son para extraer cuarzo e minerais afíns para a industria da cerámica e do vidro.

  3. Mina non

    O Sindicato Labrego Galego apoia a tractorada do domingo contra a minaría contaminante en Corcoesto

    5 de Abril do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoiará a tractorada convocada pola Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños para o vindeiro domingo, 7 de abril. A razón principal do apoio a esta manifestación é o rexeitamento absoluto do SLG ao proxecto mineiro da empresa canadense Edgewater Corporation para extraer ouro en Corcoesto polo irreversible impacto que tería o seu desenvolvemento nas actividades agrogandeiras da bisbarra.

  4. Touceda

    Os ataques do xabaril fan perigar a sementeira nunha explotación de horta na parroquia estradense de Berres

    3 de Abril do 2013 · 

    Durante varios días da Semana Santa, a explotación de horta dos Touceda sufriu os estragos causados polo ataque dos xabarís. A familia Touceda dedica boa parte da súa produción ao cultivo do amorodo e da xudía. A finca atacada, que se atopa na parroquia de Berres (A Estrada) xunto ao río Ulla, ten unha extensión de 2 hectáreas. Dentro desa finca, os xabarís estragaron unha leira de 6.000 m² que estaba a ser preparada para a sementeira da xudía: xa se fixeran os traballos de fresado, abonado e nivelación, e estaba previsto sementar esta semana.

  5. Tractor forestado

    As forestacións ilegais seguen a ter o amparo da Xunta a pesares de violar a nova Lei de Montes

    14 de Marzo do 2013 · 

    O 12 de marzo, persoas afectadas polas forestacións ilegais de terras agrarias, procedentes de diversas comarcas galegas, mantiveron un encontro coa equipa xurídica do Sindicato Labrego Galego e con membros da súa Executiva como a secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, ou o secretario de Montes, Xosé Manuel Calvo Rei.

  6. En defensa da Terra Chá

    A Xustiza e a Consellaría de Medio Ambiente non permiten a Erimsa a explotación do seixo na Terra Chá

    28 de Febreiro do 2013 · 

    Esta semana coñecíase a nova de que a Xustiza fallaba contra a empresa norueguesa Erimsa na súa tentativa de obter licenza para explotar o seixo da Terra Chá. Todo empezou no ano 2009, cando Erimsa presentou recursos contencioso-administrativos contra os concellos de Castro de Rei, A Pastoriza e Cospeito por entender que lle foran dadas licencias de explotación mineira por silencio administrativo. As licenzas recorridas pola empresa foron Karles e Alicia (Castro de Rei), Karles (Cospeito), Alicia (Cospeito), Alicia (A Pastoriza) e Pastoriza (A Pastoriza).

  7. Isabel Vilalba

    Colectivos e organizacións sociais sentan as bases para crear un movemento contra a minaría salvaxe na Galiza

    16 de Febreiro do 2013 · 

    As diversas organizacións e colectivos que participaron no primeiro Encontro Galego sobre os Impactos da Minaría1, que se celebrou o 16 de febreiro en Teo, remataron a xornada co compromiso de crear unha rede de traballo de cara a constituír un movemento global de oposición á minaría salvaxe na Galiza.

  8. Mina

    Alegacións para evitar que as minas de feldespato na Limia destrúan unha das zonas agrícolas máis fértiles da Galiza

    15 de Febreiro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar diante da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas unha serie de alegacións para impedir que a empresa Minecer S.L. desenvolva o seu proxecto Faramontaos 5089.1 de extracción de feldespato a ceo aberto en Trasmiras e Xinzo de Limia.

  9. Canteira

    O SLG rexeita a mina de feldespato en Xinzo porque arruinaría terras cun potencial produtivo de 18 millóns de quilos anuais de pataca

    1 de Febreiro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego expresa publicamente o seu frontal rexeitamento ao proxecto mineiro a ceo aberto para a extracción de feldespato en Xinzo de Limia por atentar directamente contra os intereses das explotacións agrarias da zona.

  10. Corcoesto

    O SLG rexeita a mina en Corcoesto por poñer en perigo o futuro dun milleiro de explotacións agrogandeiras na zona

    15 de Xaneiro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego fai público o seu rexeitamento máis absoluto ao proxecto mineiro da empresa canadense Edgewater Corporation para extraer ouro en Corcoesto polo irreversible impacto que tería o seu desenvolvemento nas actividades agrogandeiras da bisbarra.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3