A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente: 2017

  1. Velutina

    O PP rexeita o plan de choque contra a Velutina e seguirá coas medidas que permitiron a invasión do 70% da Galiza

    21 de Decembro do 2017 · 

    Despois da intensa campaña que fixemos dende a Plataforma STOP Velutina para levar ao Parlamento de Galicia un plan de choque contra a avespa asiática, o Partido Popular acabou impoñendo a súa maioría absoluta, na sesión do 20 de decembro, contra as propostas non de lei presentadas por En Marea, BNG e PSOE neste sentido.

  2. Rexistro velutina

    A Plataforma STOP Velutina leva a loita contra a avespa asiática até o Parlamento de Galicia

    14 de Decembro do 2017 · 

    As voceiras da Plataforma Stop Velutina -Galicia, Laura García e Diego Sánchez rexistraron, o 13 de decembro, unha iniciativa parlamentaria coa que pretenden chamar a atención da Xunta e o fixeron acompañados por representantes dos grupos parlamentarios da oposición.

  3. Mastín

    Medio Ambiente deixa sen efecto as axudas para prever ataques da fauna salvaxe ao impoñer prazos inasumibles

    5 de Decembro do 2017 · 

    O pasado xoves, 30 de novembro, comezáronse a recibir as primeiras resolucións de axuda para a implantación de medidas preventivas fronte aos ataques de lobo e xabaril. Esta semana, é previsible que moitas persoas beneficiarias destas subvencións sigan recibindo aínda resolucións.

  4. Eduardo de Touro

    Eduardo Quintás (gandeiro): "De que nos serve a mina en Touro se destrúe 150 postos de traballo na gandería?"

    30 de Novembro do 2017 · 

    Eduardo vive en Arinteiro, unha aldea de Loxo no concello de Touro. Hai catro anos, apostou o seu futuro á gandería facéndose titular da granxa familiar: 35 vacas de leite e carne e unhas 10 hectáreas de terras para mantelas. A incorporación de Eduardo sería unha boa nova para o rural se o meirande das súas terras, nas que agora nace a herba sementada, non estivesen na zona cero dun proxecto mineiro de Atalaya Mining que ameaza o seu traballo e o de 150 labregos e labregas máis nos municipios de Touro e O Pino.

  5. Mani contra LFIIE

    O SLG apoia a manifestación do domingo contra a Lei de Depredación por deixar sen protección a nosa agricultura

    18 de Outubro do 2017 · 

    O Partido Popular aprobou onte, 17 de outubro, a Lei de Fomento das Iniciativas Empresariais (LFIIE), máis coñecida como Lei de Depredación de Galiza, que elimina de golpe unha grande cantidade de ferramentas legais coas que a cidadanía podía defenderse do impacto negativo de actividades empresariais nocivas e negativas para o medio ambiente e a vida das persoas.

  6. Alegacións San Rafael

    A mina de San Rafael pon en risco directo a vida de máis de duascentas persoas nos concellos do Pino e en Touro

    4 de Outubro do 2017 · 

    Unha comitiva de veciños e veciñas de Touro e da plataforma contraMINAcción acudiu, o 3 de outubro, até o Rexistro Xeral da Xunta de Galicia para facer entrega de 500 alegacións contra o proxecto da mina de San Rafael, que afecta unha ampla zona dos termos municipais de Touro e O Pino.

  7. Non á minaría

    contraMINAcción chama ás organizacións sociais de Galiza para paralizar o proxecto de Lei de Fomento Empresarial

    14 de Septembro do 2017 · 

    Esta semana, os grupos políticos da oposición no Parlamento de Galicia mantiveron unha xuntanza para analizar o contido do proxecto de Lei de Fomento das Iniciativas Empresariais impulsado polo Partido Popular. A esta xuntanza asistiron representantes de contraMINAcción, plataforma na que está integrado o Sindicato Labrego Galego, e puideron coñecer as graves repercusións que podería ter para Galiza a aprobación deste proxecto.

  8. Plataforma STOP Velutina

    A Plataforma STOP Velutina insta á Xunta a afrontar con medios suficientes a loita contra a avespa asiática

    31 de Maio do 2017 · 

    O 30 de maio, a Plataforma STOP Velutina, integrada por unha trintena de colectivos e organizacións entre as que se atopa o SLG, rexistrou un escrito dirixido ás consellarías de Medio Ambiente e Medio Rural reclamando a súa implicación na loita contra a avespa velutina, unha especie exótica invasora que ten en xaque os sectores apícola e froiteiro da Galiza e que representa unha auténtica ameaza para a seguridade cidadá.

  9. Alegacións Xanceda

    O SLG e a veciñanza de Xanceda presentan máis de 200 alegacións contra a extracción de seixo na parroquia

    18 de Abril do 2017 · 

    Unha comitiva en representación da veciñanza de Xanceda e o Sindicato Labrego Galego achegáronse, o 17 de abril, até a Casa do Concello de Mesía para presentar as alegacións contra o proxecto Xanceda 7138 co que a empresa Erimsa pretende extraer cuarzo metalúrxico nunha concesión de 781 hectáreas. En total, e tralo acto de hoxe, lévanse rexistradas 217 alegacións; dado que o prazo de presentación remata aínda o vindeiro mércores, as estimacións apuntan a que se presentarán, finalmente, máis de 250 alegacións.

  10. Erimsa Ordes

    Xa temos os modelos de alegación para presentar contra os proxectos da empresa mineira Erimsa en Xanceda

    6 de Abril do 2017 · 

    O equipo xurídico do SLG vén de redactar dous modelos de alegación para presentar aos proxectos que a empresa mineira Erimsa pretende levar a cabo en Xanceda (Mesía). Se estás interesad@ en presentar alegacións, ten en conta que o prazo remata o 18 de abril. Para facilitarche os trámites estaremos este xoves e este venres, 6 e 7 de abril, de 19:00 a 21:00 horas, en Casa Mosquera (Xanceda) para asesorar e recoller as alegacións. Despois, até que se peche o prazo, poderedes pasar tamén pola nosa oficina de Ordes (rúa Alfonso Senra 117; teléfono 981 682 908).

  1. 1
  2. 2
  3. Seguinte