A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Política Internacional>
  5. O SLG presenta na Galiza a Declaración dos Dereitos Labregos da ONU cunha lectura pública dos seus artigos

O SLG presenta na Galiza a Declaración dos Dereitos Labregos da ONU cunha lectura pública dos seus artigos

30 de Marzo do 2019

Lectura Dereitos Labregos

O Sindicato Labrego Galego realizou, o 31 de marzo, unha lectura pública da Declaración dos dereitos dos labregos e das labregas e outras persoas que traballan nas zonas rurais, que foi aprobada definitivamente o 17 de decembro de 2018 pola Asemblea Xeral da ONU en Nova York. O acto tivo lugar no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, en Compostela, e nel participaron figuras públicas e representantes de organizacións e colectivos destacados na defensa da terra e dos dereitos humanos na Galiza. Cómpre destacar, neste senso, a presenza de Marina dos Santos, dirixente do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra do Brasil (MST).

Para o Sindicato Labrego Galego era unha tarefa importante dar a coñecer ás institucións e movementos sociais da Galiza esta Carta de Dereitos Labregos, xa que supón a primeira conquista global do campesiñado e foi o resultado dun duro traballo de case dúas décadas liderado por La Vía Campesina, movemento internacional do que forma parte o SLG.

Máis alá do seu enorme valor simbólico, esta Declaración de Dereitos Labregos pode ser unha ferramenta extraordinaria para pedir contas e esixir cambios nas políticas dos gobernos de todos aqueles países que son membros da ONU en todas aquelas loitas nas que se vulneren os dereitos do campesiñado agora recoñecidos.

Lectura Dereitos Labregos 1Lectura Dereitos Labregos 2