A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Política Agraria>
  4. Política Internacional>
  5. DÍA INTERNACIONAL DAS LOITAS CAMPESIÑAS CONTRA A OMC: en memoria de Lee, a loita continúa!

DÍA INTERNACIONAL DAS LOITAS CAMPESIÑAS CONTRA A OMC: en memoria de Lee, a loita continúa!

10 de Septembro do 2009

Non hai imaxe

Cada ano, con ocasión desta data, rememoramos a  mobilización da Vía Campesina internacional contra a OMC en Cancún o 10 de setembro do 2003, na que Lee Kyung Hae  sacrificouse para lembrar aos grandes que deciden sobre o planeta a súa  responsabilide fronte á desaparición das economías campesiñas no mundo.

 Comunicado de prensa. LA VÍA CAMPESINA INTERNACIONAL

Para as campesiñas e campesiños do mundo, a loita contra a OMC é unha loita pola vida. En efecto,  mentres máis avanza a aplanadora da liberalización, maior é o número de labregos e labregas que desaparecen.
No 2003, os campesiños/as coreanos facían parte daquelas persoas ás que as políticas neoliberais golpeaban máis duramente. Baixo a presión da forte competencia das importacións a baixos prezos, moitos produtores e produtoras víronse na imposibilidade de vender as súas propias colleitas.
O señor Lee Kyung Hae, facía parte destes campesiños a quen o comercio internacional nega o dereito de vivir dignamente do seu oficio. En Cancún, Lee escalou a reixa enfronte da OMC, cun cartel sobre o cal estaba escrito : « A OMC mata os campesiños » ! Algúns instantes despois, vimos sangue que brotaba do seu peito. Lee sacrificouse para lembrar aos grandes que deciden sobre o planeta os seus correspondentes responsabilides fronte á desaparición das economías campesiñas no mundo.

Lee Kyung Hae
Seis anos máis tarde, a pesar da súa morte, nada cambiou.

No 2009, os labregos e labregas coreanas viven con pavor a apertura programada do mercado de arroz e o esborralle do mercado deste cereal. Este ano, coa ocasión da celebración do 10 de setembro, e en memoria de Lee, o campesiñado coreano mobilizarase masivamente tras o slogan : « Non á OMC, preservemos o prezo do arroz ! »Preservar un prezo remunerador é extremadamente dificil, posto que cada vez máis, as multinacionais controlan o conxunto da cadea alimentaria, da produción até a comercialización. Posuidoras das reservas mundiais, especulan sobre os prezos dos produtos agrícolas. Os prezos dispáranse no seu beneficio, en detrimento de os consumidores máis pobres, novas víctimas das políticas neoliberais da OMC que favorizan ditas multinacionais. Os campesiños suicídanse e as persoas morren de fame posto que non poden comprar máis os alimentos. As consecuencias do libre comercio predicado pola OMC e polos acordos bilaterais son completamente intolerábeis !
A isto súmanse os impactos ecolóxicos da liberalización. Canto máis sexan mercantilizadas, liberalizadas e comercializadas a natureza, a agricultura e a alimentación, nos catro puntos cardinales do planeta, maiores serán as emisións de gas con efecto invernadoiro. Unha institución como a OMC, así como os acordos bilaterais de libre comercio, son os verdadeiros perigos para a humanidade e para o planeta mesmo.
Este ano, para La Vía Campesina, a conmemoración da memoria de Lee comezou desde o 3 de setembro co encontro organizado fronte á iniciativa do goberno de India que pretende relanzar o ciclo de Doha. Máis de 50 000 manifestantes déronse cita nas rúas de Nova Deli. Reforzados con esta mobilización, manteremos este espírito de loita nos meses por vir.
Facemos un chamado a todas as persoas que nos apoian para que nos xuntemos e organizemos accións que denuncien a brutalidade do control da economía levada a cabo polas multinacionais. Haberá un bo número de ocasións que se nos presentan nos seguintes meses para esixir por parte dos nosos dirixentes compromisos máis concretos a favor da soberanía alimentaria.

 

MOBILIZACIÓNS
*O próximo 16 de outubro, A Vía Campesiña tomará parte e organizará accións contra a multinacional Monsanto que continua acaparando as terras e as sementes que son patrimonio da humanidade (para máis información ver: http://www.combat-monsanto.co.uk/). En México, berce de miles de variedades de millo, e onde despois de marzo do 2008, unha lei autoriza o cultivo de millo transxénico, sucederanse accións en todo o país e organizarase un foro internacional. Non dubide en comunicarnos con anterioridade calquera proxecto de acción contra Monsanto a : viacampesina@ viacampesina.org de maneira que podamos facer eco das súas iniciativas.
*Do 16 ao 18 de novembro, A Vía Campesiña estará presente cunha gran delegación no Cumio Mundial da FAO sobre a Seguridade Alimentaria en Roma. Este cumio de xefes/as de estado revélase dunha importancia crucial posto que adoptará moi probablemente as regras de funcionamento da nova gobernancia mundial fronte ás cuestións relativas á agricultura e á alimentación. Antes do Cumio, do 13 ao 17 de novembro, o Comité Internacional de Planificación pola Soberanía Alimentaria (CIP), baixo a responsabilidade dun Comité de Pilotaxe, organizará un Foro Paralelo para as Organizacións da Sociedade Civil. Este Foro contará con espazos específicos para as mulleres, os mozos e os pobos autóctonos, co fin de debater as diferentes estratexias relativas á soberanía alimentaria. Este foro culminará un día antes do fin do Cume a fin que as solucións propostas pola sociedade civil para saír da crise sexan presentadas ante os xefes de estado. (Para maior información sobre o foro paralelo : foodsovforum2009@gmail.com)

*Do 30 de novembro ao 2 de decembro, levará a cabo en Xenebra, a Sétima Conferencia Ministerial da OMC. La Vía Campesina contou cunha presenza forte e determinada en Seattle, Cancún e Hong Kong. Este ano estaremos tamén presentes en Xenebra. Certamente, dada a debilidade actual da OMC, e a renovación ao seo de varias delegacións, haberá poucas opcións de que a 7ª Conferencia produza avances determinantes. Esta conferencia foi entre outras, presentada oficialmente como un encontro de avaliación xeral do sistema comercial multilateral e non como unha sesión de negociación. Pero, á vez que se fala disto, o G20, India e o director da OMC multiplican todas as iniciativas posibles de encontros para tratar de lograr exitosamente no 2010 un ciclo de Doha agora agonizante. Ao longo dos meses por vir e até a conferencia de finais de novembro, as organizacións campesiñas da Vía Campesiña van manter a presión sobre os seus gobernos. En India, por exemplo, logo da reunión de Nova Deli e das declaracións do ministro indio, o traballo de mobilización contra aOMC e os acordos bilaterais de libre comercio prosegue ao longo e ancho do país. En Estados Unidos de igual forma, as organizacións da Vía Campesiña América do Norte, preparan accións contra a reunión do G20, prevista en Pittsburgh, do 23 ao 25 de setembro próximos.
*Do 7 ao 18 de decembro terá lugar en Copenhague a Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (COP 15). Co obxectivo de vincular Xenebra a Copenhague, a rede Climate Justice Action, baixo o apoio á súa vez de numerosas redes, organiza unha caravana na que participará A Vía Campesiña. Polo momento se preveen dúas rutas con etapas en Francia, Bélxica e Alemaña. Poden apoiar esta iniciativa participando na recepción das diferentes etapas (máis información en havaria @ gmx.de ou elviejo @ greenmail.ch). En Copenhague, A Vía Campesiña participará con todos os outros movementos sociais na gran marcha programada para o 12 de decembro. Organizaremos accións campesiñas o 13 de decembro e participaremos tamén na xornada especial de accións sobre a agricultura, prevista para o 15 de decembro. Por outra banda, habemos xa reservado algúns talleres sobre soberanía alimentaria e coorganizaremos un foro coa Marcha Mundial das Mulleres, Amigos da Terra e a Global Forest Coalition. Os e as mozas de Reclaim the fields estará igualmente presentes e activos ao longo de toda a reunión da COP 15 (máis información en: www.reclaimthefields.org)
Calquera que sexa a ocasión, Unéte ás nosas mobilizacións! Comunícanos as túas accións e envíanos fotos e vídeos a: viacampesina @viacampesina.org.


Todas e todos xuntos, globalizemos a loita, globalizemos a esperanza!