A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Política Internacional: 2014

  1. Protestas contra o TTIP

    11 de outubro: Xornada de loita contra os tratados de libre comercio entre a Unión Europea, Estados Unidos e Canadá

    10 de Outubro do 2014 · 

    O 11 de outubro, coincidindo coa terceira xornada mundial contra o fracking, vaise celebrar un Día de Acción Europea contra os tratado de libre comercio que a Unión Europea pretende asinar con Canadá e Estados Unidos.

  2. Protestas contra o acordo UE Canadá

    O SLG impugna o acordo comercial entre a UE e Canadá por deixar á cidadanía indefensa ante o poder empresarial

    12 de Septembro do 2014 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, rexistrou un escrito dirixido a varias institucións solicitando impugnar a inclusión da cláusula sobre a Solución de Controversias entre Inversor e Estado (ISDS) no Acordo Económico e Comercial Amplo (CETA) que a Unión Europea vai asinar con Canadá o 25 de setembro. A intención deste escrito é influír na posición española no Comité de Política Comercial do Consello da UE que, o 12 de setembro en Bruxelas, debate este tema para chegar a un acordo sobre o texto final do CETA, que se vén negociando dende 2009.

  3. Isabel Vilalba

    O SLG participa con organizacións sociais de toda Europa nas estratexias contra o tratado de libre comercio cos EEUU

    17 de Xullo do 2014 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, vén de participar no II Encontro da Sociedade Civil Europea contra o TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership ou Acordo Transatlántico de Comercio e Investimentos), que se desenvolveu en Bruxelas os días 14 e 15 de xullo. Xunto ao Sindicato Labrego Galego, déronse cita todo tipo de organizacións sociais (ecoloxistas, agrarias, sindicais, etcétera) para debater e acordar estratexias comúns contra un TTIP que se está a negociar de costas á cidadanía e que está a ser deseñado, fundamentalmente, por empresas privadas e transnacionais.

  4. Diante da ONU

    Campaña da Vía Campesina durante o Consello de Dereitos Humanos da ONU pola Declaración dos Dereitos Labregos

    19 de Xuño do 2014 · 

    Do 11 ao 13 de xuño, unha delegación da Vía Campesina estivo presente na 26 sesión do Consello de Dereitos Humanos en Xenebra para continuar co traballo de lobby de cara á redacción dunha Declaración Internacional dos Dereitos Labregos.

  5. 17 de abril de 2014

    O SLG reafírmase na defensa das nosas sementes no 17 de abril, Día Internacional da Loita Labrega

    16 de Abril do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego, como integrante da Coordinadora Europea da Vía Campesina, súmase ás mensaxes reivindicativas deste 17 de abril -Día Internacional da Loita Labrega- centradas na defensa do dereito a poder cultivar, reproducir e intercambiar as nosas propias sementes.

  6. Grupo de traballo da ECVC

    O SLG en Xenebra para traballar pola Declaración Internacional dos Dereitos dos Labregos e das Labregas

    29 de Marzo do 2014 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, vén a participar, entre o 26 e 27 de marzo, nun seminario en Xenebra (Suíza) no que a Coordinadora Europea da Vía Campesina (da que o SLG é membro) planificou as accións a levar a cabo para que a ONU aprobe unha Declaración Internacional sobre os Dereitos dos Labregos e das Labregas.



  7. Duquesa e Conde

    Mozos e mozas do SLG denuncian en Madrid as dificultades da xente nova para incorporarse á actividade agraria

    15 de Xaneiro do 2014 · 

    Unha comitiva de mozos e mozas do Sindicato Labrego Galego viaxou hoxe, 15 de xaneiro, até Madrid, para apoiar unha concentración de protesta diante do Ministerio de Agricultura de cara denunciar as dificultades da xente nova para incorporarse á actividade agraria. A mobilización foi organizada polas Mocidades Agrarias de COAG, organización da que forma parte o SLG, e a ela acudiron mozos e mozas de todo o Estado.