A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Política Internacional: 2016

  1. TTIP non

    Informe TTIP: Os casos por intoxicacións alimentarias por E.coli son un 5.300% máis frecuentes en EEUU que na UE

    21 de Outubro do 2016 · 

    Amigos da Terra vén de presentar un informe (podes descargalo na icona que atoparás no remate desta páxina) que amosa as perdas para o sector agroalimentario do Estado en caso de aprobarse o Tratado de Comercio e Investimentos entre EEUU e a UE. O informe encargado aos servizos técnicos da organización agraria COAG, na que se integra o SLG, expón tamén a ameaza que representa o TTIP para a seguridade alimentaria europea. Os casos por intoxicacións alimentarias pola bacteria E.coli verotoxigenica son un 5.300% máis frecuentes en EEUU que na UE, segundo a análise comparativa dos centros de control de enfermidades da UE e de EEUU que recolle o informe.

  2. TTIP

    Esiximos unha postura clara dos partidos co TTIP por estar en xogo o traballo de miles de familias e a saúde

    21 de Xuño do 2016 · 

    A Comisión Europea pretende blindar os disruptores endocrinos, substancias tóxicas que alteran o sistema hormonal das persoas e que poden causar graves enfermidades. Segundo anunciou a semana pasada o comisario de Saúde, Vilnius Andriukaitis, os criterios que se queren aprobar para catalogar un produto químico como disruptor endocrino son tan estritos que moi poucas substancias serán consideradas como tales.

  3. TTIP non

    Un novo informe de Amigos da Terra e COAG confirma que o TTIP ameaza a agricultura europea e galega

    2 de Maio do 2016 · 

    Esta semana, durante a celebración da 13ª Rolda de Negociacións sobre o TTIP, Amigos da Terra e a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, lanzan un informe sobre o Tratado de Comercio e Investimentos entre EEUU e a UE, e as súas repercusións na agricultura [1]. Segundo o informe, o polémico tratado que negocian a ambos os dous lados do Atlántico pode significar a ruína do sector agrario europeo.

  4. 17 de abril de 2016

    Día da Loita Labrega 2016: Celebración, resistencia e dó

    18 de Abril do 2016 · 

    Pasaron xa vinte anos dende o tráxico día no estado do norte de Brasil, Pará, onde 19 labregos e labregas foron asasinados polas forzas de seguridade do goberno. Considerado por moitos como o apoxeo da persecución rexional e mundial contra as persoas que defenden as súas terras contra o interese das empresas, hoxe en día a persecución e a violencia perpetradas en contra nosa aínda non cesou.

  5. 17 de abril

    17 de abril, Día Internacional da Loita Labrega: 20 anos defendendo a terra e honrando a vida

    15 de Abril do 2016 · 

    Esta semana, as organizacións agrarias que formamos parte da Vía Campesina celebramos o Día Internacional da Loita Labrega, unha efeméride que conmemora o coñecido como Masacre de El Dorado dos Carajás no que a policía militar do estado brasileiro de Pará asasinaba 19 labregos Sem Terra. A matanza perpetrouse en 1996, polo que neste 2016 se cumpre o seu vixésimo aniversario.

  6. Conferencia intermedia Via Campesina Izmir

    Conferencia Intermedia da Vía Campesina: “Globalizar a loita” non é só unha consigna, é unha estratexia política

    25 de Febreiro do 2016 · 

    Do 21 ao 25 de Febreiro, A Vía Campesina está a celebrar a súa conferencia intermedia, que incluíu unha asemblea mulleres e outra de mocidade, preto da comarca de Seferihizar, en Izmir (Turquía). Esta conferencia intermedia é un espazo de avaliación para dar seguimento ás accións e compromisos asumidos ao cabo de 2 ou 3 anos despois de ter celebrado a Conferencia Internacional (a última foi en Yakarta -Indonesia- en 2013). A esta conferencia intermedia de Izmir acudiron máis de 100 delegadas e delegados de diversas organizacións labregas de todo o mundo. 

  7. TTIP

    280 organizacións de Europa, Canadá e EEUU denuncian a inclusión de privilexios aos inversores estranxeiros no TTIP

    23 de Febreiro do 2016 · 

    Diante da duodécima rolda de negociacións do TTIP, 280 organizacións da sociedade civil europea, co apoio de grupos canadenses e dos EEUU, reclamamos á Comisión Europea e ao representante de Comercio estadounidense, a eliminación do Mecanismo de Resolución de Disputas entre Inversores Estranxeiros e Estados (ISDS polas súas siglas en inglés); e tamén a eliminación da súa alternativa, o chamado Sistema Xudicial de Investimentos (ICS) do TTIP, do CETA e de calquera outro tratado de comercio. Esta cuestión volve á mesa de negociacións logo tras dous anos.