A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Política Internacional: 2017

  1. O Parlamento Europeo esixe que os estados membros da UE voten a favor da Declaración dos Dereitos Labregos

    Dereitos labregos ONU 5 de Xullo do 2018 · 

    Esta mesma semana, o 3 de xullo, o Parlamento Europeo (PE) adoptou unha resolución importante sobre as violacións de dereitos, incluído o acaparamento de terras, que sofren os pobos indíxenas de todo o mundo. Esta resolución inclúe unha importante recomendación aos estados membros da UE para que adopten a Declaración sobre os Dereitos Labregos que se negociou nos últimos anos no Consello de Dereitos Humanos da ONU, e que se volverá reunir en setembro.

  1. Dereitos labregos

    Un paso cara a adiante no proceso para termos unha Declaración Universal sobre os Dereitos Labregos na ONU

    4 de Outubro do 2017 · 

    A Vía Campesina, FIAN International e CETIM, así como as súas contrapartes, comprácense en anunciar que o Consello de Dereitos Humanos da ONU adoptou por ampla maioría unha nova resolución sobre os dereitos dos labregos e das labregas. Despois de varios anos de arduo traballo, esta é unha vitoria sen precedentes para a defensa dos dereitos da poboación rural do mundo.

  2. STOP CETA

    O SLG chama aos deputados e deputadas de Galiza no Congreso para que voten contra a ratificación do CETA

    28 de Xuño do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego fai un chamamento ás forzas políticas galegas con representación no Congreso para que este xoves, 29 de xuño, voten en contra da ratificación do tratado de libre comercio entre a Unión Europea e Canadá (Comprehensive Economic and Trade Agreement-CETA), porque a súa aprobación sería desastrosa para sectores estratéxicos do noso medio rural como o da carne de vacún, o porcino ou o lácteo.

  3. CETA

    PP e PSOE unidos de novo para aprobar un tratado de libre comercio con Canadá nefasto para o rural galego

    18 de Maio do 2017 · 

    O Pleno do Congreso dos Deputados e das Deputadas vén de ratificar esta mesma mañá o acordo de libre comercio entre a UE e Canadá, co voto a favor do PP, PSOE, Cidadáns, PdeCAT, PNV e Coalición Canaria. O Sindicato Labrego Galego considera unha grave irresponsabilidade esta decisión porque pon en perigo o modelo social e profesional da agricultura da UE e a aposta estratéxica das nosas producións de calidade, a seguridade alimentaria, o benestar animal e o respecto ao medio ambiente.

  4. 17 de abril San Agustín

    Os labregos e labregas do mercado ecolóxico de San Agustín celebran o 17 de abril na praza de abastos

    19 de Abril do 2017 · 

    Os labregos e labregas que manteñen o mercado ecolóxico da praza de abastos de San Agustín, na Coruña, levaron a cabo, 18 de abril, un sinxelo acto para conmemorar o Día Internacional das Loitas Labregas, que se celebra cada 17 de abril en memoria do Masacre de Eldorado dos Carajás, no que 19 Sem Terra morreron asasinados pola policía militar no estado brasileiro de Pará en 1996.

  5. 17 de abril de 2017

    A Via Campesina reclama unha Declaración dos Dereitos Labregos na ONU neste 17 de abril, Día das Loitas Labregas

    12 de Abril do 2017 · 

    O movemento internacional da Vía Campesina chama a todos os seus membros e aliados a mobilizarse o 17 de abril, Día Internacional das Loitas Labregas. Este ano, queremos que o mundo saiba que os labregos e labregas, e outras persoas que teñen o seu medio de vida no rural, traballaron moi duro polos seus dereitos. A iniciativa dos dereitos labregos, iniciada hai 17 anos pola Vía Campesina, é agora un proceso avanzado dentro das Nacións Unidas cara a unha Declaracióni dos Dereitos Labregos. Esta declaración, de aprobarse, creará un instrumento xurídico internacional para protexer os dereitos e chama a atención sobre as ameazas e a discriminación que sofren os labregos e labregas en todo o mundo.

  6. STOP TTIP CETA

    O SLG apoia as mobilizacións contra o CETA porque o tratado será nefasto para sectores coma o cárnico

    20 de Xaneiro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia as mobilizacións que se producirán mañá, 21 de xaneiro, en vilas e cidades de toda a Unión Europea contra o acordo de libre comercio con Canadá (Comprehensive Economic and Trade Agreement-CETA) porque traerá consecuencias nefastas para os nosos sectores agrogandeiros, especialmente o porcino ou o da carne de vacún. Isto é así porque, no intercambio de intereses que houbo nas negociacións, decidiuse que a UE podería exportar a Canadá 16.000 toneladas de queixo sen aranceis a maiores das 13.000 que exportaba até agora, a cambio de permitir que Canadá faga o mesmo con 65.000 Tn de carne de vacún e 80.000 de porcino.