As propostas lexislativas para a reforma da Política Agraria Común (PAC) que onte, 14 de marzo, aprobou por maioría o Parlamento Europeo, supoñen un balde de auga fría para as aspiracións de boa parte da cidadanía e dos labregos e labregas da Unión Europea que desexaban unha agricultura que mantivese un medio rural vivo, con emprego e producindo de xeito sostible alimentos sans e de calidade para as persoas.
O Sindicato Labrego Galego quere amosar o seu rexeitamento á proposta de redución dos orzamentos para a Política Agraria Común (PAC) que vén de propor o presidente do Consello Europeo, Herman Van Rompuy, e que supón unha retallada de 25.000 millóns de euros entre 2014 e 2020.
O Sindicato Labrego Galego, como membro da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), apoiará a “Marcha por unha boa alimentación e unha boa agricultura” que, saída dende diversos puntos de Europa, confluirá mañá, 19 de setembro, diante do Parlamento Europeo. Alí, organizacións sociais de toda a UE e a sociedade civil reclamarán por cuestións básicas como alimentos con prezos xustos para labregos e labregas e para a cidadanía, verdadeiro respecto polo medio ambiente, e soberanía alimentar de cara a termos unha boa alimentación e unha boa agricultura na Unión Europea para todos e todas.
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, mantivo onte, 16 de setembro, un encontro co Comisario Europeo de Agricultura, Dacian Ciolos, onde trataron diversas cuestións relacionadas coa Política Agraria Común (PAC). A xuntanza tivo como marco a celebración do quincuaxésimo aniversario da PAC, en Bruxelas, e Vilalba estivo xunto a outras persoas que, coma ela, forman parte da Executiva da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC).
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e Isabel Vilalba en representación da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) ofreceron hoxe, 13 de outubro, unha rolda de prensa para amosar a frontal oposición destas organizacións á proposta de reforma da Política Agraria Común (PAC) que se presentou onte en Bruxelas.
A asemblea da Coordinadora Europea da Vía Campesina estivo reunida esta semana, en Bruxelas, para elixir un novo Comité de Coordinación. A responsábel de Soberanía Alimentaria e de Mulleres do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, foi unha das persoas escollidas para formar parte deste órgano directivo, elección que coincide coa marcha de Lidia Senra Rodríguez do mesmo. Senra foi responsable, durante os dous últimos anos, das áreas de Mulleres e Producións Gandeiras na ECVC.
A secretaria de soberanía alimentaria do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, reuniuse, o 27 de xaneiro en Bruxelas, co Comisario de Agricultura, Dacian Ciolos. Vilalba acudiu ao encontro no seo dunha delegación da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC).
O pasado 11 de xaneiro, a secretaria de organización do Sindicato Labrego Galego, Lidia Senra, estivo reunida en Bruxelas cos grupos consultivos que van debater as novas propostas de política leiteira e de Política Agraria Común (PAC) da Comisión Europea. Entre outros, participou nos debates o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva.
A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galiza publicou onte 11 de xaneiro a Orde que regula a aplicación das comunmente chamadas axudas da PAC. Nos artigos 74 a 77 desta Orde regúlase unha axuda dirixida ás explotacións lácteas, denominada "Axudas para compensar as desavantaxes específicas que afectan aos agricultores e ás agricultoras en zonas economicamente vulnerables ou sensibles desde o punto de vista ambiental e para tipos de produción economicamente vulnerables".
O Sindicato Labrego Galego ten que denunciar, unha vez máis, a complicidade que se está a dar entre a Comisión Europea e as industrias da manipulación xenética de cara a autorizar organismos xeneticamente modificados (OXM). En concreto, a Comisión vén de proporlle ao Consello de Ministros da UE renovar a autorización do millo transxénico 1507 de Pionner, para alimentación animal; e o permiso para comercializar o millo MON 89034 X MON 88017, de Monsanto, para alimentación humana e animal. Esta conivencia esténdese á Axencia Europea de Seguridade Alimentaria, que avala as autorizacións.